Jae Crowder

baloncestista estadounidense

Corey Jae Crowder, nado o 6 de xullo de 1990 en Villa Rica, Xeorxia, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).

Jae Crowder
Milwaukee Bucks – No. 99
Posición Ala / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 6 de xullo de 1990 (33 anos)
Villa Rica, Xeorxia
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 107 kg (235 lb)
Información da carreira
Instituto Villa Rica (Villa Rica, Georgia)
Universidade South Georgia Tech (2008–2009)
Howard College (2009–2010)
Marquette (2010–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 34
Por Cleveland Cavaliers
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Dallas Mavericks (2012–2014)
Texas Legends (2014)
Boston Celtics (2014–2017)
Cleveland Cavaliers (2017–2018)
Utah Jazz (2018–2019)
Memphis Grizzlies (2019–2020)
Miami Heat (2020)
Phoenix Suns (2020–2023)
Milwaukee Bucks (2023–presente)

Traxectoria editar

Crowder foi seleccionado na 34ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers. Na mesma noite do Draft, foi traspasado xunto a Jared Cunningham e Bernard James ós Dallas Mavericks a cambio de Tyler Zeller e Kelenna Azubuike.[1]

O 18 de decembro de 2014, Crowder foi traspasado xunto a Jameer Nelson, Brandan Wright e dúas eleccións do Draft ós Boston Celtics, a cambio de Rajon Rondo e Dwight Powell.[2]

O 22 de agosto de 2017, Crowder foi traspasado xunto a Isaiah Thomas, Ante Žižić e a elección da primeira rolda desprotexida do Draft de 2018 dos Brooklyn Nets ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Kyrie Irving.[3]

O 8 de febreiro de 2018, Crowder foi traspasado ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos que incluía tamén ós Cavaliers e ós Sacramento Kings.[4]

O 6 de xullo de 2019, Crowder foi traspasado xunto a Grayson Allen e Kyle Korver ós Memphis Grizzlies, a cambio de Mike Conley Jr..[5]

O 6 de febreiro de 2020, Crowder foi traspasado ós Miami Heat nun traspaso entre tres equipos.[6]

O 28 de novembro de 2020, Crowder asinou cos Phoenix Suns.[7]

O 9 de febreiro de 2023, os Suns traspasaron a Crowder ós Brooklyn Nets xunto a Mikal Bridges, Cameron Johnson e catro eleccións da primeira rolda do Draft, a cambio de Kevin Durant e T. J. Warren.[8] O traspaso acabouse convertendo nun traspaso entre catro equipos, e Crowder rematou traspasado ós Milwaukee Bucks.[9]

Notas editar

  1. ESPN.com news services. "Mavericks, Cavaliers trade picks". ESPN. Consultado o 29 de xuño de 2012. 
  2. "Boston Celtics Complete Trade With Dallas Mavericks". NBA.com. 18 de decembro de 2014. Consultado o 18 de decembro de 2014. 
  3. "Cavaliers acquire Isaiah Thomas, Jae Crowder, Ante Zizic and the Brooklyn Nets’ 2018 Unprotected First Round Pick". NBA.com. 22 de agosto de 2017. Consultado o 22 de agosto de 2017. 
  4. "Jazz Acquire Jae Crowder and Derrick Rose in Three-Team Trade". NBA.com. 8 de febreiro de 2018. Consultado o 8 de febreiro de 2018. 
  5. "Memphis Grizzlies acquire Grayson Allen, Jae Crowder, Kyle Korver, draft rights to Darius Bazley and future first round draft pick from Utah Jazz". Memphis Grizzlies (en inglés). NBA. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019. 
  6. "HEAT Acquire Andre Iguodala, Jae Crowder & Solomon Hill". NBA.com. 6 de febreiro de 2020. 
  7. "Suns sign Jae Crowder". NBA.com. 28 de novembro de 2020. Consultado o 29 de novembro de 2020. 
  8. "Suns Complete Trade For Kevin Durant, T.J. Warren". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. Consultado o 9 de febreiro de 2023. 
  9. "Milwaukee Bucks Acquire Jae Crowder". NBA.com. 9 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar