Josh Hart

baloncestista estadounidense

Josh Hart, nado o 6 de marzo de 1995 en Silver Spring, Maryland, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA).

Josh Hart
New York Knicks – No. 3
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 6 de marzo de 1995 (29 anos)
Silver Spring, Maryland
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Sidwell Friends School
(Washington, D.C.)
Universidade Villanova (2013–2017)
NBA Draft 2017 / Rolda: 1 / Elección: 30
Por Utah Jazz
Carreira dende 2017
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2017–2019)
South Bay Lakers (2017)
New Orleans Pelicans (2019–2022)
Portland Trail Blazers (2022–2023)
New York Knicks (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 22 de xuño de 2017, Hart foi seleccionado na 30ª posición do Draft da NBA de 2017 polos Utah Jazz. Ese mesmo día foi traspasado ós Los Angeles Lakers xunto á 42ª elección do Draft Thomas Bryant, a cambio da 28ª elección, Tony Bradley.[1] O 3 de xullo de 2017, Hart asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2]

O 6 de xullo de 2019, Hart foi traspasado xunto a Lonzo Ball, Brandon Ingram, os dereitos de De'Andre Hunter e dúas eleccións da primeira rolda do Draft ós New Orleans Pelicans, a cambio de Anthony Davis.[3]

O 8 de febreiro de 2022, Hart foi traspasado xunto a Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022 ós Portland Trail Blazers a cambio de CJ McCollum, Larry Nance Jr. e Tony Snell.[4]

O 9 de febreiro de 2023, os Blazers traspasaron a Hart ós New York Knicks, nun traspaso entre catro equipos no que tamén participaron os Philadelphia 76ers e os Charlotte Hornets.[5] O 11 de febreiro de 2023, Hart debutou cos Knicks, facendo 11 puntos, 7 rebotes e 4 asistencias na vitoria por 126–120 contra os Utah Jazz.[6]

Notas editar

  1. "Lakers Acquire Josh Hart, Thomas Bryant in Trade with Utah". NBA.com. 22 de xuño de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  2. "Lakers Sign Ball, Kuzma and Hart". NBA.com. 3 de xullo de 2017. Consultado o 4 de xullo de 2017. 
  3. "Lakers Acquire Anthony Davis" (Nota de prensa). Los Angeles Lakers. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019. 
  4. "TRail Blazers Complete Trade With New Orleans" (Nota de prensa). Portland Trail Blazers. 8 de febreiro de 2022. 
  5. "New York Knicks Acquire Josh Hart". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. 
  6. "Josh Hart everywhere in debut as Knicks beat Jazz 126-120". amny.com. 12 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar