Abrir o menú principal

Jrue Holiday

baloncestista estadounidense

Jrue Randall Holiday, nado o 12 de xuño de 1990 no barrio de Chatsworth (Os Ánxeles), é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA). É irmán do tamén xogador de baloncesto profesional Justin Holiday.

Jrue Holiday
20140101 Jrue Holiday.JPG
New Orleans Pelicans – No. 11
Base
Información persoal
Nacemento 12 de xuño de 1990 (29 anos)
Flag of California.svg Chatsworth (Os Ánxeles)
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 1,93 m (6 ft 4 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Salario 11 000 000 $ (2013-14)
Información da carreira
Universidade UCLA
NBA Draft 2009 / Rolda: 1 / Elección: 17

Por Philadelphia 76ers

Carreira dende 2009
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2009–2013)
New Orleans Pelicans (2013–presente)
Premios e galardóns
NBA All-Star (2013)
Información en nba.com

Traxectoria profesionalEditar

Holiday foi elixido na 17ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Philadelphia 76ers. Converteuse no base titular dos Sixers en marzo da tempada 2009-10. Cando Louis Williams regresou da súa lesión, Holiday perdeu o posto de titular durante uns partidos, pero cando os Sixers levaban unha xeira negativa, Holiday volveu ao posto de base titular, e o mantivo durante o resto da tempada. O 3 de abril de 2010, Holiday anotou 25 puntos contra os Toronto Raptors, a máxima anotación na súa carreira. O 5 de novembro dese mesmo ano, mellorou esa marca, anotando 29 puntos contra os Cleveland Cavaliers. O 2 de febreiro de 2011, conseguiu o seu primeiro triplo-dobre, con 11 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias na vitoria contra os New Jersey Nets.

O 24 de xaneiro de 2013, foi elixido para xogar o seu primeiro All-Star Game da NBA coma suplente. O 26 de xaneiro de 2013, superou a maior anotación da súa carreira ó anotar 35 puntos contra os New York Knicks.

O 12 de xullo de 2013, foi traspasado ós New Orleans Pelicans a cambio de Nerlens Noel e unha elección de primeira rolda do Draft de 2014.[1]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar