Nickeil Alexander-Walker
Nickeil Alexander-Walker, nado o 2 de setembro de 1998 en Toronto, Ontario, é un xogador de baloncesto profesional canadense que xoga nos Minnesota Timberwolves da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Minnesota Timberwolves – No. 9 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 2 de setembro de 1998 (25 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 93 kg (205 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Vaughan Secondary School (Vaughan, Ontario) St. Louis Christian Academy (St. Louis, Missouri) Hamilton Heights Christian Academy (Chattanooga, Tennessee) |
Universidade | Virginia Tech (2017–2019) |
NBA Draft | 2019 / Rolda: 1 / Elección: 17 Por Brooklyn Nets |
Carreira | desde 2019 |
Historial de equipos | |
New Orleans Pelicans (2019–2022) → Erie BayHawks (2020) Utah Jazz (2022–2023) Minnesota Timberwolves (2023–presente) |
Traxectoria profesional Editar
O 20 de xuño de 2019, Alexander-Walker foi escollido na 17ª posición do Draft da NBA de 2019 polos Brooklyn Nets, e os seus dereitos foron traspasados ós Atlanta Hawks xunto a Allen Crabbe e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio de Taurean Prince e unha elección da segunda rolda do Draft de 2021.[1] Ese mesmo día, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós New Orleans Pelicans xunto ós dereitos da 8ª elección Jaxson Hayes, os dereitos da 35ª elección Marcos Louzada Silva e unha elección da primeira rolda do Draft de 2020, a cambio dos dereitos da cuarta elección do Draft De'Andre Hunter e Solomon Hill. O traspaso fíxose oficial o 7 de xullo de 2019.[2] O día seguinte, Alexander-Walker asinou cos Pelicans.[3] Debutou na NBA cos Pelicans o 22 de outubro de 2019, na derrota de New Orleans por 130–122 contra os Toronto Raptors.[4]
O 8 de febreiro de 2022, Alexander-Walker foi traspasado xunto a Josh Hart, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022 ós Portland Trail Blazers a cambio de CJ McCollum, Larry Nance Jr. e Tony Snell.[5] Un día máis tarde, Alexander-Walker foi traspasado de novo, desta vez ós Utah Jazz nun traspaso entre tres equipos.[6]
Notas Editar
- ↑ "Atlanta Hawks Acquire Allen Crabbe And Conditional 2020 First-Round Pick From Brooklyn Nets". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019.
- ↑ "Pelicans acquire rights to Alexander-Walker, Hayes, Silva". NBA.com. 7 de xullo de 2019.
- ↑ "Pelicans sign Hayes and Alexander-Walker". NBA.com. 7 de xullo de 2019. Consultado o 7 de xullo de 2019.
- ↑ "VanVleet scores career-high 34, Raptors top Pelicans 130–122". ESPN.com. 22 de outubro de 2019. Consultado o 22 de outubro de 2019.
- ↑ "Trail Blazers Complete Trade With New Orleans" (Nota de prensa). Portland Trail Blazers. 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "Jazz Acquire Alexander-Walker and Hernangomez". NBA. Consultado o 9 de febreiro de 2022.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference Arquivado 24 de outubro de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)