Grayson Allen

baloncestista estadounidense

Grayson James Allen, nado o 8 de outubro de 1995 en Jacksonville, Florida, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Phoenix Suns da National Basketball Association (NBA).

Grayson Allen
Phoenix Suns – No. 8
Posición Escolta
Información persoal
Nacemento 8 de outubro de 1995 (28 anos)
Florida Jacksonville, Florida
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 90 kg (198 lb)
Información da carreira
Instituto Providence School
(Jacksonville, Florida)
Universidade Duke (2014–2018)
NBA Draft 2018 / Rolda: 1 / Elección: 21
Por Utah Jazz
Carreira desde 2018
Historial de equipos
Utah Jazz (2018–2019)
Salt Lake City Stars (2018–2019)
Memphis Grizzlies (2019–2021)
Milwaukee Bucks (2021–2023)
Phoenix Suns (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 21 de xuño de 2018, Allen foi escollido na 21ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Utah Jazz. O 2 de xullo de 2018, asinou o seu contrato de rookie cos Jazz.[1] Debutou na NBA o 22 de outubro de 2018, facendo 7 puntos contra os Memphis Grizzlies.[2]

O 6 de xullo de 2019, Allen foi traspasado xunto a Darius Bazley, Jae Crowder, Kyle Korver e unha futura primeira elección do Draft ós Memphis Grizzlies, a cambio de Mike Conley Jr..[3]

O 6 de agosto de 2021, Allen foi traspasado ós Milwaukee Bucks a cambio de Sam Merrill e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[4]

O 27 de setembro de 2023, Allen foi traspasado xunto a Jusuf Nurkić, Nassir Little e Keon Johnson ós Phoenix Suns, nun traspaso entre tres equipos que enviou a Damian Lillard ós Milwaukee Bucks, e a Deandre Ayton, Jrue Holiday, Toumani Camara e unha elección da primeira rolda do Draft de 2029 ós Trail Blazers.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar