Justin Holiday

baloncestista estadounidense

Justin Alaric Holiday , nado o 5 de abril de 1989 no barrio de Mission Hills dos Ánxeles (California), é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga para os Atlanta Hawks da National Basketball Association (NBA). Cunha altura de 1,98 m e 84 kg de peso, Holiday pode xogar nas posicións de escolta e ala. O seu maior éxito é o anel de campión da NBA conseguido como membro dos Warriors na temporada 2014−15. É irmán do tamén xogador profesional Jrue Holiday.

Justin Holiday
Atlanta Hawks – No. 8
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 5 de abril de 1989 (35 anos)
California Os Ánxeles (California)
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 84 kg (185 lb)
Información da carreira
Instituto Campbell Hall (Studio City (Os Ánxeles)
Universidade Washington (2007–2011)
NBA Draft 2011 / Elección: Sen draftear
Carreira desde 2011
Historial de equipos
Okapi Aalstar (2011–2012) BLB (Bélxica)
Idaho Stampede (2012–2013) D-League
Philadelphia 76ers (2013)
Szolnoki Olaj (2013–2014) NB I/A (Hungría)
Golden State Warriors (2014–2015)
Santa Cruz Warriors (2014) D-League
Atlanta Hawks (2015–2016)
Chicago Bulls (2016)
New York Knicks (2016–2017)
Chicago Bulls (2017–2019)
Memphis Grizzlies (2019)
Indiana Pacers (2019–2022)
Sacramento Kings (2022)
Atlanta Hawks (2022–presente)
Premios e galardóns
Campión NBA (2015)

Traxectoria editar

Universidade editar

Xogou durante catro tempadas cos Huskies da Universidade de Washington, nas que fixo unha media de 5,3 puntos, 3,6 rebotes e 1,5 asistencias por partido.[1] Na súa última tempada foi elixido Defensor do Ano da Pacific Ten Conference.

Profesional editar

Tras non ser elixido no Draft da NBA de 2011, comezou a súa traxectoria profesional no Okapi Aalstar da liga belga, cos que xogou unha tempada na que fixo unha media de 7,3 puntos e 3,0 rebotes por partido. Ao ano seguinte regresou ao seu país para xogar nos Idaho Stampede da NBA D-League, completando unha tempada na que fixo unha media de 17,3 puntos e 5,3 rebotes por partido, sendo incluído no terceiro mellor quinteto da NBA D-League e no segundo quinteto defensivo.

En abril de 2013, asinou un contrato cos Philadelphia 76ers da NBA, onde coincidiu co seu irmán Jrue, disputando 9 partidos da tempada regular, nos que fixo unha media de 4,7 puntos e 1,7 asistencias por partido. En xullo de 2014, Holiday uniuse aos Golden State Warriors para a Liga de Verán da NBA, despois de gañar en Hungría o título de Liga e de Copa. O 8 de setembro de 2014, asinou un contrato para xogar cos Warriors. O 14 de novembro de 2014, foi asignado aos Santa Cruz Warriors, sendo reclamado ao día seguinte. Esa tempada consegue gañar o anel de campión co equipo californiano, axudando cunha media de 4,3 puntos e 1,2 rebotes en 59 partidos de liga regular. O 9 de xullo de 2015 anunciouse a súa fichaxe polos Atlanta Hawks.[2]

O 18 de febreiro de 2016, Holiday foi traspasado ós Chicago Bulls nun traspaso entre os Bulls, os Hawks e os Utah Jazz.[3]

O 22 de xuño de 2016, foi traspasado ós New York Knicks xunto a Derrick Rose e unha elección da segunda rolda do Draft de 2017, a cambio de José Calderón, Jerian Grant e Robin Lopez.[4]

O 3 de xaneiro de 2019, Holiday foi traspasado ós Memphis Grizzlies a cambio de MarShon Brooks, Wayne Selden Jr. e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[5]

O 31 de xullo de 2019, Holiday asinou cos Indiana Pacers.[6]

O 8 de febreiro de 2022, Holiday foi traspasado xunto a Domantas Sabonis, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.[7]

O 6 de xullo de 2022, Holiday e Maurice Harkless foron traspasados ós Atlanta Hawks a cambio de Kevin Huerter.[8]

Notas editar

  1. "Justin Holiday Stats". Sports Reference (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 13 de xullo de 2015. Consultado o 29 de xullo de 2015. 
  2. "Hawks Sign Justin Holiday To Multi-Year Contract". NBA.com. 9 de xullo de 2015. Consultado o 13 de xullo de 2015. 
  3. "Bulls acquire Justin Holiday". NBA.com. 18 de febreiro de 2016. Consultado o 18 de febreiro de 2016. 
  4. "Knicks Acquire Derrick Rose". NBA.com. 22 de xuño de 2016. Consultado o 22 de xuño de 2016. 
  5. "Memphis Grizzlies acquire Justin Holiday from Chicago Bulls". NBA.com. 3 de xaneiro de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2019. 
  6. "Pacers Sign Justin Holiday; Sign Naz Mitrou-Long to a Two-Way Contract". NBA.com. 31 de xullo de 2019. Arquivado dende o orixinal o 06 de agosto de 2019. Consultado o 31 de xullo de 2019. 
  7. "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022. 
  8. "Kings Acquire Kevin Huerter from Atlanta". NBA.com. 6 de xullo de 2022. Consultado o 7 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar