De'Andre Hunter

baloncestista estadounidense

De'Andre James Hunter, nado o 2 de decembro de 1997 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA).

De'Andre Hunter
Atlanta Hawks – No. 12
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 2 de decembro de 1997 (26 anos)
Pensilvania Filadelfia, Pensilvania
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 100 kg (221 lb)
Información da carreira
Instituto Friends' Central School
(Wynnewood, Pensilvania)
Universidade Virginia (2017–2019)
NBA Draft 2019 / Rolda: 1 / Elección: 4
Por Los Angeles Lakers
Carreira desde 2019
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2019–presente)

Traxectoria profesional editar

O 20 de xuño de 2019, Hunter foi elixido na cuarta posición do Draft da NBA de 2019 polos Los Angeles Lakers, e os seus dereitos foron traspasados ós New Orleans Pelicans no traspaso que mandou a Anthony Davis ós Lakers, e nese mesmo día foi traspasado de novo, desta vez ós Atlanta Hawks xunto a Solomon Hill, a cambio dos dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019.[1] Ese mesmo día, Hunter asinou cos Hawks.[2] Debutou na NBA cos Hawks o 24 de outubro de 2019, facendo 14 puntos na vitoria de Atlanta por 117–100 contra os Detroit Pistons.[3]

Notas editar

  1. "Pelicans acquire rights to Alexander-Walker, Hayes, Silva". NBA.com. 7 de xullo de 2019. 
  2. "Atlanta Hawks Sign De'Andre Hunter". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  3. "Trae Young has 38 points, Hawks beat Pistons 117-110". ESPN.com. 24 de outubro de 2019. Consultado o 24 de outubro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar