Derek Lamar Fisher, nado o 9 de agosto de 1974 en Little Rock (Arcansas) é un ex xogador profesional norteamericano de baloncesto. Actualmente é o adestrador dos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Modelo:BiografíaDerek Fisher

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Derek Lamar Fisher Editar o valor en Wikidata
9 de agosto de 1974 Editar o valor en Wikidata (50 anos)
Little Rock, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónParkview Arts and Science Magnet High School (en) Traducir
University of Arkansas at Little Rock (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura185 cm Editar o valor en Wikidata
Peso91 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, sindicalista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1996 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoBase e Escolta Editar o valor en Wikidata
Convocado porLos Angeles Lakers Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Oklahoma City Thunder
Los Angeles Lakers
Utah Jazz
Golden State Warriors
Dallas Mavericks
1992–1996 Little Rock Trojans men's basketball
Familia
IrmánsDuane Washington Editar o valor en Wikidata

Páxina webderekfisher2.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1389344 Facebook: DerekFisher Twitter: derekfisher Instagram: dereklfisher Editar o valor en Wikidata

Carreira

editar

Universidade

editar

Fisher graduouse en 1992 no instituto Parkview Arts and Science Magnet en Little Rock, Arcansas para pasar máis tarde á Universidade de Arkansas at Little Rock. Debutou na tempada 1992-93, cunhas medias boas para un "freshman" (debutante) de 7,2 puntos, 3,3 rebotes e 3,4 asistencias. En cada unha das súas catro tempadas en UALR incrementou as súas prestacións tanto en rebotes como en asistencias. Como "sophomore" (segundo ano), na 1993-94, mellorou sensiblemente con 10,1 puntos, 3,9 rebotes e 3,6 asistencias, dando o salto de calidade nos seus anos júnior e sénior. Callou a súa mellor tempada como júnior con 17,7 puntos, 5 rebotes e 4,6 asistencias. Na tempada 1995-96, como sénior, decreceu a súa estatística en puntos con 14,5, con todo mellorou tanto en rebotes, 5,2, como en asistencias, 5,2. Nesa, a súa última tempada, foi elixido Xogador do Ano na Sun Belt Conference. Finalizou o seu periplo universitario en Arkansas-Little Rock como segundo anotador histórico con 1.393 (aínda que agora é 3º), tamén en asistencias (472) e roubos (189). Tivo unha media de 12,4 puntos, 4,4 rebotes e 4,2 asistencias nos seus 112 encontros.

Fisher foi elixido por Los Angeles Lakers no posto 24 de 1ª rolda do draft de 1996. No equipo anxelino viviu tódolos grandes éxitos da súa carreira e alí pasou as súas oito primeiras tempadas na NBA, dende a campaña 1996-97 até a 2003-04. Con Lakers até ese intre gañara tres aneis (2000, 2001, 2002) e foi peza importante na recta final da súa primeira etapa nos Ánxeles. Asinou tres tempadas consecutivas con dobres díxitos. Na tempada 2000-01 tivo unha media de 11,5 puntos, 3 rebotes e 4,4 asistencias, na 2001-02 foron 11,2 puntos, 2,1 rebotes e 2,6 asistencias, e na 2002-03, 10,5 puntos, 2,9 rebotes e 3,6 asistencias.

Etapa post-Lakers

editar

Acabada a tempada 2003-04, Fisher converteuse en axente libre. A pesar de que Fisher era un xogador moi valorado en Lakers, con Gary Payton e Karl Malone no equipo, o seu protagonismo viuse reducido. Lakers ofreceu un contrato de 15 millóns durante tres anos, moi inferior ao que ofrecía Golden State Warriors, 37 millóns en 6 anos e moitos máis minutos. Á parte disto, foi clave na decisión o feito de que Lakers perdese a Phil Jackson, Shaquille O'Neal e Karl Malone de cara á próxima tempada, polo que as opcións de volver loitar polo anel eran mínimas.

O 16 de xullo de 2004 Fisher asinou con Golden State Warriors. Isto produciuse só horas antes de que Kobe Bryant anunciase a súa renovación con Los Angeles Lakers, de modo que Kobe tentou chamar a Derek para que volvese ao equipo pero xa foi demasiado tarde. Cos Warriors, Fisher esperaba ser a base titular, pero pronto se fixeron con Baron Davis, que relegou a Derek á suplencia. Aínda así, a tempada de Fisher foi boa, con 11.9 puntos, 2.9 rebotes e 4.1 asistencias. A súa 2ª tempada en Golde State, a 2005-06, foi a mellor estatisticamente falando, con 13.6 puntos, 2.6 rebotes e 4.3 asistencias.

Con todo, o 12 de xullo de 2006 foi incluído nun trade que lle mandaba a Utah Jazz a cambio de Devin Brown, Keith McLeod e Andre Owens. Cos Jazz alcanzou as finais de conferencia e gozou dunha boa tempada regular con 10.1 puntos, 1.8 rebotes e 3.3 asistencias. En Utah viviu outra grande experiencia en playoffs, era o 2º partido das semifinais de conferencia fronte ao seu exequipo, Golden State Warriors. Fisher estivo a mesma mañá do partido en Nova York, coa súa filla Tatum de 10 meses e que recibe un tratamento especial contra o cancro, pero iso non foi óbice para que pola tarde chegase a Salt Lake City e non só chegar a tempo para xogar unha prórroga, senón para ser decisivo no triunfo do seu equipo. Fisher esqueceu os problemas familiares para conseguir un triplo e dous tiros desde a liña de persoal que sentenciaron o marcador final. Con 1:06 minutos para que concluísen o cinco minutos da prórroga, Fisher anotou o triplo que puxo un parcial de 123-117 co que os Jazz rompían o marcador; 19 segundos despois selaba a vitoria con dous tiros de persoal para o definitivo 127-117 e os Jazz alzábanse coa segunda vitoria na eliminatoria e un 2-0 case definitivo. En xullo de 2007, Fisher regresou aos Lakers tras tres tempadas lonxe do equipo californiano.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar