Utah Jazz é un equipo da National Basketball Association (NBA) da cidade de Salt Lake City, Utah. Actualmente compiten na División Noroeste da Conferencia Oeste, xogando os seus partidos como local no EnergySolutions Arena (antigo Delta Center). A franquía dos Jazz foi fundada en 1974 en Nova Orleáns, onde o equipo obtivo o seu actual nome, xa que a capital de Luisiana é coñecida como o berce dese xénero musical. Antes de mudarse a Salt Lake City en 1979, xogaron como os New Orleans Jazz cinco tempadas.

Utah Jazz
Utah Jazz logo
Utah Jazz logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Noroeste
Fundación 1974
Historia New Orleans Jazz (1974–1979)
Cores                     Azul, verde
G League Idaho Stampede
Retirados 11 (1, 4, 7, 9, 12, 14, 32, 35, 53, 1223, Micrófono)
Localización
Cidade Utah Salt Lake City, Utah
Pavillón Vivint Smart Home Arena
Capacidade 19.911 espectadores
Inauguración 4 de outubro de 1991
Persoal
Propietario(s) Ryan Smith
Presidente Jim Olson
Director Justin Zanik
Adestrador Quin Snyder
Títulos
Campión 0
Conferencia 2 (1997, 1998)
División 10 (1984, 1989, 1992, 1997, 1998, 2000, 2007, 2008, 2017, 2021)
utahjazz.com

Os Jazz foron un dos equipos con menos éxito da liga nos seus primeiros anos, non conseguindo clasificarse nos playoffs até dez anos despois da súa fundación (1984). Con todo, dende ese ano non faltaron á cita até a tempada 2004. A partir de finais dos anos oitenta, John Stockton e Karl Malone convertéronse nos xogadores franquía do equipo, formando un dos mellores dúos da historia da NBA. Dirixidos polo adestrador Jerry Sloan foron un dos equipos máis importantes dos anos noventa, chegando ás finais de 1997 e 1998 onde perderon fronte os Chicago Bulls de Michael Jordan.

Trala marcha de Stockton e Malone en 2003, os Jazz non se clasificaron na fase final durante tres anos, até a chegada do base Deron Williams que liderou ao equipo até a tempada 2010-11. Despois desa campaña retirouse o adestrador Jerry Sloan e os Jazz comezaron unha profunda reestruturación, incluída a marcha do equipo de Williams. En ano 2012, os Jazz son o único equipo das catro grandes ligas deportivas norteamericanas (MLB, NFL, NBA e NHL) con sede no estado da colmea.

Pavillóns editar

En Nova Orleáns

En Salt Lake City

Historia editar

Primeiros anos en Nova Orleáns editar

En 1974, a franquía naceu co nome de New Orleans Jazz. A pesas de contar co espectacular Pete Maravich, os Jazz comezaron sendo un equipo perdedor, e tras cinco tempadas en Nova Orleáns, mudouse a Salt Lake City, Utah, en 1979. Tras este movemento, a asistencia de público diminuíu considerablemente.

 
Louisiana Superdome, primeiro pavillón dos Jazz.

1979: Traslado a Utah editar

Tras o movemento dos Jazz a Utah, decidiuse continuar co nome de Jazz, a pesar de que a cultura jazz tiña as súas raíces en Nova Orleáns, e nada tiña que ver con Utah. Houbo pouco apoio local, pero a diferenza doutras franquías, non existiu ningunha campaña publicitaria para atraer afeccionados. Antes da tempada 1979-80, os Jazz conseguiron ao anotador Adrian Dantley de Los Angeles Lakers, quen posteriormente sería o máximo anotador da liga nas tempadas 1980-1981 e 1983-1984. Durante a tempada, Maravich foi cortado e máis tarde no Draft de 1980 o equipo seleccionaría na segunda posición a Darrell Griffith da Universidade de Louisville.

