Carmelo Anthony
Carmelo Kyam Anthony, nado o 29 de maio de 1984 en Brooklyn, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional. Tras a súa exitosa carreira no instituto no Towson Catholic High School e na Oak Hill Academy, Anthony foi á Universidade de Syracuse, onde liderou ós Orangemen ó seu primeiro Campionato Nacional en 2003. Foi nomeado mellor xogador da rexión leste da NCAA. Tras unha tempada en Syracuse, deixou a universidade para entrar no Draft da NBA de 2003, onde foi seleccionado na terceira posición polos Denver Nuggets. Foi traspasado ós New York Knicks días antes do peche de mercado en 2011.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Carmelo Kyam Anthony 29 de maio de 1984 (40 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Universidade de Syracuse - título de grao Towson Catholic High School (en) Oak Hill Academy (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 203 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 108 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2003 - 2023 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto basquetebol universitário norte-americano (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 7 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Denver Nuggets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2012 | Xogos Olímpicos de 2012 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2008 | Xogos Olímpicos de 2008 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2004 | Xogos Olímpicos de 2004 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | La La Anthony (2010–2021), divorcio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Premios | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dende que entrou na NBA, Anthony converteuse nun dos xogadores máis coñecidos e populares da liga. Foi incluído no primeiro equipo de rookies, foi All-Star en sete ocasións e foi incluído no Equipo All-NBA en seis veces. Anthony liderou ós Nuggets a gañar dous títulos de división e a clasificarse para os playoffs dende 2004 ata 2010. En 2009, axudou ós Nuggets a chegar ás Finais de Conferencia por primeira vez dende 1985. Coma membro da selección de baloncesto dos Estados Unidos, gañou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de 2004, e a medalla de ouro nos Xogos Olímpicos de 2008 e de 2012. O 2 de agosto de 2012, Anthony superou a marca de máis puntos anotados nun partido das Olimpíadas por un xogador dos Estados Unidos, con 37 puntos contra Nixeria.[1]
Traxectoria universitaria
editarAnthony xogou unha tempada na Universidade de Syracuse, durante a tempada 2002-03 da NCAA, onde acadou 22.1 puntos e 10.0 rebotes por partido. Guiou ós Orangemen ó primeiro título da NCAA da súa historia en 2003. Liderou ó equipo en anotación, rebotes, minutos xogados, tiros de campo anotados e tiros libres anotados e intentados.[2] Os seus 33 puntos contra os Texas Longhorns na Final Four de 2003 estableceron o récord de puntos anotados no torneo da NCAA por un xogador de primeiro ano.[3] No partido polo campionato contra os Kansas Jayhawks, Anthony anotou 20 puntos e capturou 10 rebotes. Grazas ó seu esforzo, Anthony gañou o premio ó mellor xogador do torneo.[4]
Anthony tiña planeado estar dúas ou tres tempadas en Syracuse, pero ó conseguir todos os éxitos posibles no primeiro ano, decidiu deixar a súa carreira universitaria e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2003.[5][6] Durante a súa etapa en Syracuse, Anthony foi escollido no segundo equipo All-American por Associated Press coma freshman, liderou ó seu equipo a unha marca de 30-5, conseguiu o primeiro título da NCAA da historia do equipo, e foi elixido Freshman do Ano. Ademais foi incluído no primeiro equipo All-Big East e foi ademais elixido coma Freshman do Ano da Conferencia Big East.[7]
Traxectoria profesional
editarEstatísticas
editarEste artigo (ou sección) está desactualizado(a). A información fornecida mudou ou é insuficiente. |
Tempada regular
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003-04 | Denver | 82 | 36.5 | .426 | .322 | .777 | 6.1 | 2.8 | 1.2 | 0.5 | 21.0 |
2004-05 | Denver | 75 | 34.8 | .431 | .266 | .796 | 5.7 | 2.6 | 0.9 | 0.4 | 20.8 |
2005-06 | Denver | 80 | 36.8 | .481 | .243 | .808 | 4.9 | 2.7 | 1.1 | 0.5 | 26.5 |
2006-07 | Denver | 65 | 38.2 | .476 | .268 | .808 | 6.0 | 3.8 | 1.2 | 0.3 | 28.9 |
2007-08 | Denver | 77 | 36.4 | .492 | .354 | .786 | 7.4 | 3.4 | 1.3 | 0.5 | 25.7 |
2008-09 | Denver | 66 | 34.3 | .443 | .371 | .793 | 6.8 | 3.4 | 1.1 | 0.4 | 22.8 |
2009-10 | Denver | 69 | 38.2 | .458 | .316 | .830 | 6.6 | 3.2 | 1.3 | 0.4 | 28.2 |
2010-11 | Denver | 50 | 35.5 | .452 | .333 | .823 | 7.6 | 2.8 | 0.9 | 0.6 | 25.2 |
2010-11 | New York | 27 | 36.2 | .461 | .424 | .872 | 6.7 | 3.0 | 0.9 | 0.6 | 26.3 |
2011-12 | New York | 55 | 34.1 | .430 | .335 | .804 | 6.3 | 3.6 | 1.1 | 0.4 | 22.6 |
Total | 646 | 36.2 | .456 | .322 | .805 | 6.3 | 3.1 | 1.1 | 0.5 | 24.7 | |
All-Star | 5 | 25.6 | .532 | .125 | .636 | 8.4 | 1.2 | 0.8 | 0.2 | 18.4 |
Playoffs
editarTempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003-04 | Denver | 4 | 35.8 | .328 | .182 | .800 | 8.3 | 2.8 | 1.2 | 0.0 | 15.0 |
2004-05 | Denver | 5 | 36.0 | .422 | .000 | .813 | 5.4 | 2.0 | 0.6 | 0.2 | 19.2 |
2005-06 | Denver | 5 | 38.6 | .333 | .000 | .750 | 6.6 | 2.8 | 0.8 | 0.2 | 21.0 |
2006-07 | Denver | 5 | 42.0 | .480 | .500 | .795 | 8.6 | 1.2 | 1.0 | 0.0 | 26.8 |
2007-08 | Denver | 4 | 36.5 | .364 | .250 | .828 | 9.5 | 2.0 | 0.5 | 0.2 | 22.5 |
2008-09 | Denver | 16 | 38.3 | .453 | .364 | .826 | 5.8 | 4.1 | 1.8 | 0.6 | 27.2 |
2009-10 | Denver | 6 | 42.3 | .464 | .316 | .877 | 8.5 | 3.2 | 2.0 | 0.5 | 30.7 |
2010-11 | New York | 4 | 39.0 | .375 | .346 | .853 | 10.3 | 4.8 | 1.2 | 0.8 | 26.0 |
2011-12 | New York | 5 | 40.8 | .419 | .222 | .756 | 8.2 | 2.2 | 1.2 | 0.2 | 27.8 |
Total | 54 | 38.8 | .419 | .327 | .815 | 7.4 | 3.0 | 1.3 | 0.4 | 24.9 |
Galardóns e logros individuais
editar- NBA All-Star: 2007, 2008, 2010, 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016, 2017
- Segundo Equipo All-NBA: 2009–10, 2012-13
- Terceiro Equipo All-NBA: 2005-06, 2006-07, 2008-09, 2011-12
- Primeiro Equipo de Rookies NBA: 2003–04
- MVP do Rookie Challenge: 2005
- Medalla de bronce co Team USA nos Xogos Olímpicos de Atenas 2004.
- Medalla de bronce co Team USA no Campionato do Mundo da FIBA 2006.
- Medalla de ouro co Team USA no Campionato FIBA Americas 2007.
- Medalla de ouro co Team USA nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.
- Medalla de ouro co Team USA nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.
Notas
editar- ↑ http://espn.go.com/blog/new-york/knicks/post/_/id/22958/melo-makes-history-in-u-s-win
- ↑ "Carmelo Anthony Statistics". Arquivado dende o orixinal o 02 de maio de 2013. Consultado o 14 de novembro de 2012.
- ↑ "Super-frosh scores 33; 'Cuse beats Texas in Final Four". CNN. Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ Drape, Joe (8 de abril de 2003). "Freshmen Give Boeheim a Finish to Savor". The New York Times. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ "New Building will bear NBA star Anthony's name".
- ↑ "Anthony Says He'll Turn Pro". The New York Times. 25 de abril de 2003. Consultado o 28 de abril de 2010.
- ↑ "USA Basketball – Carmelo Anthony". Arquivado dende o orixinal o 08 de xullo de 2008. Consultado o 14 de novembro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil de Carmelo Anthony en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Carmelo Anthony Arquivado 02 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)