Chris Andersen
Christopher Claus "Chris" Andersen, nado o 7 de xullo de 1978 en Long Beach (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente é axente libre. Mide 2,08 metros de altura, e xoga nas posicións de pivote e ala-pivote.
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Pivote / Ala-pivote |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 7 de xullo de 1978 (44 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 103 kg (228 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Iola HS, Texas |
Universidade | Blinn (1997–1998) |
Carreira | dende 1999 |
Historial de equipos | |
Jiangsu Nangang (1999–2000) Fargo-Moorhead Beez (2000–2001) Fayetteville Patriots (2001) Denver Nuggets (2001–2004) New Orleans / Oklahoma City Hornets (2004–2006, 2008) Denver Nuggets (2008–2012) Miami Heat (2013–2016) Memphis Grizzlies (2016) Cleveland Cavaliers (2016–2017) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2013) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesionalEditar
Non foi elixido no Draft da NBA de 1999 e comezou a súa carreira coma profesional na Chinese Basketball League e en ligas menores americanas. Despois deu o salto á NBA e xogou cos Denver Nuggets e os New Orleans Hornets. En 2006, recibiu unha sanción de dous anos sen xogar por parte da NBA por violar a política de drogas.[1] A sanción rematou o 4 de marzo de 2008, e un día despois asinou de novo cos Hornets. Volveu a Denver en 2008, e permaneceu alí ata o ano 2012.
O 20 de xaneiro de 2013, asinou un contrato de dez días cos Miami Heat.[2][3] Asinou un segundo contrato de dez días o 30 de xaneiro,[4] e o 8 de febreiro de 2013 asinou para o resto da tempada.[5] Na tempada 2012-13, conseguiu o seu primeiro anel de campión da NBA cos Heat, tras vencer ós San Antonio Spurs por 4-3.
O 16 de febreiro de 2016, os Heat traspasaron a Andersen e dúas elección da segunda rolda do Draft aos Memphis Grizzlies, nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Charlotte Hornets.[6] Tres días máis tarde, fixo o seu debut cos Grizzlies, na vitoria por 109-104 contra os Minnesota Timberwolves, facendo catro puntos, tres rebotes e un tapón en 11 minutos.[7]
NotasEditar
- ↑ "Hornets' Andersen kicked out of NBA for drug use - NBA - ESPN". Sports.espn.go.com. 2006-01-27. Consultado o 2012-08-03.
- ↑ HEAT Sign Chris Andersen
- ↑ "Chris 'Birdman' Andersen signs with Heat". Arquivado dende o orixinal o 23 de xaneiro de 2013. Consultado o 15 de maio de 2013.
- ↑ HEAT Signs Chris Andersen
- ↑ HEAT Signs Chris Andersen
- ↑ "Grizzlies acquire four 2nd Round Picks, Chris Andersen & P.J. Hairston in three-team trade". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 16 de febreiro de 2016. Consultado o 16 de febreiro de 2016.
- ↑ "Conley has 25 points to lead Grizzlies past T'wolves 109-104". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2016. Consultado o 20 de febreiro de 2016.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil de Andersen en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Chris Andersen Arquivado 20 de xuño de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)