Jason Smith
Jason Victor Smith, nado o 2 de marzo de 1986 en Kersey, Colorado, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional. Antes de ser profesional xogou para a Universidade de Colorado State.
![]() | |
Posición | Ala-pivote / Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de marzo de 1986 (37 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Platte Valley (Kersey, Colorado) |
Universidade | Colorado State (2004–2007) |
NBA Draft | 2007 / Rolda: 1 / Elección: 20 Por Miami Heat |
Carreira | 2007–2019 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2007–2010) New Orleans Hornets/Pelicans (2010–2014) New York Knicks (2014–2015) Orlando Magic (2015–2016) Washington Wizards (2016–2018) Milwaukee Bucks (2018–2019) New Orleans Pelicans (2019) |
Traxectoria profesionalEditar
Smith foi elixido na 20ª posición do Draft da NBA de 2007 polos Miami Heat, pero foi traspasado na noite do Draft, o 28 de xuño de 2007, aos Philadelphia 76ers a cambio do escolta Daequan Cook. Smith xogou nove partidos na liga de verán, acadando 9.9 puntos, 6.0 rebotes e 1.0 asistencias en 26.1 minutos de xogo por partido. O 8 de agosto de 2008, o director xeral do Sixers anunciou que Smith se rompera o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo nun adestramento dos Sixers en Las Vegas.[1]
Smith foi traspasado aos New Orleans Hornets xunto a Willie Green a cambio de Darius Songaila e o rookie Craig Bracking, o 23 de setembro de 2010.[2] O 1 de febreiro de 2011, Smith conseguiu a maior marca de anotación da súa carreira, con 20 puntos contra os Washington Wizards.
O 7 de febreiro de 2019, Smith foi traspasado xunto a Stanley Johnson e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Nikola Mirotić ós Milwaukee Bucks.[3]
NotasEditar
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 22 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en inglés)