Abrir o menú principal

Lonzo Ball

baloncestista estadounidense

Lonzo Anderson Ball, nado o 27 de outubro de 1997 en Anaheim, California, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).

Lonzo Ball
20160330 MCDAAG Lonzo Ball handle.jpg
New Orleans Pelicans – No. 2
Base
Información persoal
Nacemento 27 de outubro de 1997 (21 anos)
California Anaheim, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Información da carreira
Instituto Chino Hills (Chino Hills, California)
Universidade UCLA (2016–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 1 / Elección: 2

Por Los Angeles Lakers

Carreira dende 2017
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2017–2019)
New Orleans Pelicans (2019–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesionalEditar

O 22 de xuño de 2017, Ball foi elixido na 2ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Los Angeles Lakers.[1] O 3 de xullo de 2017, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2] Foi elixido mellor xogador da Liga de Verán da NBA de 2017 en Las Vegas, tras facer 16.3 puntos, 9.3 asistencias, 7.7 rebotes, 2.5 roubos e 1.0 tapóns por partido.[3]

O 6 de xullo de 2019, Ball foi traspasado xunto a Brandon Ingram, Josh Hart, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.[4]

NotasEditar

  1. "Lakers Draft Lonzo Ball with Second Overall Pick - Los Angeles Lakers". National Basketball Association. 
  2. "Lakers Sign Ball, Kuzma and Hart". NBA.com. 3 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  3. "Los Angeles Lakers rookie Lonzo Ball named MGM Resorts NBA Summer League Most Valuable Player". NBA.com. 17 de xullo de 2017. Consultado o 19 de novembro de 2017. 
  4. "Lakers Acquire Anthony Davis" (Nota de prensa). Los Angeles Lakers. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 

Véxase taménEditar