Louis Williams

baloncestista estadounidense

Louis Tyrone "Lou" Williams, nado o 27 de outubro de 1986 en Memphis, Tennessee, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional.

Louis Williams
Posición Escolta / Base
Información persoal
Nacemento 27 de outubro de 1986 (37 anos)
Memphis, Tennessee
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,85 m (6 ft 1 in)
Peso oficial 79 kg (175 lb)
Información da carreira
Instituto South Gwinnett (Snellville, Georgia)
NBA Draft 2015 / Rolda: 2 / Elección: 45
Por Philadelphia 76ers
Carreira 2005–2022
Historial de equipos
Philadelphia 76ers (2005–2012)
Fort Worth Flyers (2006)
Atlanta Hawks (2012–2014)
Toronto Raptors (2014–2015)
Los Angeles Lakers (2015–2017)
Houston Rockets (2017)
Los Angeles Clippers (2017–2021)
Atlanta Hawks (2021–2022)
Premios e galardóns

Traxectoria profesional editar

Philadelphia 76ers editar

Williams foi elixido na 45ª posición do Draft da NBA de 2005 polos Philadelphia 76ers. Na súa tempada de rookie, xogou en 30 partidos nos que fixo 1.9 puntos e 0.3 asistencias por encontro. Na seguinte tempada, foi enviado ós Fort Worth Flyers da NBA Development League o 28 de novembro de 2006. Tras facer un bo papel na D-League, Williams foi chamado de volta polos Sixers o 5 de decembro.

Durante a tempada 2007-08, Williams acadou 11.3 puntos, 3.2 asistencias e 2.0 rebotes por partido. Ó rematar a tempada, converteuse en axente libre restrinxido e asinou un novo contrato con Philadelphia de cinco anos e 25 millóns de dólares.[1]

Na tempada 2011-12, Williams liderou os Sixers en anotación con 14.9 puntos por partido malia non xogar ningún partido coma titular. Ó remate da tempada, rematou segundo na votación ó Sexto Home do Ano da NBA, por detrás de James Harden dos Oklahoma City Thunder.[2]

Atlanta Hawks editar

O 12 de xullo de 2012, Williams asinou cos Atlanta Hawks coma axente libre.[3] O 18 de xaneiro de 2013 nun partido contra os Brooklyn Nets, Williams mancouse o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo, o que lle fixo perderse o resto da tempada.

Williams non participou nos primeiros encontros da tempada 2013-14 debido ó seu proceso de recuperación, e volveu a xogar o 20 de novembro de 2013, anotando 6 puntos saíndo dende o banco. Rematou a tempada con 10.4 puntos, 3.5 asistencias e 2.1 rebotes por encontro.

Toronto Raptors editar

O 30 de xuño de 2014, Williams foi traspasado xunto ós dereitos de Lucas Nogueira ós Toronto Raptors, a cambio de John Salmons e unha elección da segunda rolda do Draft de 2015.[4] O 20 de abril de 2015, Williams gañou o galardón ó Sexto Home do Ano da NBA, converténdose no primeiro xogador da historia dos Raptors en conseguir dito premio.[5][6]

Estatísticas editar

Tempada regular editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2005–06 Philadelphia 30 4.8 .442 .222 .615 0.6 0.3 0.2 0.0 1.9
2006–07 Philadelphia 61 11.3 .441 .324 .696 1.1 1.8 0.4 0.0 4.3
2007–08 Philadelphia 80 23.3 .424 .359 .783 2.1 3.2 1.0 0.2 11.5
2008–09 Philadelphia 81 23.7 .398 .286 .790 2.0 3.0 1.0 0.2 12.8
2009–10 Philadelphia 64 29.9 .470 .340 .824 2.9 4.2 1.3 0.2 14.0
2010–11 Philadelphia 75 23.3 .406 .348 .823 2.0 3.4 0.6 0.2 13.7
2011–12 Philadelphia 64 26.3 .407 .362 .812 2.4 3.5 0.8 0.3 14.9
2012–13 Atlanta 39 28.7 .422 .367 .868 2.1 3.6 1.1 0.3 14.1
2013–14 Atlanta 60 24.1 .400 .342 .849 2.1 3.5 0.8 0.1 10.4
2014–15 Toronto 80 25.2 .404 .340 .861 1.9 2.1 1.1 0.1 15.5
Total 634 22.9 .416 .341 .816 2.0 2.9 0.9 0.2 11.9

Playoffs editar

Tempada Equipo PX MIN %TC %3P %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2008 Philadelphia 6 22.5 .400 .222 .733 2.0 2.0 1.0 0.0 12.0
2009 Philadelphia 6 24.8 .412 .375 .667 2.5 2.8 0.5 0.2 9.7
2011 Philadelphia 5 26.0 .327 .300 .737 1.6 3.0 1.0 0.0 10.8
2012 Philadelphia 13 27.5 .352 .167 .788 2.1 3.0 1.0 0.0 11.5
2014 Atlanta 7 19.0 .380 .313 .938 2.3 1.1 1.0 0.1 8.3
2015 Toronto 4 25.5 .314 .190 .833 1.8 1.3 1.5 0.1 12.8
Total 41 24.6 .362 .238 .780 2.1 2.3 1.0 0.1 10.8

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar