Russell Westbrook
Russell Westbrook III, nado en Long Beach (California) o 12 de novembro de 1988, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado polos Seattle SuperSonics no Draft da NBA de 2008 tras formarse na Universidade de California (UCLA).
Los Angeles Clippers – No. 0 | |
Posición | Base |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 12 de novembro de 1988 (35 anos) Long Beach (California) |
Nacionalidade | Estados Unidos |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Leuzinger (Lawndale, California) |
Universidade | UCLA (2006–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Seattle SuperSonics |
Carreira | desde 2008 |
Historial de equipos | |
Oklahoma City Thunder (2008–2019) Houston Rockets (2019–2020) Washington Wizards (2020–2021) Los Angeles Lakers (2021–2023) Los Angeles Clippers (2023–presente) | |
Premios e galardóns | |
4× NBA All-Star (2011–2013, 2015) 1× MVP do NBA All-Star (2015) 3× Segundo equipo All-NBA (2011–2013) Máximo anotador da NBA (2015) Primeiro equipo All-Rookie (2009) |
Traxectoria editar
Universidade editar
Criouse na cidade de Hawthorne, no condado dos Ánxeles. Tras acudir ao Instituto Leuzinger en Lawndale, no mesmo condado, Westbrook xogou dúas tempadas na Universidade de California dos Ánxeles. Na súa primeira campaña nos Bruins, os seus minutos de xogo foron moi limitados, facendo unha discreta media de 3,4 puntos e 0,7 asistencias nunha media de 9 minutos por partido. A pesar diso, conseguiu facer dobres-figuras en tres ocasiones. Na seguinte tempada, Westbrook liderou aos Bruins en asistencias (4,3 por partido) e finalizou terceiro en anotación (12,7). Nas Finais Rexionais do Oeste do Torneo da NCAA, eliminaron a Xavier con Westbrook anotando 17 puntos. Xa na Final Four, caeron ante Memphis con outro gran partido de Westbrook (22 puntos). Westbrook foi nomeado Xogador Defensivo do Ano da Pacific Ten Conference, ademais de formar parte do terceiro mellor quinteto da conferencia e do mellor quinteto defensivo da liga.
Estatísticas editar
Universidade | Tempada | PJ | PT | ROB | TAP | REB | ASIS | PTS | %TC | %TL | %3P |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
UCLA | 2006-07 | 36 | 1 | 0,4 | 0,02 | 0,8 | 0,7 | 3,4 | 45,7% | 54,8% | 40,9% |
UCLA | 2007-08 | 39 | 34 | 1,6 | 0,2 | 3,9 | 4,3 | 12,7 | 46,5% | 71,3% | 33,8% |
NBA editar
Tras destacar na universidade, Westbrook decide presentarse ao Draft da NBA en 2008, sendo seleccionado polos Seattle SuperSonics na cuarta posición. Tras o traslado do equipo desde Seattle até Oklahoma City, o 5 de xullo de 2008 asina o seu primeiro contrato cos Oklahoma City Thunder xunto con D.J. White. Westbrook foi nomeado mellor rookie da Conferencia Oeste no mes de decembro e febreiro. En decembro, Westbrook fixo unha media de 15,5 puntos, 5,1 rebotes e 5,1 asistencias por partido, mentres que en febreiro mellorou os seus números até os 20,6 puntos, 6,1 rebotes e 5,9 asistencias.[1] O 1 de febreiro, o xogador anotou 34 puntos na derrota dos Thunder fronte a Sacramento Kings na prórroga.
O 2 de marzo de 2009, Westbrook realizou a súa primeira tripla-dobre na NBA con 17 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias, sendo o primeiro rookie en conseguilo desde Chris Paul na tempada 2005-06, e o terceiro xogador dos Sonics/Thunder (os outros foron Art Harris e Gary Payton). Finalizou cuarto na votación polo Rookie do Ano da NBA e foi incluído no mellor quinteto de rookies da tempada. Tras converterse nunha das pezas máis importantes dos Thunder, na tempada 2014/15 culmina a súa mellor tempada na NBA, quedando 4º na carreira polo MVP e acabando a tempada como máximo anotador, segundo xogador con máis roubos e cuarto máximo asistente. Fixo ademais 11 triplas-dobres na campaña (sendo o que máis nesa tempada) e sendo tres veces mellor xogador do mes. Ademais conseguiu a súa mellor anotación nun partido, con 53 puntos anotados fronte a Indiana Pacers. Tamén foi elixido ao MVP do partido das estrelas (All-Star Game).
Notas editar
- ↑ "Nets' Lopez, Thunder's Westbrook named Rookies of the Month". NBA.com (en inglés). 2 de marzo de 2009. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2009. Consultado o 6 de agosto de 2015.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 26 de xullo de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)