Alonzo Mourning
Alonzo Harding Mourning, Jr., nado o 8 de febreiro de 1970 en Chesapeake, Virxinia, é un ex xogador americano de baloncesto profesional, que xogou a maioría dos seus 15 anos en activo nos Miami Heat da NBA.
Alonzo Mourning | |
---|---|
![]() | |
Posición | Pivote |
Dorsal | 33 |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 118 kg (261 lb) |
Nacemento | 8 de febreiro de 1970 (53 anos)![]() ![]() |
Carreira | |
Universidade | Georgetown |
NBA Draft | 1992 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Charlotte Hornets |
Tempadas | 1992–2008 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 14 311 (17,1 pp) |
Rebotes | 7 137 (8,5 pp) |
Tapóns | 2 356 (2,8 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
| |
Basketball Hall of Fame como xogador |
Mourning xogaba de pivote, e tiña o alcume de "Zo". A súa tenacidade en defensa fíxolle gañar dúas veces o premio ao mellor xogador defensivo da NBA, e estar no equipo defensivo do ano nunha ocasión. Volveu a xogar tras un transplante de ril, e máis tarde gañou o seu primeiro e único Campionato da NBA cos Heat. Ademais, xogou para os Charlotte Hornets e os New Jersey Nets. O 30 de marzo de 2009, Mourning converteuse no primeiro xogador da historia dos Miami Heat en ter o seu número retirado.
Mourning e a súa muller Tracy teñen tres fillos: un fillo chamado Alonzo III ("Trey"), unha filla chamada Myka Sydney, e un segundo fillo chamado Alijah (nado o 18 de setembro de 2009).[1] En abril de 2010, Mourning foi incluído no Virginia Sports Hall of Fame en recoñecemento á súa traxectoria no instituto, universitaria e profesional ademais do seu traballo coma voluntario ao servizo da comunidade onde viviu e traballou durante a súa vida. No ano 2014 foi incluído no Basketball Hall of Fame.
Notas editar
- ↑ "Celebrity baby news via Alonzo and Tracy Mourning: It's a boy!". Back Celeb Kids (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2015. Consultado o 4 de novembro de 2015.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil de Alonzo Mourning en NBA.com
- Athletes for Hope
- Alonzo Mourning Charities Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine.