Nikola Mirotić

Nikola Mirotić (en cirílico: Никола Миротић), nado en Titogrado (Montenegro, daquela pertencente á RFS Iugoslavia) o 11 de febreiro de 1991, é un xogador montenegrino de baloncesto profesional que xoga no FC Barcelona da Liga ACB.

Nikola Mirotić
2022-03-22 ALBA Berlin gegen FC Barcelona Bàsquet (EuroLeague 2021-22) by Sandro Halank–014.jpg
FC Barcelona  – No. 33
Información persoal
Nacemento 11 de febreiro de 1991 (32 anos)
Flag of Yugoslavia (1946-1992).svg Titogrado, Iugoslavia
Nacionalidade Montenegro Montenegro
España España
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 108 kg (236 lb)
Posición Ala-pivote
Liga Liga ACB
Información da carreira
NBA Draft 2011 / Rolda: 1 / Elección: 23
Por Houston Rockets
Carreira 2008−presente
Historial de equipos
Real Madrid (2008–2009)
Palencia Baloncesto (2009–2010)
Real Madrid (2010–2014)
Chicago Bulls (2014–2018)
New Orleans Pelicans (2018–2019)
Milwaukee Bucks (2019)
FC Barcelona (2019–presente)

TraxectoriaEditar

Mirotić comezou a súa carreira coma profesional no Real Madrid da Liga ACB. En 2011, asinou unha extensión de contrato por 5 anos co Real Madrid.[1]

O 23 de xuño de 2011, Mirotić foi seleccionado na 23ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Houston Rockets. Os seus dereitos foron traspasados aos Minnesota Timberwolves, e despois foron traspasados outra vez aos Chicago Bulls.[2]

O 13 de xullo de 2014, anunciou a súa incorporación ós Chicago Bulls para a tempada 2014-15. O 18 de xullo de 2014, asinou oficialmente o seu contrato de tres anos cos Bulls.[3]

O 1 de febreiro de 2018, Mirotić foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2018 ós New Orleans Pelicans, a cambio de Ömer Aşık, Tony Allen, Jameer Nelson, unha elección da primeira rolda do Draft de 2018, e a opción de intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans.[4] Dous días máis tarde fixo o seu debut cos Pelicans, facendo 18 puntos na derrota por 118-107 contra os Minnesota Timberwolves.[5]

O 7 de febreiro de 2019, Mirotić foi traspasado ós Milwaukee Bucks nun traspaso entre tres equipos que tamén mandou a Thon Maker ós Detroit Pistons, e a Jason Smith, Stanley Johnson e catro futuras eleccións da segunda rolda do Draft ós New Orleans Pelicans.[6]

O 6 de xullo de 2019 fíxose oficial a súa fichaxe polo FC Barcelona da Liga ACB.[7]

NotasEditar

  1. Euroleague.net Real Madrid extends Mirotic through 2016.
  2. "NBA Draft: Nr 1 dla Irvinga, wybrano 10 Europejczyków". PolskiKosz.pl. 24 de xuño de 2011. Arquivado dende o orixinal o 28 de xuño de 2011. Consultado o 2 de xullo de 2011. 
  3. "Bulls sign forward Nikola Mirotic". NBA.com. 18 de xullo de 2014. Consultado o 18 de xullo de 2014. 
  4. "Pelicans Acquire Nikola Mirotić". NBA.com. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018. 
  5. "Butler scores 30 to lead Wolves past Pelicans, 118-107". ESPN.com. 3 de febreiro de 2018. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. Bucks land sharpshooter Mirotic from Pelicans
  7. Sport (2019-07-06). "OFICIAL: El Barça ficha a Nikola Mirotic". sport (en castelán). Consultado o 2019-07-06. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar