Abrir o menú principal

O Rising Stars Challenge é un partido de exhibición de baloncesto que se disputa como parte do All-Star Weekend da National Basketball Association (NBA). Dispútase o venres dese fin de semana. Ata o ano 2011, era coñecido coma Rookie Challenge, e oficialmente chamado T-Mobile Rookie Challenge and Youth Jam.

O evento, feito por primeira vez en 1994, facíase orixinalmente con dous equipos, formados ambos os dous por xogadores de primeiro ano. Este formato continuou ata 1996, cando se cambiou a un equipo de rookies por cada conferencia, a Leste e Oeste, que disputaban o partido un contra o outro. Actualmente, xogan os mellores xogadores de primeiro ano ('Rookies'), contra os mellores xogadores de segundo ano ('Sophomores'). A diferencia dos partidos da NBA, o encontro se divide en dúas partes de 20 minutos, similar ao baloncesto universitario. Os xogadores participantes son elixidos mediante unha votación entre os adestradores da liga. No partido, os xogadores visten os uniformes dos seus equipos; agás en 2009, cando vestiron camisetas deseñadas polos fans. Os adestradores de cada equipo son os asistentes dos adestradores principais do NBA All-Star Game. A partir de 2009, dous xogadores en activo engadíronse aos corpos técnicos.

Para o All-Star Weekend de 2012, o partido cambiou o seu formato e pasouse a chamar NBA Rising Stars Challenge, e consistiu en dous equipos cunha mestura de xogadores de primeiro e segundo ano. Os equipos foron escollidos nun Draft polos ex-xogadores da NBA e analistas do canal americano TNT, Shaquille O'Neal e Charles Barkley.

Edición 2019Editar

L1 Lonzo Ball non puido participar debido a unha lesión.

Récords do partidoEditar

Puntos

Rebotes

Asistencias

Triplas

Porcentaxe de tiro

Mellor xogadorEditar

Xogadores participantes por equipoEditar

Véxase taménEditar