Damian Lillard
Damian Lamonte Ollie Lillard Sr., nado o 5 de xullo de 1990 en Oakland (California), é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Milwaukee Bucks da National Basketball Association (NBA).
Instituto
editarLillard xogou para ó Oakland High school, onde estivo no mellor equipo da liga nas súas tempadas coma júnior e coma sénior. Na súa tempada coma júnior, acadou 20 puntos, 4 rebotes e 4 asistencias por partido; coma sénior, fixo 28 puntos por partido, conseguindo chegar ós 45 puntos nun partido.[1]
Traxectoria universitaria
editarNa tempada 2008-09, o seu primeiro ano no baloncesto universitario, Lillard fixo 11.5 puntos por partido e liderou ós Wildcats a gañar a tempada regular da Big Sky Conference. Foi nomeado Freshman do Ano e foi incluído no primeiro equipo de toda a conferencia, sendo o primeiro freshman en facelo dende Rodney Stuckey en 2006.
Coma sophomore, Lillard levou o seu xogo a un nivel máis alto. Aumentou a súa anotación a 19.9 puntos por partido e liderou de novo ós Wildcats para gañar a conferencia na tempada regular. Ó remate da tempada, Lillard foi nomeado Xogador do Ano da Big Sky Conference e foi mención honorífica do equipo All-American por Associated Press.[2]
Na tempada 2010-11, Lillard tivo de novo un gran comezo. Porén, a súa tempada durou menos do previsto debido a unha lesión nun dos seus pés cando se levaban nove partidos disputados.[3] Ata ese intre, Lillard lideraba a Big Sky Conference con 19.7 puntos por partido antes de que a súa lesión o apartara durante o resto do ano.
Na 2011-12, coma júnior, Lillard liderou ós Wildcats a unha marca de 14-2. Ademais foi o líder en anotación en todo o país durante case toda a tempada,[4] con 24.5 puntos por partido ó remate da mesma. Os seus esforzos lle deron a súa terceira inclusión no primeiro equipo da conferencia e o seu segundo premio ó Xogador do Ano da Big Sky. Ademais, foi finalista do Premio Bob Cousy.[5] Pouco despois do remate da tempada, Lillard decidiu saltarse o seu ano coma sénior e declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[6] Lillard rematou a súa traxectoria universitaria sendo o segundo maior anotador da historia de Weber State con 1.934 puntos, e o quinto da historia da Big Sky.
Traxectoria profesional
editarO 28 de xuño de 2012, Lillard foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Portland Trail Blazers. No seu debut cos Blazers o 31 de outubro e 2012 contra os Los Angeles Lakers,[7] Lillard anotou 23 asistencias e repartiu 11 asistencias, converténdose no terceiro xogador da historia da liga en debutar facendo 20 puntos e 10 asistencias, despois de Oscar Robertson e Isiah Thomas.
Notas
editar- ↑ Damian Lillard BIO
- ↑ "Damian Lillard Named 2009-10 Big Sky MVP". weberstatesports.com. Consultado o 14 de decembro de 2011.
- ↑ "Lillard gets medical redshirt; Wildcat star's junior season restored". standard.net. Arquivado dende o orixinal o 25 de setembro de 2012. Consultado o 14 December 2011.
- ↑ "Weber State Eyes BracketBusters Win". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2015. Consultado o 01 de xullo de 2012.
- ↑ "Lillard Among Cousy Final Five". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2012.
- ↑ "Lillard Declares for NBA Draft". Arquivado dende o orixinal o 27 de outubro de 2014. Consultado o 01 de xullo de 2012.
- ↑ "Notebook: Blazers 116, Lakers 106". Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2012. Consultado o 01 de novembro de 2012.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 09 de maio de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)