Isaiah Thomas

baloncestista estadounidense

Isaiah Jamar Thomas, nado o 7 de febreiro de 1989 en Tacoma, Washington, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).

Isaiah Thomas
Los Angeles Lakers – No. 31
Posición Base
Información persoal
Nacemento 7 de febreiro de 1989 (35 anos)
Tacoma, Washington
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,75 m (5 ft 9 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Instituto Curtis (University Place, Washington)
South Kent School
(South Kent, Connecticut)
Universidade Washington (2008–2011)
NBA Draft 2011 / Rolda: 2 / Elección: 60
Por Sacramento Kings
Carreira dende 2011
Historial de equipos
Sacramento Kings (2011–2014)
Phoenix Suns (2014–2015)
Boston Celtics (2015–2017)
Cleveland Cavaliers (2017–2018)
Los Angeles Lakers (2018)
Denver Nuggets (2018–2019)
Washington Wizards (2019–2020)
New Orleans Pelicans (2021)
Grand Rapids Gold (2021)
Los Angeles Lakers (2021–presente)
Premios e galardóns
  • NBA All-Star (2016, 2017)
  • 2º Equipo de Rookies NBA (2012)

Instituto editar

Thomas foi ao Curtis Senior High School en University Place, Washington, e despois ao Kent High School en Kent, Connecticut, onde repetiu un curso debido a deficiencias académicas. Graduouse en Kent no ano 2008. En Curtis, Thomas fixo 31.2 puntos por partido coma júnior.[1]

Traxectoria profesional editar

NBA editar

O 23 de xuño de 2011, Thomas foi elixido na 60ª e derradeira posición do Draft da NBA de 2011 polos Sacramento Kings. O 19 de febreiro de 2012, Thomas fixo o seu primeiro dobre-dobre con 23 puntos e 11 asistencias contra os Cleveland Cavaliers.

O 1 de marzo de 2012, Thomas foi nomeado Rookie do Mes de febreiro da Conferencia Oeste, tras facer 12.2 puntos e 4.4 asistencias por partido.[2]

O 12 de xullo de 2014, Thomas foi traspasado ós Phoenix Suns nun acordo que tamén mandou os dereitos de Alex Oriakhi ós Kings.[3]

O 19 de febreiro de 2015, Thomas foi traspasado ós Boston Celtics, a cambio de Marcus Thornton e unha elección da primeira rolda do Draft de 2016.[4]

O 22 de agosto de 2017, Thomas foi traspasado xunto a Jae Crowder, Ante Žižić e a elección da primeira rolda desprotexida do Draft de 2018 dos Brooklyn Nets ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyrie Irving.[5]

O 8 de febreiro de 2018, Thomas foi traspasado xunto a Channing Frye e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018 ós Los Angeles Lakers a cambio de Jordan Clarkson e Larry Nance, Jr..[6]

O 16 de xullo de 2018, Thomas asinou un contrato dun ano cos Denver Nuggets.[7] Debutou cos Nuggets o 13 de febreiro de 2019, na vitoria dos Nuggets por 120-118 contra os Sacramento Kings.[8]

Notas editar

  1. Isaiah Thomas ready to play basketball for Huskies
  2. "Cleveland's Kyrie Irving and Sacramento's Isaiah Thomas named Rookies of the Month". 1 de marzo de 2012. Consultado o 1 de marzo de 2012. 
  3. Suns Complete Sign-and-Trade for Isaiah Thomas
  4. "Suns Complete Deal with Boston for Thornton, Draft Pick". NBA.com. 19 de febreiro de 2015. Consultado o 19 de febreiro de 2015. 
  5. "Cavaliers acquire Isaiah Thomas, Jae Crowder, Ante Zizic and the Brooklyn Nets’ 2018 Unprotected First Round Pick". NBA.com. 22 de agosto de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  6. "Lakers Acquire Isaiah Thomas, Channing Frye in Trade with Cleveland". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  7. "Denver Nuggets Sign Veteran Guard Isaiah Thomas". NBA.com. 16 de xullo de 2018. Consultado o 16 de xullo de 2018. 
  8. "Jokic tips in winner as Nuggets beat Kings 120-118". ESPN.com. 13 de febreiro de 2019. Consultado o 14 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar