Larry Nance, Jr.

baloncestista estadounidense
(Redirección desde «Larry Nance Jr.»)

Larry Donnell Nance Jr., nado en Akron, Ohio, o 1 de xaneiro de 1993, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).

Larry Nance Jr.
New Orleans Pelicans – No. 22
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 1 de xaneiro de 1993 (31 anos)
Akron, Ohio
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 111 kg (245 lb)
Información da carreira
Instituto Revere (Richfield, Ohio)
Universidade Wyoming (2011–2015)
NBA Draft 2015 / Rolda: 1 / Elección: 27
Por Los Angeles Lakers
Carreira 2015–presente
Historial de equipos
Los Angeles Lakers (2015–2018)
Cleveland Cavaliers (2018–2021)
Portland Trail Blazers (2021–2022)
New Orleans Pelicans (2022–presente)

Traxectoria profesional editar

O 25 de xuño de 2015, Nance foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Los Angeles Lakers.[1] O 10 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers.[2] Fixo o seu debut na NBA o 6 de novembro de 2015 na vitoria dos Lakers por 104–98 contra os Brooklyn Nets, facendo seis puntos e cinco rebotes.[3]

O 8 de febreiro de 2018, Nance foi traspasado xunto a Jordan Clarkson ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Channing Frye, Isaiah Thomas e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018.[4] O 15 de outubro de 2018, asinou unha extensión de contrato cos Cavaliers por catro anos e 44.8 millóns de dólares.[5]

O 28 de agosto de 2021, Nance foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Chicago Bulls.[6]

O 8 de febreiro de 2022, Nance foi traspasado xunto a CJ McCollum e Tony Snell ós New Orleans Pelicans a cambio de Josh Hart, Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022.[7]

Notas editar

  1. "Lakers Select Larry Nance in First Round". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 27 de xuño de 2015. 
  2. "Lakers Sign Larry Nance, Jr.". NBA.com. 10 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  3. "Bryant, Lakers beat winless Nets for 1st victory". NBA.com. 6 de novembro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 09 de novembro de 2015. Consultado o 10 de novembro de 2015. 
  4. "Lakers Acquire Isaiah Thomas, Channing Frye in Trade with Cleveland". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  5. "Cavs and Larry Nance Jr. Sign Multi-Year Contract Extension". NBA.com. 15 de outubro de 2018. Consultado o 15 de outubro de 2018. 
  6. "Trail Blazers acquire forward Larry Nance Jr. in three-team trade". NBA.com. 28 de agosto de 2021. Consultado o 28 de agosto de 2021. 
  7. "TRail Blazers Complete Trade With New Orleans" (Nota de prensa). Portland Trail Blazers. 8 de febreiro de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar