Paul George
Paul Clifton Anthony George, nado o 2 de maio de 1990 en Palmdale, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Los Angeles Clippers – No. 13 | |
Posición | Ala |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 2 de maio de 1990 (33 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 100 kg (220 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Knight (Palmdale, California) |
Universidade | Fresno State Bulldogs (2008–2010) |
NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 10 Por Indiana Pacers |
Carreira | dende 2010 |
Historial de equipos | |
Indiana Pacers (2010–2017) Oklahoma City Thunder (2017–2019) Los Angeles Clippers (2019–presente) | |
Premios e galardóns | |
5× NBA All-Star (2013, 2014, 2016–2018) 2º Equipo de Rookies NBA (2011) Terceiro Equipo All-NBA (2013, 2014, 2016, 2018) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesional editar
George foi elixido na 10ª posición do Draft da NBA de 2010 polos Indiana Pacers tras xogar dous anos na universidade cos Fresno State Bulldogs. George asinou o seu contrato rookie o 1 de xullo de 2010, por dous anos por 3.9 millóns de dólares.[1]
O 27 de outubro, George fixo o seu debut na NBA contra os San Antonio Spurs, xogando 23 minutos e anotando 4 puntos. Nos playoffs de 2011, George foi un dos tan só dous rookies do Draft de 2010 que foron titulares para os seus equipos, sendo o outro Landry Fields dos New York Knicks. Ó remate da tempada, George foi incluído no segundo equipo de rookies de 2011 da NBA.
O 3 de febreiro de 2012, George anotou 30 puntos, fixo 7 triplas, 9 rebotes, 5 asistencias, 5 roubos e 1 tapón na vitoria contra os Dallas Mavericks. Foi seleccionado para competir no concurso de mates do NBA All-Star Weekend de 2012, ademais de ser elixido membro do Team Chuck no Rising Stars Challenge.
O 21 de novembro de 2012, George anotou 9 de 13 triplas intentadas, para anotar 37 puntos, a máxima anotación da súa carreira, na vitoria contra os New Orleans Hornets. Esta marca de 9 triplas converteuse no récord da franquía de máis triplas anotadas nun partido, superando a Reggie Miller. O 24 de xaneiro de 2013, anunciouse que George foi seleccionado para xogar no NBA All-Star Game de 2013 en Houston. Esta foi a primeira vez que George foi elixido All-Star.
O 6 de xullo de 2017, George foi traspasado ós Oklahoma City Thunder a cambio de Victor Oladipo e Domantas Sabonis.[2]
O 10 de xullo de 2019, George foi traspasado ós Los Angeles Clippers a cambio de Shai Gilgeous-Alexander, Danilo Gallinari e cinco eleccións da primeira rolda do Draft.[3]
Notas editar
- ↑ "Paul George Signs with Pacers". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2012. Consultado o 02 de xuño de 2011.
- ↑ "Thunder Acquires All-Star Forward Paul George". NBA.com. 6 de xullo de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2017.
- ↑ "L.A. Clippers Acquire Six-Time NBA All-Star Paul George" (Nota de prensa). Los Angeles Clippers. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 24 de decembro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)