Abrir o menú principal

Stanley Johnson

baloncestista estadounidense

Stanley Herbert Johnson Jr., nado o 29 de maio de 1996 en Anaheim, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association (NBA).

Stanley Johnson
Stanley Johnson (31693190665) crop.jpg
Toronto Raptors – No. 5
Ala
Información persoal
Nacemento 29 de maio de 1996 (23 anos)
California Anaheim, California
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Mater Dei (Santa Ana, California)
Universidade Arizona (2014–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 8

Por Detroit Pistons

Carreira desde 2015
Historial de equipos
Detroit Pistons (2015–2019)
Grand Rapids Drive (2016)
New Orleans Pelicans (2019)
Toronto Raptors (2019–presente)
Información en nba.com

Traxectoria profesionalEditar

O 25 de xuño de 2015, Johnson foi seleccionado na 8ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Detroit Pistons.[1] Tras disputar a Liga de Verán cos Pistons, asinou o seu contrato de rookie.[2] O 27 de outubro de 2015, fixo o seu debut cos Pistons, facendo 7 puntos, 4 rebotes e 3 asistencias na vitoria por 106-94 contra os Atlanta Hawks.[3]

O 7 de febreiro de 2019, Johnson foi traspasado xunto a Jason Smith e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Nikola Mirotić ós Milwaukee Bucks.[4]

O 11 de xullo de 2019, Johnson asinou cos Toronto Raptors.[5]

NotasEditar

  1. "Stan takes Stanley: Johnson a big part of Pistons puzzle at small forward". NBA.com. 26 de xuño de 2015. Consultado o 26 de xuño de 2015. 
  2. "Detroit Pistons Sign First-Round Pick Stanley Johnson". NBA.com. 22 de xullo de 2015. Consultado o 22 de xullo de 2015. 
  3. "Pistons surprise Hawks on opening night, winning 106-94". NBA.com. 27 de outubro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 28 de outubro de 2015. Consultado o 27 de outubro de 2015. 
  4. Bucks land sharpshooter Mirotic from Pelicans
  5. "Raptors Sign Stanley Johnson". NBA.com. 11 de xullo de 2019. Consultado o 11 de xullo de 2019. 

Véxase taménEditar