Taurean Prince

baloncestista estadounidense

Taurean Waller-Prince, nado o 22 de marzo de 1994 en San Marcos, Texas, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).

Taurean Prince
Los Angeles Lakers – No. 12
Posición Ala
Información persoal
Nacemento 22 de marzo de 1994 (30 anos)
Texas San Marcos, Texas
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 99 kg (218 lb)
Información da carreira
Instituto Earl Warren (San Antonio, Texas)
Universidade Baylor (2012–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 12
Por Utah Jazz
Carreira desde 2016
Historial de equipos
Atlanta Hawks (2016–2019)
Long Island Nets (2016–2017)
Brooklyn Nets (2019–2021)
Cleveland Cavaliers (2021)
Minnesota Timberwolves (2021–2023)
Los Angeles Lakers (2023–presente)

Traxectoria profesional editar

O 23 de xuño de 2016, Prince foi seleccionado na 12ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Utah Jazz. O 7 de xullo de 2016 foi traspasado ós Atlanta Hawks nun traspaso entre tres equipos.[1] Durante a súa tempada de rookie, foi asignado en varias ocasións ós Long Island Nets da NBA Development League.[2]

O 6 de xullo de 2019, Prince foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2021 ós Brooklyn Nets, a cambio de Allen Crabbe, os dereitos do Draft de Nickeil Alexander-Walker e unha elección protexida da primeira rolda do Draft de 2020.[3]

O 14 de xaneiro de 2021, Prince foi traspasado ós Cleveland Cavaliers nun traspaso entre tres equipos que mandou a James Harden ós Nets.[4]

O 3 de agosto de 2021, Prince foi traspasado xunto a unha elección da segunda rolda do Draft de 2022 ós Minnesota Timberwolves a cambio de Ricky Rubio.[5]

O 6 de xullo de 2023, Prince asinou cos Los Angeles Lakers.[6]

Notas editar

  1. "Hawks Acquire Draft Rights To Taurean Prince". NBA.com. 5 de xullo de 2016. Consultado o 5 de xullo de 2016. 
  2. "2016-17 NBA Assignments". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 26 de xaneiro de 2017. Consultado o 11 de marzo de 2017. 
  3. "BROOKLYN NETS ACQUIRE TAUREAN PRINCE AND 2021 SECOND ROUND DRAFT PICK FROM ATLANTA". NBA.com. 6 de xullo de 2019. Consultado o 6 de xullo de 2019. 
  4. "Brooklyn Nets Acquire James Harden". NBA.com. 14 de xaneiro de 2021. Consultado o 14 de xaneiro de 2021. 
  5. "Cavaliers Acquire Ricky Rubio from the Minnesota Timberwolves". NBA.com. 3 de agosto de 2021. 
  6. "Los Angeles Lakers Sign Taurean Prince". NBA. Consultado o 6 de xullo de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar