Ömer Aşık
Ömer Faruk Aşık, nado o 4 de xullo de 1986 en Bursa, é un ex xogador turco de baloncesto profesional.
Posición | Pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 4 de xullo de 1986 (37 anos) Bursa, Turquía |
Nacionalidade | Turquía |
Altura | 2,06 m (7 ft 0 in) |
Peso oficial | 116 kg (255 lb) |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 36 Por Portland Trail Blazers |
Carreira | 2005–2018 |
Historial de equipos | |
Fenerbahçe Ülker (2005–2006) →Alpella (2006–2007) Fenerbahçe Ülker (2007–2010) Chicago Bulls (2010–2012) Houston Rockets (2012–2014) New Orleans Pelicans (2014–2018) Chicago Bulls (2018) |
Liga turca editar
Aşık tivo a súa primeira oportunidade profesional no Fenerbahçe na tempada 2005-06. Tan só xogou un partido antes de ser traspasado a un equipo da segunda división, o FMV Isık Spor Kulübü. Na tempada 2006-07 asinou polo Alpella, onde xogou 40 partidos, nos que fixo 10.7 puntos e 11.2 rebotes. Deixou o Alpella en decembro de 2007, e volveu ao Fenerbahçe por segunda vez. En 2008 lesionouse de gravidade, e pouco máis tarde da súa volta lesionouse outra vez para 2 meses. Nas tempadas 2007-08 e 2008-09 co Fenerbahçe fixo 7.8 puntos e 6.1 rebotes. Coa súa axuda, o Fenerbahçe gañou a liga turca de baloncesto na tempada 2007-08.
NBA editar
Chicago Bulls (2010–2012) editar
Ömer Aşık foi elixido na 36ª posición do draft da NBA de 2008 polos Portland Trail Blazers, e foi inmediatamente traspasado aos Chicago Bulls, nunha operación entre tres franquías.[1] O 13 de xullo de 2010, Aşık asinou un contrato cos Chicago Bulls.
Tempada 2010–11 editar
O 27 de outubro, Aşık fixo o seu debut cos Bulls no primeiro partido da tempada, na casa dos Oklahoma City Thunder. Dende o comezo da tempada, Aşık impresionou co seu xogo grazas á súa gran presenza coma pivote, especialmente cando o pivote titular, Joakim Noah, non xogaba. Ao remate da tempada, liderou a lista de media de rebotes por 48 minutos dos rookies, e estivo entre os dez primeiros en media de rebotes por 48 minutos.
Houston Rockets (2012-2014) editar
O 20 de xullo de 2012, Aşık asinou unha oferta dos Houston Rockets, cun valor de 25.1 millóns de dólares en 3 anos. Os Bulls decidiron non igualar a oferta o 24 de xullo de 2012,[2] e Aşık uniuse oficialmente ós Rockets.[3]
New Orleans Pelicans (2014-2018) editar
O 15 de xullo de 2014, Aşık foi traspasado ós New Orleans Pelicans nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Rockets e os Washington Wizards.[4] O 28 de outubro de 2014, fixo o seu debut cos Pelicans no primeiro partido da tempada contra os Orlando Magic. En 33 minutos de xogo, fixo 14 puntos, 17 rebotes, 5 tapóns e 2 asistencias na vitoria dos Pelicans por 101-84.[5]
Volta a Chicago (2018-presente) editar
O 1 de febreiro de 2018, Aşık foi traspasado xunto a Tony Allen, Jameer Nelson e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Chicago Bulls, a cambio de Nikola Mirotić e unha elección da segunda rolda do Draft de 2018. Ademais, os Bulls terán o dereito a intercambiar eleccións de segunda rolda do Draft de 2021 cos Pelicans.[6]
Notas editar
- ↑ "Bulls acquire Omer Asik from Portland". NBA.com. June 26, 2008. Consultado o July 10, 2010.
- ↑ "Bulls will not match Houston’s offer to Asik". Bulls.com. 24 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ "Rockets Sign center Omer Asik". NBA.com. 24 de xullo de 2012. Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ "Pelicans Complete Three-Team Trade with Rockets and Wizards". NBA.com. 15 de xullo de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2014.
- ↑ "Davis power Pelicans past Magic, 101-84". NBA.com. 28 de outubro de 2014. Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 28 de outubro de 2014.
- ↑ "Pelicans Acquire Nikola Mirotić". NBA.com. 1 de febreiro de 2018. Consultado o 1 de febreiro de 2018.
Véxase tamén editar
Ligazóns externas editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en BasketballReference.com Arquivado 08 de febreiro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)