Kyle Korver
Kyle Elliot Korver, nado o 17 de marzo de 1981 en Paramount (California), é un ex xogador americano de baloncesto profesional. Korver foi seleccionado para o NBA All-Star por vez primeira en 2015. Posúe o récord da NBA de máis partidos consecutivos anotando unha canatra tripla (con 127), e a maior porcentaxe de acerto en triplas nunha soa campaña da historia (co 53,6%).
![]() | |
Posición | Escolta / Ala |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 17 de marzo de 1981 (42 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 96 kg (212 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Pella (Iowa) |
Universidade | Creighton (1999–2003) |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 2 / Elección: 51 Por New Jersey Nets |
Carreira | 2003–2020 |
Historial de equipos | |
Philadelphia 76ers (2003–2007) Utah Jazz (2007–2010) Chicago Bulls (2010–2012) Atlanta Hawks (2012–2017) Cleveland Cavaliers (2017–2018) Utah Jazz (2018–2019) Milwaukee Bucks (2019–2020) | |
Premios e galardóns | |
1× NBA All-Star (2015) 1× Xogador máis deportivo (2015) |
Traxectoria Editar
Antes de ser o quinto máximo anotador da historia da Universidade de Creighton, Korver foi ao Pella High School en Iowa, onde máis tarde sería retirado o seu dorsal. Korver foi elixido na 51ª posición do Draft da NBA de 2003 polos New Jersey Nets, e os seus dereitos foron traspasados na noite do Draft aos Philadelphia 76ers a cambio dunha compensación económica.[1]
Competiu en 2004 e 2005 no concurso de triplas do All Star Weekend, quedando tercero e segundo nos concursos respectivamente. Na tempada 2004-05, Korver quedou empatado na primeira praza da liga en triplas con Quentin Richardson, ambos con 226, tamén récord na franquía dos 76ers.[2] Korver conseguiu a maior marca de anotación da súa carreira contra os Milwaukee Bucks o 24 de febreiro de 2006, con 31 puntos,[3] algo que repetiría o 21 de febreiro de 2007 contra os New York Knicks.[4] O 12 de xaneiro de 2006, anotou unha canastra no último segundo contra os Boston Celtics que mandou o partido á tripla prórroga, onde finalmente gañarían os 76ers. O 26 de decembro de 2007, Korver foi traspasado dos Philadelphia 76ers aos Utah Jazz a cambio de Gordan Giriček e unha futura elección de primeira rolda do Draft.[2][5]
O 13 de xullo de 2010, Korver asinou polos Chicago Bulls coma axente libre. Foi considerado un xogador para anotar triplas cando o partido está chegando ao seu final.[6][7] O 16 de xullo de 2012, Korver foi traspasado ós Atlanta Hawks a cambio dun trade exception e diñeiro.[8]
O 25 de xullo de 2019, Korver asinou cos Milwaukee Bucks.[9]
Notas Editar
- ↑ New Jersey Nets Transactions 2002–03
- ↑ 2,0 2,1 "Sixers Trade Korver to Jazz for Giricek, Future First-Rounder". Arquivado dende o orixinal o 13 de maio de 2010. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ "Korver's 31 Points Lifts 76ers Over Bucks". Arquivado dende o orixinal o 11 de novembro de 2012. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ Gelston, Dan (2007-02-21). "Korver Lights Up to Propel Sixers Past Knicks". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2011. Consultado o 2007-04-09.
- ↑ Sixers send Korver to Utah in Giricek swap
- ↑ Korver's clutch shot cools Heat First-Rounder
- ↑ "Sharpshooter Korver emerges as clutch performer". 23 de abril de 2011. Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de xuño de 2011.
- ↑ HAWKS ACQUIRE KYLE KORVER FROM THE BULLS
- ↑ "Bucks Sign Kyle Korver". Arquivado dende o orixinal o 28 de xullo de 2019. Consultado o 25 de xullo de 2019.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 04 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)