Tomáš Satoranský

baloncestista checo

Tomáš Satoranský, nado o 30 de outubro de 1991 en Praga, é un xogador profesional de baloncesto checo que xoga no FC Barcelona da Liga ACB. Mide 2,01 metros e xoga nas posicións de base e escolta.

Tomáš Satoranský
FC Barcelona  – No. 13
Información persoal
Nacemento 30 de outubro de 1991 (32 anos)
República Checa Praga, Checoslovaquia
Nacionalidade República Checa República Checa
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 95 kg (210 lb)
Posición Base / Escolta
Información da carreira
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 32
Por Washington Wizards
Carreira 2007–presente
Historial de equipos
USK Praha (2007–2009)
Sevilla (2009–2014)
FC Barcelona (2014–2016)
Washington Wizards (2016–2019)
Chicago Bulls (2019–2021)
New Orleans Pelicans (2021–2022)
San Antonio Spurs (2022)
Washington Wizards (2022)
FC Barcelona (2022–presente)

Traxectoria editar

En 2009 asinou co CB Sevilla da Liga ACB, onde xogou durante cinco tempadas. Satoranský foi elixido na 32ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Washington Wizards.[1]

En xullo de 2014, Satoranský asinou un contrato de dous anos co FC Barcelona da Liga ACB.[2]

O 21 de xullo de 2016, Satoranský asinou cos Washington Wizards,[3] onde permaneceu até 2019. Após pasar por varios equipos da NBA, en 2022 regresou ao FC Barcelona.

Notas editar

  1. "Satoranský je čtvrtým Čechem v NBA. Jde do Washingtonu za Veselým — iDNES.cz". Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  2. "FC Barcelona lands guard Satoransky". Euroleague.net. Consultado o 11 de xullo de 2014. 
  3. "Wizards Sign Tomas Satoransky". MonumentalSportsNetwork.com. 21 de xullo de 2016. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2016. Consultado o 21 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar