Tempada 2005-06 da NBA
A tempada 2005-06 da NBA foi a sexaxésima na historia da NBA. Deu comezo o 1 de novembro de 2005 e rematou o 19 de abril de 2006. Os playoffs comezaron o 22 de abril de 2006 e remataron o 20 de xuño de 2006 coa coroación de Miami Heat coma campións da NBA tras derrotar a Dallas Mavericks por 4-2.
NBA 2005-06
| |
---|---|
Liga | National Basketball Association |
Deporte | Baloncesto |
Duración | 1 de novembro – 20 de xuño |
1ª posición Draft | ![]() |
Elixido por | Milwaukee Bucks |
Tempada regular
| |
Mellor rexistro | Detroit Pistons |
MVP | ![]() |
Anotador | ![]() |
Playoffs
| |
Conf. Leste | Miami Heat |
Subcampión | Detroit Pistons |
Conf. Oeste | Dallas Mavericks |
Subcampión | Phoenix Suns |
Finais
| |
Campión | Miami Heat |
Subcampión | Dallas Mavericks |
MVP | ![]() |
National Basketball Association
| |
← 2004-05 | 2006-07 → |
Aspectos destacados Editar
- Un novo código de vestimenta púxose en práctica a principios de ano polo comisionado David Stern.
- Miami Heat gañou o primeiro campionato da súa historia. Converteuse na terceira franquía (xunto cos Boston Celtics en 1969 e Portland Trail Blazers en 1977) en gañar o anel tras perder os dous primeiros partidos das Finais. Tamén é o primeiro dos catro equipos en expansión da tempada 1988-89 en conseguir un campionato.
- O NBA All-Star Game xogouse o 19 de febreiro de 2006 no Toyota Center de Houston, gañando o Leste ao Oeste por 122-120. LeBron James de Cleveland Cavaliers foi o MVP do partido.
- Os Charlotte Bobcats comezaron a disputar os seus encontros no novo pavillón Charlotte Bobcats Arena, no centro da cidade.
- Debido aos desastres provocados polo furacán Katrina, New Orleans Hornets xogou 32 partidos coma local no Ford Center de Oklahoma City, 6 no Pete Maravich Assembly Center da Universidade de Louisiana State e 3 no New Orleans Arena en marzo. Durante esta tempada, a franquía foi oficialmente coñecida como New Orleans/Oklahoma City Hornets.
- Nesta tempada cumpríronse 30 anos da absorción de catro equipos da ABA á NBA: Indiana Pacers, New Jersey Nets, Denver Nuggets e San Antonio Spurs, todos eles en 1976.
- O 22 de xaneiro de 2006, Kobe Bryant anotou 81 puntos ante Toronto Raptors. Dita anotación é a segunda mellor na historia da liga, por detrás dos 100 tantos de Wilt Chamberlain en 1962.
- Scottie Pippen (Chicago Bulls), Karl Malone (Utah Jazz) e Reggie Miller (Indiana Pacers) foron homenaxeados coa retirada dos seus dorsales nos seus respectivos equipos.
- Por quinto ano consecutivo, a NBA continuou co seu programa de Hardwood Classics. Bulls, Rockets, Clippers, Grizzlies, Heat, Nets, Knicks, Magic, Suns, Sonics e Wizards participaron levando camisetas retro en partidos selectos.
- No último partido da tempada regular, Ray Allen bateu o récord de máis triplas anotadas nunha tempada con 269.
- As Finais da NBA foron ironicamente coñecidas como "American Airlines" debido a que ambos equipos xogan en pavillóns patrocinados pola compañía aérea. Miami Heat disputa os seus encontros no American Airlines Arena, mentres que Dallas Mavericks fai o propio no American Airlines Center.
Clasificacións Editar
|
|
* V: Victorias * D: Derrotas * %V: Porcentaxe de victorias * P: Partidos de diferenza respecto á primeira posición
Estadísticas Editar
Categoría | Xogador | Equipo | Termo medio/% |
---|---|---|---|
Puntos por partido | Kobe Bryant | Los Angeles Lakers | 35.4 |
Rebotes por partido | Kevin Garnett | Minnesota Timberwolves | 12.7 |
Asistencias por partido | Steve Nash | Phoenix Suns | 10.5 |
Robos por partido | Gerald Wallace | Charlotte Bobcats | 2.5 |
Tapóns por partido | Marcus Camby | Denver Nuggets | 3.3 |
Porcentaxe de tiros de campo | Shaquille O'Neal | Miami Heat | 60.0% |
Porcentaxe de tiros libres | Steve Nash | Phoenix Suns | 92.1% |
Porcentaxe de triplas | Richard Hamilton | Detroit Pistons | 45.8% |
Premios Editar
- MVP da Tempada
- Mellor Defensor
- Rookie do ano da NBA
- Mellor Sexto Home da NBA
- Xogador máis mellorado da NBA
- Adestrador do Ano da NBA
- Primeiro Quinteto da Tempada
- Segundo Quinteto da Tempada
- Tercer Quinteto da Tempada
- Primeiro Quinteto Defensivo
- Segundo Quinteto Defensivo
- Primeiro Quinteto de Rookies
- Segundo Quinteto de Rookies