Durante a tempada 1980-81, Frank Layden converteuse no adestrador dos Jazz, e no ano 1982, a franquía seleccionou na cuarta posición do draft ao impoñente Mark Eaton. A pesar dos reforzos, o equipo continuou sen mellorar ata a tempada 1982-83, superando a lesión de Dantley que lle obrigou a perderse 60 partidos da tempada regular, aínda que seguiu sen chegar a playoffs. No Draft de 1983, os Jazz escolleron a Thurl Bailey da Universidade de North Carolina State.

Na tempada 1983-84, os Jazz conseguiron un récord de 45-37 e por primeira vez na súa historia lograron a clasificación a playoffs, gañando ademais o título da División Medio Oeste. Esta foi a primeira tempada das 20 consecutivas en postempada. En playoffs, avanzaron ata a segunda rolda, onde caeron eliminados en mans dos Phoenix Suns. Frank Layden foi nomeado Adestrador do ano e Dantley foi o máximo anotador da liga con 30,6 puntos por partido.

1985-90: Principio da era Stockton-Malone editar

No Draft de 1984, os Jazz seleccionaron ao base John Stockton da Universidade de Gonzaga, e ao ano seguinte ao á-pivote Karl Malone procedente da Universidade de Louisiana Tech. Tanto na tempada 1984-85 coma na 1985-86, os Jazz chegaron xustos a playoffs. En 1986, traspasaron a Adrian Dantley aos Detroit Pistons.

Durante as seguintes campañas, os Jazz comezaron a gañarse o respecto dentro da liga. Eaton gañou en dúas ocasións o premio ao mellor defensor, mentres que Stockton e Malone convertéronse en estrelas da NBA e asiduos no NBA All-Star Game. A pesar do éxito na tempada regular, o equipo non foi capaz de superar a segunda rolda de playoffs na década dos 80. Durante a tempada 1988-89, Layden cedeu o posto de adestrador ao seu asistente Jerry Sloan para converterse en presidente da franquía. Con Sloan o equipo chegou por primeira vez ata as 50 vitorias, ademais de gañar o título da División Medio Oeste. Con todo, en postempada caeron na primeira rolda ante Golden State Warriors.

Os 90 editar

A principios da década dos 90, os Jazz continuaron clasificándose para playoffs, aínda que caendo en primeira rolda en 1990 cos Phoenix Suns e en segunda rolda en 1991 cos Portland Trail Blazers. Na tempada 1990-91, os Jazz contrataron a Jeff Malone, e tras a seguinte campaña rescindiron o contrato do veterano Darrell Griffith. En 1991, a franquía deixou o vello Salt Palace para mudarse ao novo Delta Center. Un ano despois, o equipo alcanzou por primeira vez as Finais de Conferencia, perdendo ante os Blazers en seis partidos. Nos playoffs de 1993, os Jazz volveron á senda do fracaso, sendo apeados polos Seattle SuperSonics ás primeiras de cambio.

Durante a tempada 1993-94, Jeff Malone foi traspasado a Philadelphia 76ers polo escolta tirador Jeff Hornacek, proporcionando ao equipo unha alta porcentaxe en triplas e tiros libres. Os Jazz alcanzaron os playoffs cun récord de 53-29, eliminando na postempada aos San Antonio Spurs do máximo anotador da liga David Robinson, a Denver Nuggets en sete partidos e caendo finalmente novamente nas Finais de Conferencia ante os Houston Rockets por 4-1.

A seguinte campaña, os Jazz contaban cun equipo moi profundo e as posibilidades do campionato eran cada vez máis serias. Terminaron a tempada regular cun balance de 60-22, o mellor da súa historia ata o momento. A pesar diso, os Rockets volveron a eliminalos na primeira rolda en cinco partidos. O pivote Greg Ostertag asinou polos Jazz para a tempada 1995-96, e o equipo alcanzou as Finais de Conferencia por terceira vez na súa historia soamente freado polos Sonics de Gary Payton e Shawn Kemp en sete partidos.

Nas seguintes dúas tempadas, os Jazz saborearon o anel. Na 1996-97, cun récord de 64-18, o mellor da súa historia, chegaron por primeira vez ás Finais da NBA, perdendo en seis partidos ante uns Chicago Bulls liderados por Michael Jordan tras eliminar previamente a Los Angeles Clippers, Los Angeles Lakers e Houston Rockets. No sexto partido das Finais de Conferencia ante os Rockets, Stockton anotou unha histórica tripla que levou aos Jazz ás Finais. Karl Malone foi nomeado MVP da tempada da NBA por primeira vez.

1997-98: Os anos das Finais editar

A tempada 1997-98 comezou con problemas, xa que Stockton se lesionou seriamente o xeonllo e perdeuse os primeiros 18 partidos da campaña. A pesar diso, os Jazz chegaron ata as 60 vitorias, conseguindo un balance de 62-20. En playoffs, superaron aos Rockets, Spurs e Lakers antes de chegar as súas segundas Finais consecutivas. Ante os Lakers, os californianos partían coma favoritos, contando nas súas ringleiras con dúas estrelas da liga como eran Shaquille O'Neal e Kobe Bryant, a parte de contar cun equipo xove a diferenza de Utah, do que se pensaba que a idade se notaría considerablemente. Non foi así, de feito, os Jazz barreron aos Lakers (4-0) cun primeiro encontro memorable, 112-77, converténdose na maior derrota dos Lakers en postempada. Nas Finais da NBA, atopáronse de novo ante os Bulls de Jordan, Scottie Pippen, Dennis Rodman e Phil Jackson no banco, entre outros. Os de Chicago comezaron dominando as series 3-1, aínda que os Jazz conseguiron acercarse gañando o quinto encontro por un axustado 83-81 no United Center e devolver a serie a Salt Lake City. A pesar de que Utah se mantivo por diante do marcador na maior parte do partido, nos segundos finais apareceu Jordan para anotar 4 puntos e darlle aos Bulls o seu sexto anel, terceiro consecutivo. O último tiro de Jordan sobre Bryon Russell converteuse nunha das xogadas máis famosas da historia da liga.[1]

En 1999, os Jazz remataron a tempada do peche patronal cun balance de 37-13, empatando cos Spurs no mellor récord da liga. Porén, en playoffs caeron nas Semifinais de Conferencia ante Portland Trail Blazers. A pesar diso, Malone foi galardoado co seu segundo MVP da tempada da NBA.

1999-03: Anos finais da era Stockton-Malone editar

 
Delta Center foi o nome do pavillón dos Jazz ata 2006.

Na campaña 1999-00, os Jazz gañaron a División Medio Oeste, pero unha vez máis fracasaron na postempada caendo na segunda rolda ante Portland Trail Blazers. Durante a pretempada, Hornacek retirouse e Howard Eisley foi traspasado nun intercambio que involucrou a catro equipos e enviou aos Jazz a Donyell Marshall. A franquía seleccionou na primeira rolda do Draft de 2000 á promesa DeShawn Stevenson, procedente directamente dende o instituto. Na tempada 2000-01, lograron un balance de 53-29, pero o seu infortunio en playoffs amosouse unha vez máis tras desaproveitar unha vantaxe de 2-0 ante Dallas Mavericks na primeira rolda e caer eliminados.

A seguinte tempada foi difícil para os Jazz, comezando a perder fol respecto aos anos anteriores, a pesar do reforzo do rookie ruso Andréi Kirilenko (anteriormente seleccionado no Draft de 1999). Tras lograr un decente 44-38, foron apeados na primeira rolda ante os Sacramento Kings. A campaña 2002-03 foi a última en activo do base Stockton, que se retirou tras perder por segundo ano consecutivo en primeira rolda ante os Kings. Matt Harpring chegou ao equipo procedente de Philadelphia 76ers, conseguindo a súa mellor tempada en canto a estatísticas, e os Jazz conseguiron un balance de 47-35. Ao final da tempada, Malone deixou o equipo e asinou polos Lakers en busca dun anel antes da súa retirada, algo que non conseguiu tras perder nas Finais da NBA ante os Detroit Pistons.

2003-06: Reconstrución editar

Na tempada 2003-04, os Jazz perderon credibilidade na liga e convertéronse nun equipo modesto, finalizando a súa excelente racha de 20 tempadas consecutivas aparecendo en playoffs. A nota positiva chegou co nomeamento de Kirilenko para disputar o NBA All-Star Game. O peso do equipo levábao o ruso, xunto co base Carlos Arroyo, Harpring e o defensivo Raja Bell. Jerry Sloan finalizou segundo na votación ao Mellor Adestrador do Ano da NBA, finalmente gañado por Hubie Brown de Memphis Grizzlies.

Durante o verán, Utah reforzouse coas fichaxes dos axentes libres Carlos Boozer de Cleveland Cavaliers e o turco Mehmet Okur de Detroit Pistons, ao final moi importantes no devir do equipo. Unha serie de lesións (coma as de Raül López, Arroyo, Kirilenko e Boozer) apartaron aos Jazz de playoffs tras un grande inicio de tempada. Tras os rumores de descontento entre varios xoves xogadores e Sloan, chegou o traspaso de Arroyo aos Pistons a cambio de Elden Campbell, quen inmediatamente foi cortado. Os Jazz remataron a campaña cun triste rexistro de 26-56, o peor dende a tempada 1981-82.

No Draft de 2005, os Jazz seleccionaron na terceira posición ao base Deron Williams da Universidade de Illinois. Ademais, Bell deixou o equipo e asinou polos Phoenix Suns. Antes de comezar a tempada regular, Boozer lesionouse, e tívose que perder os primeiros 49 partidos. As lesións castigaron de novo aos de Utah, con xogadores coma Kirilenko ou Giricek acompañando a Kirilenko durante a tempada. Os Jazz remataron cun récord de 41-41, a 4 partidos de entrar nos playoffs. Ao final da tempada regular, o veterano pivote Ostertag retirouse do baloncesto, tras disputar 10 das súas 11 tempadas na liga nos Jazz.

No Draft de 2006, os Jazz escolleron a Ronnie Brewer da Universidade de Arkansas na 14ª posición, mentres que na segunda rolda escolleron a Dee Brown e a Paul Millsap. Posterior ao draft, Utah traspasou a Devin Brown, Keith McLeod e Andre Owens a Golden State Warriors polo base Derek Fisher.

2006-07: Regreso a playoffs editar

Os Jazz comezaron a tempada 2006-07 sorprendentemente ben, conseguindo un inicio de 12-1, a pesar da lesión de Kirilenko, que lle fixo perder 5 partidos. Williams amosou unha gran mellora, finalizando segundo na liga en asistencias por detrás de Steve Nash con 9,3 por partido, mellor media dun xogador dos Jazz na historia exceptuando a Stockton. Carlos Boozer foi seleccionado para disputar o NBA All-Star Game coma reserva, pero non puido xogar debido a unha lesión; Mehmet Okur foi nomeado un dos substitutos dos catro xogadores que non puideron asistir ao partido por lesión.

 
Partido de playoffs entre os Jazz e Houston Rockets.

Os Jazz posuían un equipo moi profundo; nos 10 partidos que Boozer e Okur se perderon (os dous máximos anotadores de Utah), o equipo conseguiu un balance de 8-1. Millsap foi un dos mellores rookies do ano e unha grata sorpresa, finalizando no segundo quinteto de rookies da liga. Utah rematou a tempada regular co sexto mellor rexistro da NBA (detrás de Dallas Mavericks, Phoenix Suns, San Antonio Spurs, Detroit Pistons e Houston Rockets); 51-31, ademais de gañar o título de División Noroeste. Foi o seu mellor balance en seis tempadas.

O seu rival na primeira rolda de playoffs foi Houston Rockets liderados por Tracy McGrady e Yao Ming. A pesar de rematar a tempada por enriba dos Jazz, conseguir a vantaxe de campo e comezar liderando a serie por 2-0, os Jazz foron capaces de forzar o sétimo partido e acceder ás Semifinais de Conferencia. No decisivo encontro en Houston, os de Utah venceron 103-99.

Os Jazz atopáronse cos Golden State Warriors na seguinte rolda. Os Warriors, que se clasificaron a playoffs no último día da tempada regular, eliminaron na primeira rolda ao mellor equipo da liga, os Dallas Mavericks, en seis partidos. Utah derrotoulles en cinco encontros, e avanzou cara as Finais de Conferencia por primeira vez dende 1998.

Nela, San Antonio Spurs esperáballes tras eliminar os Phoenix Suns. Uns Spurs cun gran Tim Duncan foron demasiado para os Jazz, que aínda así lograron unha excelente tempada e participación en playoffs. Os texanos gañaron a serie en cinco partidos e posteriormente o campionato.

Tempadas editar

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División Clasificados para Playoffs
Tempada Conferencia Pos. Conf. División Pos. Div. V D % Playoffs
New Orleans Jazz
1974–75 Leste Central 23 59 .280
1975–76 Leste Central 38 44 .463
1976–77 Leste Central 35 47 .427
1977–78 Leste Central 39 43 .476
1978–79 Leste 11º Central 26 56 .317
Utah Jazz
1979–80 Oeste 10º Medio-Oeste 24 58 .293
1980–81 Oeste 11º Medio-Oeste 28 54 .341
1981–82 Oeste 11º Medio-Oeste 25 57 .305
1982–83 Oeste Medio-Oeste 30 52 .366
1983–84 Oeste Medio-Oeste 45 37 .549 Gañaron Primeira Rolda (Nuggets) 3–2
Perderon Semifinais de Conferencia (Suns) 2–4
1984–85 Oeste Medio-Oeste 41 41 .500 Gañaron Primeira Rolda (Rockets) 3–2
Perderon Semifinais de Conferencia (Nuggets) 1–4
1985–86 Oeste Medio-Oeste 42 40 .512 Perderon Primeira Rolda (Mavericks) 1–3
1986–87 Oeste Medio-Oeste 44 38 .537 Perderon Primeira Rolda (Warriors) 2–3
1987–88 Oeste Medio-Oeste 47 35 .573 Gañaron Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–1
Perderon Semifinais de Conferencia (Lakers) 3–4
1988–89 Oeste Medio-Oeste 51 31 .622 Perderon Primeira Rolda (Warriors) 0–3
1989–90 Oeste Medio-Oeste 55 27 .671 Perderon Primeira Rolda (Suns) 2–3
1990–91 Oeste Medio-Oeste 54 28 .659 Gañaron Primeira Rolda (Suns) 3–1
Perderon Semifinais de Conferencia (Trail Blazers) 1–4
1991–92 Oeste Medio-Oeste 55 27 .671 Gañaron Primeira Rolda (Clippers) 3–2
Gañaron Semifinais de Conferencia (SuperSonics) 4–1
Perderon Finais de Conferencia (Trail Blazers) 2–4
1992–93 Oeste Medio-Oeste 47 35 .573 Perderon Primeira Rolda (SuperSonics) 2–3
1993–94 Oeste Medio-Oeste 53 29 .646 Gañaron Primeira Rolda (Spurs) 3–1
Gañaron Semifinais de Conferencia (Nuggets) 4–3
Perderon Finais de Conferencia (Rockets) 1–4
1994–95 Oeste Medio-Oeste 60 22 .732 Perderon Primeira Rolda (Rockets) 2–3
1995–96 Oeste Medio-Oeste 55 27 .671 Gañaron Primeira Rolda (Trail Blazers) 3–2
Gañaron Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–2
Perderon Finais de Conferencia (SuperSonics) 3–4
1996–97 Oeste Medio-Oeste 64 18 .780 Gañaron Primeira Rolda (Clippers) 3–0
Gañaron Semifinais de Conferencia (Lakers) 4–1
Gañaron Finais de Conferencia (Rockets) 4–2
Perderon Finais da NBA (Bulls) 2–4
1997–98 Oeste Medio-Oeste 62 20 .756 Gañaron Primeira Rolda (Rockets) 3–2
Gañaron Semifinais de Conferencia (Spurs) 4–1
Gañaron Finais de Conferencia (Lakers) 4–0
Perderon Finais da NBA (Bulls) 2–4
1998–99 Oeste Medio-Oeste 37 13 .740 Gañaron Primeira Rolda (Kings) 3–2
Perderon Semifinais de Conferencia (Trail Blazers) 2–4
1999–00 Oeste Medio-Oeste 55 27 .671 Gañaron Primeira Rolda (SuperSonics) 3–2
Perderon Semifinais de Conferencia (Trail Blazers) 1–4
2000–01 Oeste Medio-Oeste 53 29 .646 Perderon Primeira Rolda (Mavericks) 2–3
2001–02 Oeste Medio-Oeste 44 38 .537 Perderon Primeira Rolda (Kings) 1–3
2002–03 Oeste Medio-Oeste 47 35 .573 Perderon Primeira Rolda (Kings) 1–4
2003–04 Oeste Medio-Oeste 42 40 .512
2004–05 Oeste 14º Noroeste 26 56 .317
2005–06 Oeste Noroeste 41 41 .500
2006–07 Oeste Noroeste 51 31 .622 Gañaron Primeira Rolda (Rockets) 4–3
Gañaron Semifinais de Conferencia (Warriors) 4–1
Perderon Finais de Conferencia (Spurs) 1–4
2007–08 Oeste Noroeste 54 28 .659 Gañaron Primeira Rolda (Rockets) 4–2
Perderon Semifinais de Conferencia (Lakers) 2–4
2008–09 Oeste Noroeste 48 34 .585 Perderon Primeira Rolda (Lakers) 1–4
2009–10 Oeste Noroeste 53 29 .646 Gañaron Primeira Rolda (Nuggets) 4–2
Perderon Semifinais de Conferencia (Lakers) 0–4
2010–11 Oeste 11º Noroeste 39 43 .476
2011–12 Oeste Noroeste 36 30 .545 Perderon Primeira Rolda (Spurs) 0–4
2012–13 Oeste Noroeste 43 39 .524
2013–14 Oeste 15º Noroeste 25 57 .305
2014–15 Oeste 11º Noroeste 38 44 .463
2015–16 Oeste Noroeste 40 42 .488
2016–17 Oeste Noroeste 51 31 .622 Gañaron Primeira Rolda (Clippers) 4–3
Perderon Semifinais de Conferencia (Warriors) 0–4
2017–18 Oeste Noroeste 48 34 .585 Gañaron Primeira Rolda (Thunder) 4–2
Perderon Semifinais de Conferencia (Rockets) 1–4
2018–19 Oeste Noroeste 50 32 .610 Perderon Primeira Rolda (Rockets) 1–4
2019–20 Oeste Noroeste 44 28 .611 Perderon Primeira Rolda (Nuggets) 3–4
2020–21 Oeste Noroeste 52 20 .722 Gañaron Primeira Rolda (Grizzlies) 4–1
Perderon Semifinais de Conferencia (Clippers) 2–4
Total tempada regular 2060 1726 .544 1974–2021
Total Playoffs 125 139 .473 1974–2021

Xogadores editar

Cadro actual editar

Utah Jazz 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 30   Agbaji, Ochai 1.96 m (6 ft 5 in) 98 kg (215 lb) Kansas
B/E 00   Clarkson, Jordan 1.93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Missouri
AP/P 20   Collins, John 2.06 m (6 ft 9 in) 103 kg (226 lb) Wake Forest
B/E 11   Dunn, Kris 1.91 m (6 ft 3 in) 93 kg (205 lb) Providence
A/AP 16   Fontecchio, Simone 2.01 m (6 ft 7 in) 95 kg (209 lb) Italia
B/E 3   George, Keyonte 1.93 m (6 ft 4 in) 84 kg (185 lb) Baylor
AP/P 0   Hendricks, Taylor 2.08 m (6 ft 10 in) 98 kg (215 lb) UCF
B/E 5   Horton-Tucker, Talen 1.93 m (6 ft 4 in) 106 kg (234 lb) Iowa State
B/E 33   Juzang, Johnny 1.96 m (6 ft 5 in) 95 kg (209 lb) UCLA
AP/P 24   Kessler, Walker 2.16 m (7 ft 1 in) 111 kg (245 lb) Auburn
A/AP 23   Markkanen, Lauri 2.13 m (7 ft 0 in) 109 kg (240 lb) Arizona
AP/P 41   Olynyk, Kelly 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Gonzaga
AP/P 25   Potter, Micah 2.08 m (6 ft 10 in) 112 kg (248 lb) Wisconsin
A/AP 17   Preston, Jason 1.91 m (6 ft 3 in) 82 kg (181 lb) Ohio
A/AP 19   Šamanić, Luka 2.08 m (6 ft 10 in) 103 kg (227 lb) Croacia
A/AP 8   Sensabaugh, Brice 1.98 m (6 ft 6 in) 107 kg (235 lb) Ohio State
B/E 2   Sexton, Collin 1.88 m (6 ft 2 in) 86 kg (190 lb) Alabama
P 77   Yurtseven, Ömer 2.11 m (6 ft 11 in) 125 kg (275 lb) Georgetown
Adestrador
Asistente(s)
  •   Evan Bradds
  •   Chad Forcier
  •   Rick Higgins
  •   Lamar Skeeter

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 20-01-2024

Dorsais retirados editar

 
Darrell Griffith.
Dorsais retirados dos Utah Jazz
Xogador Posición Etapa
1 Frank Layden Adestrador 1981–1988
4 Adrian Dantley A / AP 1979–1986
7 Pete Maravich B / E 1974–1979
9 Larry H. Miller Propietario 1985–2009
12 John Stockton B / E 1984–2003
14 Jeff Hornacek B / E 1994–2000
32 Karl Malone A / AP 1985–2003
35 Darrell Griffith B / E 1980–1991
53 Mark Eaton P 1982–1993
1223 Jerry Sloan Adestrador 1988–2011
(Micrófono) "Hot" Rod Hundley Locutor 1974–2009

Membros do Hall of Fame editar

Dorsal Xogador Posición Anos
4 Adrian Dantley E 1979-86
7 Pete Maravich B 1974-79
12 John Stockton B 1984-03
32 Karl Malone AP 1985-03

Ademais dos xogadores, foron incluídos no Hall of Fame outros grandes contribuidores a historia dos Jazz. Jerry Sloan foi incluído como adestrador e Rod Hundley, comentarista durante os partidos dos de Utah, como contribuidor.

Dorsal Nome Cargo Anos
  Jerry Sloan Adestrador 1988-11
  Rod Hundley Comentarista 1974-09

Adestradores editar

P Partidos adestrados
V Vitorias
D Derrotas
%V Porcentaxe de vitorias
* Pasou toda a súa traxectoria como adestrador da NBA nos Jazz
  Incluído no Basketball Hall of Fame coma adestrador
# Nome Anos[b] P V D %V P V D %V
Tempada regular Playoffs
New Orleans Jazz
1 Robertson, ScottyScotty Robertson 1974 15 1 14 .067 0 0 0
2 Baylor, ElginElgin Baylor* 1974 1 0 1 .000 0 0 0
3 van Breda Kolff, ButchButch van Breda Kolff 19741976 174 74 100 .425 0 0 0
Baylor, ElginElgin Baylor* 19761979 220 86 134 .391 0 0 0
Utah Jazz
4 Nissalke, TomTom Nissalke 19791981 184 60 124 .326 0 0 0
5 Layden, FrankFrank Layden* 19811988 571 277 294 .485 41 18 23 .439
6 Sloan, JerryJerry Sloan  19882011 1809 1127 682 .623 196 96 100 .490
7 Corbin, TyroneTyrone Corbin* 20112014 258 112 146 .434 4 0 4 .000
8 Snyder, QuinQuin Snyder* 2014–presente 554 323 231 .583 45 19 26 .422

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar