New Orleans Pelicans

Os New Orleans Pelicans (en galego, Pelicanos de Nova Orleáns) son un equipo profesional de baloncesto de Nova Orleáns (Louisiana), que xoga na División Suroeste da Conferencia Oeste da NBA. Tiveron que mudarse a Oklahoma City, Oklahoma nas tempadas 2005-2006 e 2006-2007 por mor do desastre provocado polo Furacán Katrina.

New Orleans Pelicans
New Orleans Pelicans logo
New Orleans Pelicans logo
Información xeral
Conferencia Oeste
División Suroeste
Fundación 2002
Historia New Orleans Hornets (2002-2013)
Cores                     Azul, dourado
Retirados 1 (7)
Localización
Cidade Luisiana Nova Orleáns, Luisiana
Pavillón Smoothie King Center
Capacidade 16.867 espectadores
Inauguración 29 de outubro de 1999
Persoal
Propietario(s) Gayle Benson
Director Trajan Langdon
Adestrador Willie Green
Títulos
Campión 0
Conferencia 0
División 1 (2008)
pelicans.com

Historia

editar

Nova Orleáns

editar

En maio de 2002, tivo lugar a mudanza a Nova Orleáns, que foi producida por varios desencontros no equipo directivo da franquía e co concello da cidade. George Shinn escapou por pouco dunha condena por violación; foi acusado de transpasar futuras superestrelas como Kobe Bryant ou Alonzo Mourning por mor da incapacidade para axustarse ós prezos de mercado; e por último deulle un ultimato á cidade, pedindo que construíran unha nova cancha sen custo para o equipo ou deixaría a cidade. A cidade non aceptou, e a franquía transladouse a Nova Orleáns (aínda que despois de rexeita-la oferta dos Hornets, Charlotte construíu un novo pavillón e abriu en 2005, o Charlotte Bobcats Arena). Rapidamente chegouse a un acordo para xogar no New Orleans Arena, xusto ó lado do Louisiana Superdome.

30 de outubro de 2002: Os New Orleans Hornets abren a tempada inaugural na súa nova cidade contra os Utah Jazz, que, casualmente, chamáronse orixinalmente New Orleans Jazz. O dorsal de "Pistol" Pete Maravich foi retirado durante o descanso. Esta foi a primeira tempada regular da NBA xogada en Nova Orleáns en 23 anos, aínda que houbo varios encontros amigabels xogados na cidade, incluíndo ós propios Charlotte Hornets no New Orleans Arena no 2000. Calificáronse por cuarto ano consecutivo para os playoffs no 2002-2003, pero perderon de novo contra Philadelphia. Jamal Mashburn tamén volveu a perderse a meirande parte destes playoffs.

Despois desta tempada, o equipo decidiu cambia-lo seu rumbo, e permitiu que o contrato do adestrador xefe Paul Silas expirase. Foi substituído por Tim Floyd, logrando con el comezar cun balance de 17-7, pero ó longo da tempada empeorou, rematando cun récord de 41-41, o que fixo que os Hornets non lograran a vantaxe de cancha nos playoffs por moi pouco. Xogaron en primeira rolda dos playoffs da Conferencia Leste contra os Miami Heat, pero un tiro anotado por Dwyane Wade no derradeiro segundo do primeiro partido da serie afundiu ós Hornets. Ámbolos dous equipos gañaron tódolos seus partidos nas súas respectivas canchas, pero o tiro de Wade foi o que fixo que os Heat gañaran 4-3 a serie.

Despois da malleira dos playoffs, Floyd foi despedido e foi contratado Byron Scott como novo adestrador xefe. Nunha nova división e cambiando de conferencia, á División Suroeste da Conferencia Oeste, que incluía catro equipos habituais nos playoffs (San Antonio Spurs, Dallas Mavericks, Memphis Grizzlies e Houston Rockets), non se esperaba que lograran de novo calificarse para a postempada. Toda a tempada estivo marcada polas lesións dos tres All-Stars do equipo Baron Davis, Jamal Mashburn e Jamaal Magloire, un comezo de 0-8 pronto converteuse nun récord de 2-28, empezando así as especulacións sobre como de malo podería se-lo balance a final de tempada, ameazando o récord absoluto da NBA en posesión dos Philadelphia 76ers cun 9-73. En febreiro chegou a mellora das actuacións do equipo da man de Dan Dickau, un dos favoritos dos seareiros, pero a tempada xa estaba estragada por mor do horroroso inicio. Como consecuencia da decepción, o cadro de xogadores do equipo foi reformado, sendo Baron Davis e Jamal Mashburn intercambiados para facer máis doada a reestruturación. A franquía encontrou un soporte nos seus xogadores novos, en teoría peores dos que xogaran o ano anterior. Tamén adquiriron a Jimmy Jackson dos Houston Rockets, pero nunca proporcionou nada ó xogo do equipo, tal e como sorprendentemente predixeran os analistas máis importantes nas radios e televisións. Foi intercambiado por Maciej Lampe, Casey Jacobsen e Jackson Vroman dos Phoenix Suns, dos que ningún tivo un impacto significante. Os Hornets acabaron a tempada 18-64, o peor balance de toda a NBA, pero non lograron a elección número un no sorteo do draft, caendo ata a cuarta posición. Pero a pesar da mala sorte, os Hornets escolleorn ó xogador que querían, Chris Paul, xa que sorpredentemente estaba dispoñíbel despois das eleccións de Atlanta Hawks e Utah Jazz.

Oklahoma City

editar

Por mor da devastación provocada polo Furacán Katrina no sueste de Louisiana, os Hornets tiveron que traslada-la súa base de operacións temporalmente a Oklahoma City para as tempadas 2005-2006 e 2006-07.

Os Hornets comezaron a súa primeira tempada en Oklahoma City mellor do esperado, aínda que non o suficiente como para chegar a postos de playoffs. Cando Chris Andersen foi botado fóra da liga por mor da violación das regras da NBA sobre drogas, parecía que os Hornets estaban nunha boa racha, chegando a estar brevemente na sexta posición do Oeste. Porén, perderon despois 12 de 13 encontros e acadaron un récord negativo ao anotaronen só 16 puntos na segunda metade dun partido nos Ánxeles contra os Clippers. Aínda que fixeron un último esforzo para conseguiren unha praza de playoffs, as derrotas nos derradeiros segundos dos encontros contra os Cleveland Cavaliers e os Utah Jazz afundiron tódalas esperanzas, e o equipo rematou a tempada cun récord de 38-44, no décimo lugar da Conferencia Oeste e fóra dos playoffs por seis encontros.

Malia o récord de derrotas, a tempada foi un éxito. Chris Paul gañou o premio ó Rookie do Ano, e varios xogadores máis gañaron outros títulos individuais. Os seareiros de Oklahoma City esgotaron as localidades do Ford Center 24 veces, amosando así que están preparados para acoller un equipo das catro grandes ligas profesionais.

O 28 de xuño, os Hornets elixiron a Hilton Armstrong e Cedric Simmones na primeira rolda do draft de 2006. Tamén elixiron a Marcus Vinicus, do Brasil, na segunda rolda.

Ademais, no período de vacacións fixeron grandes cambios no equipo, probabelmente coa intención de converterse nunha ameaza seria nos playoffs. Intercambiaron a JR Smith e a PJ Brown por Tyson Chandler dos Chicago Bulls, e deixaron que Speedy Claxton asinara un contrato cos Atlanta Hawks, recheando a posición de base suplente con Bobby Jackson, dos Memphis Grizzlies en vez de deixar que fora Moochie Norris o que xogara nesa posición. Tamén trouxeron a Peja Stojakovic, dos Indiana Pacers, que tamén están a reface-lo seu cadro de xogadores.

As previsións dos Hornets para a tempada 2006-2007 son moi optimistas, xa que están liderados por Chris Paul, un dos mellores capitáns da NBA como se viu a tempada anterior, e teñen a Peja Stojakovic, un tirador excelente de triplas, e a Tyson Chandler, que achegará o xogo na pintura. Tamén achegará asistencias David West, o líder anotador dos Hornets a tempada anterior, e a defensa virá con Kirk Synder. Os suplentes claves serán Rasual Butler, un especialista en triplas, Bobby Jackson, un bo anotador, Desmond Mason, cun bo xogo na pintura, e Mark Jackson e Linton Johnson, que poden facer grandes encontros. Ademais, teñen ós rookies Cedric Simmons e Hilton Armstrong, ámbolos dous candidatos a ter minutos saíndo do banco, e sendo Marcus Vinicus toda unha incerteza.

A franquía volveu a Nova Orleáns definitivamente na tempada 2007-2008.

Pavillóns

editar

Temporadas

editar
Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División En posición de Playoffs
Temporada Conferencia División Posto V D %V Playoffs Premios
New Orleans Hornets
2002–03 Leste Central 47 35 .573 Perdida Primeira Rolda (76ers) 2–4
2003–04 Leste Central 41 41 .500 Perdida Primeira Rolda (Heat) 3–4
2004–05 Oeste Suroeste 18 64 .220
2005–06 Oeste Suroeste 38 44 .463 Chris Paul (ROY)
2006–07 Oeste Suroeste 39 43 .476
2007–08 Oeste Suroeste 56 26 .683 Gañada Primeira Rolda (Mavericks) 4–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Spurs) 3–4
Byron Scott (COY)
2008–09 Oeste Suroeste 49 33 .598 Perdida Primeira Rolda (Nuggets) 1–4
2009–10 Oeste Suroeste 37 45 .451
2010–11 Oeste Suroeste 46 36 .561 Perdida Primeira Rolda (Lakers) 2–4
2011–12 Oeste Suroeste 21 45 .318
2012–13 Oeste Suroeste 27 55 .329
New Orleans Pelicans
2013–14 Oeste Suroeste 34 48 .415
2014–15 Oeste Suroeste 45 37 .549 Perdida Primeira Rolda (Warriors) 0–4
2015–16 Oeste Suroeste 30 52 .366
2016–17 Oeste Suroeste 34 48 .415
2017–18 Oeste Suroeste 48 34 .585 Gañada Primeira Rolda (Trail Blazers) 4–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Warriors) 1–4
2018–19 Oeste Suroeste 33 49 .402
2019–20 Oeste Suroeste 30 42 .417 Brandon Ingram (MIP)
2020–21 Oeste Suroeste 31 41 .431

Rexistro histórico

editar
Estatística Vitorias Derrotas % vitorias
Total en Temporada Regular 704 818 .463
Total en Playoffs 20 29 .408
Total en Temporada Regular e Playoffs 724 847 .461

Xogadores

editar

Cadro actual

editar
New Orleans Pelicans 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 15   Alvarado, Jose 1.83 m (6 ft 0 in) 81 kg (179 lb) Georgia Tech
B/E 10   Crutcher, Jalen 1.85 m (6 ft 1 in) 79 kg (175 lb) Dayton
B/E 11   Daniels, Dyson 2.01 m (6 ft 7 in) 90 kg (199 lb) Australia
B/E 24   Hawkins, Jordan 1.96 m (6 ft 5 in) 86 kg (190 lb) Connecticut
A/AP 33   Hill, Malcolm 1.98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb) Illinois
A/AP 14   Ingram, Brandon 2.06 m (6 ft 9 in) 86 kg (190 lb) Duke
A/AP 5   Jones, Herbert 1.98 m (6 ft 6 in) 93 kg (206 lb) Alabama
A/AP 32   Liddell, E. J. 2.01 m (6 ft 7 in) 109 kg (240 lb) Ohio State
A/AP 8   Marshall, Naji 2.01 m (6 ft 7 in) 100 kg (220 lb) Xavier
B/E 3   McCollum, CJ 1.91 m (6 ft 3 in) 86 kg (190 lb) Lehigh
A/AP 25   Murphy, Trey 2.03 m (6 ft 8 in) 93 kg (206 lb) Virginia
AP/P 22   Nance, Larry 2.03 m (6 ft 8 in) 111 kg (245 lb) Wyoming
AP/P 50   Robinson-Earl, Jeremiah 2.03 m (6 ft 8 in) 109 kg (240 lb) Villanova
A/AP 37   Ryan, Matt 1.98 m (6 ft 6 in) 98 kg (215 lb) Chattanooga
B/E 0   Seabron, Dereon 1.96 m (6 ft 5 in) 82 kg (180 lb) NC State
P 17   Valančiūnas, Jonas 2.11 m (6 ft 11 in) 120 kg (265 lb) Lituania
A/AP 1   Williamson, Zion 1.98 m (6 ft 6 in) 129 kg (284 lb) Duke
AP/P 40   Zeller, Cody 2.11 m (6 ft 11 in) 109 kg (240 lb) Indiana
Adestrador
Asistente(s)
  •   James Borrego
  •   Jarron Collins
  •   Casey Hill
  •   Aaron Miles
  •   Fred Vinson

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 02-03-2024

Líderes históricos

editar

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (temporada regular) (actualizado a 30 de decembro de 2021)[1]

  1. Anthony Davis (11.059)
  2. David West (8.690)
  3. Chris Paul (7.936)
  4. Jrue Holiday (7.321)
  5. Ryan Anderson (3.702)
  6. Brandon Ingram (3.546)
  7. Eric Gordon (3.390)
  8. P.J. Brown (3.231)
  9. Peja Stojaković (3.135)
  10. Tyreke Evans (2.982)
  11. E'Twaun Moore (2.821)
  12. Baron Davis (2.728)
  13. Rasual Butler (2.677)
  14. David Wesley (2.429)
  15. Jamaal Magloire (2.230)
  16. Zion Williamson (2.187)
  17. Jamal Mashburn (2.168)
  18. Tyson Chandler (2.016)
  19. Emeka Okafor (1.861)
  20. Desmond Mason (1.785)
  21. Greivis Vasquez (1.672)
  22. DeMarcus Cousins (1.624)
  23. Marco Belinelli (1.616)
  24. Julius Randle (1.565)
  25. Lonzo Ball (1.547)
  26. Al-Farouq Aminu (1.526)
  27. Darius Miller (1.524)
  28. Dante Cunningham (1.512)
  29. Jason Smith (1.456)
  30. Josh Hart (1.432)

Outras estatísticas (temporada regular) (actualizado a 30 de decembro de 2021)[2]

Minutos xogados

  1. David West (17.160)
  2. Anthony Davis (16.108)
  3. Chris Paul (15.761)
  4. Jrue Holiday (13.913)
  5. P.J. Brown (10.559)

Rebotes

  1. Anthony Davis (4.906)
  2. David West (3.853)
  3. P.J. Brown (2.675)
  4. Tyson Chandler (2.225)
  5. Chris Paul (1.951)

Asistencias

  1. Chris Paul (4.228)
  2. Jrue Holiday (2.883)
  3. Tyreke Evans (1.139)
  4. Greivis Vasquez (1.063)
  5. David West (1.042)

Roubos

  1. Chris Paul (1.010)
  2. Anthony Davis (639)
  3. Jrue Holiday (638)
  4. David West (396)
  5. Baron Davis (280)

Tapóns

  1. Anthony Davis (1.121)
  2. David West (435)
  3. Emeka Okafor (305)
  4. Tyson Chandler (269)
  5. Jrue Holiday (267)

Dorsais retirados

editar

Os New Orleans Hornets retiraron o número de Maravich durante o seu primeiro partido en Nova Orleáns para honrar a súa contribución ao baloncesto do estado de Luisiana. Antes de profesional, Maravich xogou para a Louisiana State University (LSU), mentres que xa na NBA xogou para o anteriro equipo de baloncesto da cidade, os New Orleans Jazz.[3]

Dorsais retirados polos New Orleans Pelicans
Xogador Posición Período Data de retiro do Nº
7 Pete Maravich B 1974–79 30 de outubro de 2002

Galardóns individuais

editar

Adestradores

editar
Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Mavericks
Elixido no Basketball Hall of Fame coma adestrador
# Nome Anos Tempada regular Playoffs Logros
P V D % P V D %
1 Silas, PaulPaul Silas 20022003 82 47 35 .573 6 2 4 .333
2 Floyd, TimTim Floyd 20032004 82 41 41 .500 7 3 4 .429
3 Scott, ByronByron Scott 20042009 419 203 216 .484 17 8 9 .471 Adestrador do Ano da NBA (2008)
4 Bower, JeffJeff Bower 2009−2010 73 34 39 .466
5 Williams, MontyMonty Williams 20102015 394 173 221 .439 10 2 8 .200
6 Gentry, AlvinAlvin Gentry 20152020 328 145 183 .442 9 5 4 .556
7 Van Gundy, StanStan Van Gundy 20202021 72 31 41 .431 0 0 0
  1. "Pelicans: Players". Basketball Reference (en inglés). 30 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2021. Consultado o 30 de decembro de 2021. 
  2. "New Orleans Pelicans Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 30 de decembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2021. 
  3. "Hornets Retire Maravich's Number". The Intelligencer (en inglés). 30 de outubro de 2002. Consultado o 15 de novembro de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar