Oklahoma City Thunder

Os Oklahoma City Thunder son un equipo americano profesional de baloncesto. Xogan na División Noroeste da Conferencia Oeste da National Basketball Association (NBA). Teñen a sede en Oklahoma City, Oklahoma. É o equipo sucesor dos Seattle Supersonics.

Oklahoma City Thunder
Oklahoma City Thunder logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Noroeste
Fundación 1967
Historia Seattle SuperSonics (1967–2008)
Cores                     Azul, laranxa
G League Oklahoma City Blue
Retirados 7 (1, 10, 19, 24, 32, 43, Micrófono)
Localización
Cidade Oklahoma Oklahoma City, Oklahoma
Pavillón Chesapeake Energy Arena
Capacidade 18.203 espectadores
Inauguración 8 de xuño de 2002
Persoal
Propietario(s) Professional Basketball Club LLC
Director Sam Presti
Adestrador Billy Donovan
Títulos
Campión 1 (1979)
Conferencia 4 (1978, 1979, 1996, 2012)
División 11 (1979, 1994, 1996, 1997, 1998, 2005, 2011, 2012, 2013, 2014, 2016)
thunder.com

Historia da franquíaEditar

Creación dos ThunderEditar

 
O Oklahoma City Arena (antes Ford Center) foi a casa dos Oklahoma City Thunder dende 2008.[1]

No período posterior ao Furacán Katrina en Nova Orleáns e en zonas circundantes, os New Orleans Hornets recolocáronse temporalmente en Oklahoma City, xogando a maioría dos seus partidos coma locais no Ford Center, nas tempadas 2005-06 e 2006-07. A cidade amosou que podía ter unha franquía da NBA, e o comisionado da NBA, David Stern, dixo que Oklahoma City podería ter unha franquía propia.[2]

En 2006, os SuperSonics foron vendidos por 350 millóns de dólares a un grupo de investidores de Oklahoma City, liderados por Clay Bennett, un movemento aprobado polos donos da NBA en outubro.[3] Bennett pasou a maioría do ano 2007 intentando fundar un novo pavillón ou facer unha gran remodelación do KeyArena. Despois de 12 meses de desacordos cos gobernos locais e estatais e o equipo, Bennett anunciou a súa intención de levar a franquía a Oklahoma City tan cedo coma o contrato co KeyArena expirara.[4]

En xuño de 2008, un xuízo entre a cidade de Seattle e Bennett sobre os intentos de Bennett de non cumprir os últimos dous anos que os Sonics tiñan por contrato co KeyArena foi ás cortes federais, e preto dun mes máis tarde, as dúas partes chegaron a un acordo. Os propietarios acordaron deixar o nome dos SuperSonics, o logo e as cores en Seattle para unha posible franquía da NBA no futuro.[5] O 3 de setembro de 2008, o nome do equipo, o logo e as cores para a franquía de Oklahoma City foron anunciados.

PavillónsEditar

XogadoresEditar

Equipo actualEditar

Oklahoma City Thunder 2021–2022
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E/A 7   Bazley, Darius 2.03 m (6 ft 8 in) 94 kg (208 lb) Princeton HS (OH)
A/AP 6   Deck, Gabriel 1.98 m (6 ft 6 in) 105 kg (231 lb) Arxentina
B/E 5   Dort, Luguentz 1.91 m (6 ft 3 in) 98 kg (215 lb) Arizona State
A/AP 15   Favors, Derrick 2.06 m (6 ft 9 in) 120 kg (265 lb) Georgia Tech
B/E 3   Giddey, Josh 2.03 m (6 ft 8 in) 93 kg (205 lb) Australia
E/A 2   Gilgeous-Alexander, Shai 1.96 m (6 ft 5 in) 82 kg (180 lb) Kentucky
E/A 16   Jerome, Ty 1.96 m (6 ft 5 in) 88 kg (195 lb) Virginia
B/E 27   Krejčí, Vít 2.03 m (6 ft 8 in) 88 kg (195 lb) República Checa
B/E 11   Maledon, Théo 1.96 m (6 ft 5 in) 80 kg (176 lb) Francia
B/E 23   Mann, Tre 1.96 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) Florida
AP/P 33   Muscala, Mike 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Bucknell
E/A 17   Pokuševski, Aleksej 2.13 m (7 ft 0 in) 94 kg (208 lb) Serbia
A/AP 50   Robinson-Earl, Jeremiah 2.06 m (6 ft 9 in) 104 kg (230 lb) Villanova
A/AP 22   Roby, Isaiah 2.03 m (6 ft 8 in) 104 kg (230 lb) Nebraska
B/E 8   Watson, Paul 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) Fresno State
E/A 21   Wiggins, Aaron 1.98 m (6 ft 6 in) 91 kg (200 lb) Maryland
E/A 34   Williams, Kenrich 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (210 lb) TCU
Adestrador
Asistente(s)
  •   David Akinyooye
  •   Dave Bliss
  •   Mike Wilks
  •   Kameron Woods

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 18-10-2021


Números retiradosEditar

Números retirados de Oklahoma City
Xogadores
No. Xogador Posición Anos
1 Gus Williams Base 1977 - 1984
10 Nate McMillan Base 1987 - 1998
19 Lenny Wilkens Base 1969 - 1972
24 Spencer Haywood Alero 1971 - 1975
32 Fred Brown Base/Escolta 1971 - 1984
43 Jack Sikma Pívot 1978 - 1986
Adestradores
No. Adestrador Vitorias/Derrotas Anos
19 Lenny Wilkens 121-125
357-277
1969 - 1972
1978 - 1985

Membros do Basketball Hall of FameEditar

Galardóns individuaisEditar

NotasEditar

  1. "Ford Center / Oklahoma City, Oklahoma". Arena Digest. 2008. Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2008. Consultado o 2008-05-05. 
  2. "Stern: Oklahoma City top candidate if team moves". ESPN. 2005-11-09. Consultado o 2008-07-19. 
  3. "NBA approves sale of Sonics, Storm". ESPN. October 24, 2006. Consultado o 2008-07-02. 
  4. Johns, Greg (2007-11-02). "Bennett says Sonics going to Oklahoma". Seattle Post-Intelligencer. Consultado o 2008-04-02. 
  5. "SuperSonics, Seattle reach last-minute settlement". ESPN.com. Consultado o 2008-07-02. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar