Tony Snell

baloncestista estadounidense

Tony Rena Snell, Jr., nado o 10 de novembro de 1991 no barrio de Watts, na cidade dos Ánxeles (California) é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).

Tony Snell
New Orleans Pelicans – No. 21
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 10 de novembro de 1991 (32 anos)
Watts (Os Ánxeles)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 97 kg (213 lb)
Información da carreira
Instituto Martin Luther King
(Riverside, California)
Westwind Academy
(Phoenix, Arizona)
Universidade New Mexico (2010–2013)
NBA Draft 2013 / Rolda: 1 / Elección: 20
Por Chicago Bulls
Carreira dende 2013
Historial de equipos
Chicago Bulls (2013–2016)
Milwaukee Bucks (2016–2019)
Detroit Pistons (2019–2020)
Atlanta Hawks (2020–2021)
Portland Trail Blazers (2021–202)
New Orleans Pelicans (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

Snell foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2013 polos Chicago Bulls. O 10 de xullo de 2013, asinou o seu primeiro contrato profesional cos Bulls.[1] Participou cos Bulls na Liga de Verán da NBA de 2013, onde fixo 11.8 puntos, 6.6 rebotes e 2.2 asistencias por partido.[2]

O 17 de outubro de 2016, Snell foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Michael Carter-Williams.[3]

O 20 de xuño de 2019, Snell foi traspasado xunto os dereitos do Draft de Kevin Porter Jr. ós Detroit Pistons, a cambio de Jon Leuer.[4]

O 20 de novembro de 2020, Snell e Khyri Thomas foron traspasados ós Atlanta Hawks a cambio de Dewayne Dedmon.[5]

O 10 de agosto de 2021, Snell asinou cos Portland Trail Blazers.[6]

O 8 de febreiro de 2022, Snell foi traspasado xunto a CJ McCollum e Larry Nance Jr. ós New Orleans Pelicans a cambio de Josh Hart, Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022.[7]

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2013–14 Chicago 77 16.0 .384 .320 .756 1.6 0.9 0.4 0.2 4.5
2014–15 Chicago 72 19.6 .429 .371 .800 2.4 0.9 0.4 0.2 6.0
2015–16 Chicago 64 20.3 .372 .361 .909 3.1 1.0 0.3 0.3 5.3
2016–17 Milwaukee 80 29.2 .455 .406 .810 3.1 1.2 0.7 0.2 8.5
2017–18 Milwaukee 75 27.4 .435 .403 .792 1.9 1.3 0.6 0.4 6.9
2018–19 Milwaukee 74 17.6 .452 .397 .881 2.1 0.9 0.3 0.2 6.0
Total 442 21.8 .425 .382 .819 2.4 1.0 0.5 0.2 6.2

Playoffs editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2014 Chicago 5 9.2 .222 .000 1.2 0.4 0.2 0.2 0.8
2015 Chicago 11 12.7 .341 .333 1.000 1.5 0.5 0.0 0.3 3.9
2017 Milwaukee 6 30.8 .500 .516 2.3 1.5 0.2 0.2 10.0
2018 Milwaukee 7 19.1 .292 .238 1.9 0.6 0.4 0.6 2.7
2019 Milwaukee 9 3.1 .333 .500 0.2 0.0 0.1 0.1 0.6
Total 38 14.0 .378 .360 1.000 1.4 0.6 0.2 0.3 3.4

Notas editar

  1. BULLS SIGN TONY SNELL AND ERIK MURPHY
  2. "2013 Summer League Statistics". Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2014. Consultado o 08 de xullo de 2014. 
  3. "Bucks Acquire Tony Snell from the Bulls". NBA.com. 17 de outubro de 2016. Consultado o 17 de outubro de 2016. 
  4. "Bucks Aquire Jon Leuer From Detroit". NBA.com. 20 de xuño de 2019. Consultado o 20 de xuño de 2019. 
  5. "Atlanta Hawks Acquire Tony Snell from Detroit Pistons". NBA.com. 20 de novembro de 2020. 
  6. "Trail Blazers sign Tony Snell". NBA.com. 10 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  7. "TRail Blazers Complete Trade With New Orleans" (Nota de prensa). Portland Trail Blazers. 8 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar