Indiana Pacers

equipo de baloncesto profesional con base en Indianapolis (Indiana, EUA)

Os Indiana Pacers son un equipo de baloncesto profesional con base en Indianapolis, Indiana. Son membros da División Central da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus partidos coma locais no Bankers Life Fieldhouse.

Indiana Pacers
Indiana Pacers logo
Indiana Pacers logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Central
Fundación 1967 (na NBA desde 1976)
Cores                     Amarelo, azul
G League Fort Wayne Mad Ants
Retirados 5 (30, 31, 34, 35, 529)
Localización
Cidade Indiana Indianapolis, Indiana
Pavillón Bankers Life Fieldhouse
Capacidade 18.165 espectadores
Inauguración 6 de novembro de 1999
Persoal
Propietario(s) Herb Simon
Presidente Larry Bird
Director Kevin Pritchard
Adestrador Rick Carlisle
Títulos
Campión ABA: 3 (1970, 1972, 1973)
NBA: 0
Conferencia ABA: 5 (1969, 1970, 1972, 1973, 1975)
NBA: 1 (2000)
División ABA: 3 (1969, 1970, 1971)
NBA: 6 (1995, 1999, 2000, 2004, 2013, 2014)
pacers.com

Os Indiana Pacers comezaron a xogar en 1967 coma membros da American Basketball Association (ABA), onde gañaron tres campionatos. En 1976, os Pacers pasaron da ABA á NBA cando o equipo e a organización comezaron a virse abaixo. Os Pacers veron de novo o éxito coa adquisición de Reggie Miller. Tras a aparición nas Finais da NBA do ano 2000, os Pacers non tiveron moito máis éxito nos playoffs.

Historia

editar

1967-1976: Éxito na ABA

editar

A comezos de 1967, un grupo de seis investidores (Richard Tinkham, John DeVoe, Chuck DeVoe, o axente deportivo Chuck Barnes e o redactor deportivo Bob Collins) uníronse para formar unha franquía na American Basketball Association (ABA).

Nos primeiros sete anos, xogaron no Indiana State Fairgrounds Coliseum, agora chamado Pepsi Coliseum. En 1974, comezaron a xogar no Market Square Arena, no centro de Indianapolis, onde estiveron durante 25 anos.

A comezos da segunda tempada dos Pacers, Bobby Leonard converteuse no adestrador principal do equipo, substituíndo a Larry Staverman. Leonard mellorou moito ao equipo, con grandes xogadores coma Jimmy Rayl, Mel Daniels, George McGinnis, Bob Netolicky, Rick Mount e Roger Brown. Os Pacers remataron como o equipo con máis éxito na historia da ABA, con tres campionatos en catro anos. Ademais, apareceron en cinco Finais da ABA nos nove anos de historia da liga.

1976-1987: Comezos na NBA

editar

Os Pacers foron un dos catro equipos que chegaron á NBA en 1976. Para a tempada 1976-77, chegaron da ABA, á parte dos Pacers, os New York Nets, os Denver Nuggets e os San Antonio Spurs. Respecto ao diñeiro, os Pacers eran o equipo máis débil dos catro que chegaron da ABA. Estes problemas financeiros xa eran notables nos últimos anos na ABA, cando tiveron que vender a algúns dos seus mellores xogadores. A NBA cobraba 3'2 millóns de dólares a cada equipo que chegaba da ABA. Ademais, coma cada tempada só podían pasar catro equipos da ABA á NBA, os Pacers, xunto aos outros tres equipos que chegaron á liga, tiveron que compensar economicamente aos dous equipos que non puideron entrar.

Coma resultado do alto prezo que pagaron para entrar na NBA, os Pacers estaba nunha grave situación económica. Un grupo de comerciantes locais proporcionou 100.000 dólares en xuño de 1977. O equipo anunciou que, a non ser que as vendas de entradas superaran as 8.000 ao remate de xullo de 1977, a franquía tiña que ser vendida. A televisión que ofrecía os partidos dos Pacers, a WTTV, fixo un programa de 16 horas e media de duración para recadar fondos para manter o equipo en Indiana. Comezou o 3 de xullo de 1977 e rematou ao día seguinte, e conseguiron vender as 8.000 entradas. En parte debido a isto, a media de asistencia subiu de 7.615 a 10.982 durante a tempada 1977-78.[1]

Os Pacers remataron a súa primeira tempada na NBA cun récord de 36-46. Billy Knight e Don Buse representaron a Indiana no All-Star Game da NBA. Porén, este feito foi tan só un dos poucos salientables nos primeiros 13 anos dos Pacers na NBA. Durante este tempo, só conseguiron tres tempadas cun récord positivo e clasificáronse dúas veces para os playoffs. Antes do comezo da tempada 1977-78, Knight e Buse foron traspasados. Adquiriron a Adrian Dantley a cambio de Knight, pero Dantley (que facía preto de 27 puntos por partido daquela) foi traspasado en decembro, mentres que o segundo máximo anotador do equipo, John Williamson, foise en xaneiro.

En 1980, traspasaron a Alex English aos Denver Nuggets para adquirir de novo á antiga estrela da ABA, George McGinnis, quen contribuíu moi pouco nos dous seguintes anos en Indiana. English, en cambio, converteuse nun dos grandes anotadores da historia da NBA. Ó ano seguinte, mandaron unha elección do Draft de 1984 aos Portland Trail Blazers, a cambio do pivote Tom Owens, quen tan só xogou un ano nos Pacers. Este traspaso foi aínda peor tres anos máis tarde. Na tempada 1983-84, os Pacers remataron co peor récord da Conferencia Leste, o cal lles deu a segunda elección no Draft. Ese eleccións, traspasada tres anos antes aos Blazers, a usaron os de Portland para escoller a Sam Bowie, mentres Michael Jordan estaba aínda dispoñible.

Clark Kellogg foi escollido no Draft de 1982 polos Pacers, e rematou segundo na votación para o Rookie do Ano, pero Indiana rematou a tempada 1982-83 coa terceira peor marca da súa historia, 20-62, e tan só gañou 26 partidos na seguinte tempada. Tras gañar 22 partidos na 1984-85 e 26 na 1985-86, Jack Ramsay substituíu a George Irvine coma adestrador, e liderou aos Pacers cunha marca de 41-41 en 1986-87, e a clasificarse para playoffs por segunda vez dende que chegaron á NBA. Chuck Person, liderou ao equipo en anotación coma rookie, e foi nomeado Rookie do Ano da NBA. A primeira vitoria en playoffs da súa historia, chegou no 4º partido da primeira rolda contra os Atlanta Hawks, única vitoria nunha serie a cinco partidos, que Atlanta gañou por 3-1.

1987-2003: Era Reggie Miller

editar

Reggie Miller foi elixido no Draft da NBA polos Pacers en 1987, e comezou a súa carreira coma suplente de John Long. Moitos seareiros non estiveron nese intre de acordo coa selección de Miller, xa que preferían a Steve Alford, da Universidade de Indiana. Os Pacers non entraron nos Playoffs na tempada 1987-88, elixiron no Draft a Rik Smits en 1988, e sufriron unha desastrosa tempada 1988-99, na cal o adestrador Jack Ramsay dimitiu despois dun comezo de 0-7. Mel Daniels e George Irvine levaron o equipo antes de que Dick Versace se convertese en adestrador, e pasou dun récord de 6-23 a un de 28-54 ao remate da tempada. En febreiro de 1989, os Pacers traspasaron ao pivote Herb Williams aos Dallas Mavericks, a cambio do futuro Mellor Sexto Home da NBA, Detlef Schrempf.

Larry Brown foi fichado coma adestrador dos Pacers para a tempada 1993-94, e o director xeral Donnie Walsh completou un traspaso moi criticado no momento, ao enviar a Schrempf aos Seattle SuperSonics a cambio de Derrick McKey e o pouco coñecido Gerald Paddio. Pero os Pacers, que comezaron a tempada co típico récord baixo, gañaron os seus últimos oito partidos da tempada, conseguindo así 47 vitorias, a mellor marca da franquía na NBA por aquel entón. Conseguiron gañar a Shaquille O'Neal e os seus Orlando Magic por 4-0 na súa primeira vitoria nunhas series de Playoffs, e gañaron aos Atlanta Hawks, primeiro clasificado na tempada regular, nas semifinais de conferencia.

Os Indiana Pacers, e particularmente Reggie Miller, puxeron finalmente o seu nome no máis alto nas Finais da Conferencia Leste de 1994. Coas series empatadas 2-2, o 5º partido se xogaba en Nova York, e Miller tivo a primeira de varias actuacións lendarias en playoffs. Cos Pacers perdendo de 15 puntos contra os Knicks no derradeiro cuarto, Miller anotou 25 puntos no 4º cuarto, incluíndo cinco triplas. Os Knicks gañaron os dous seguintes partidos e as series, pero Miller converteuse nunha estrela da NBA. Miller foi ademais o máximo anotador da selección dos Estados Unidos que gañou a medalla de ouro no Mundial da FIBA de 1994.

Mark Jackson chegou ao equipo nun traspaso cos Los Angeles Clippers, dándolle a Indiana unha boa man no posto de base, que estivo moi frouxo nos anos anteriores. Na tempada 1994-95, os Pacers fixeron unha marca de 52-30, conseguindo o seu primeiro título da División Central, e a súa primeira tempada de máis de 50 vitorias dende os tempos da ABA. O equipo pasou por enriba dos Hawks na primeira rolda, antes de enfrontarse outra vez cos seus rivais, os Knicks, nas semifinais da conferencia. Miller fixo outra vez unha actuación memorable. Desta vez, cos Pacers perdendo de seis puntos a falta de 16.4 segundos para o remate do partido, Miller anotou 8 puntos en 8.9 segundos para darlles a vitoria por dous puntos aos Pacers. Os Pacers derrotaron finalmente ós Knicks, e perderon nas Finais da Conferencia Leste contra os Orlando Magic en sete partidos.

Na tempada 1997-98, os Pacers elixiron a Larry Bird coma adestrador, e conseguiron un novo récord da franquía, rematando con 58-24. Chris Mullin chegou ó equipo en verán, e inmediatamente se converteu nunha parte importante do quinteto dos Pacers, e no aleiro titular. Os adestradores asistentes Rick Carlisle, encargado do ataque, e Dick Harter, encargado da defensa, foron clave en conseguir o mellor de xogadores coma Dale Davis, Antonio Davis e Derrick McKey. Reggie Miller e Rik Smits foron ao All-Star ese ano, e nos playoffs, os Pacers gañaron aos Cleveland Cavaliers e aos New York Knicks antes de caer contra os Chicago Bulls nunha épica final da Conferencia Leste.

Na tempada 1998-99, acortada polo lockout, os Pacers gañaron a División Central cun récord de 33-17, e gañaron aos Milwaukee Bucks e aos Philadelphia 76ers antes de caer cos New York Knicks nas finais da Conferencia Leste en seis partidos. Os Pacers traspasaron ao popular aleiro Antonio Davis aos Toronto Raptors a cambio da elección da primeira rolda do Draft Jonathan Bender, un traspaso que xerou moita controversia entre os seareiros dos Pacers. Pero nos Playoffs do ano 2000, tras un récord de 56-26 en tempada regular, os Pacers gañaron aos Bucks na primeira rolda, aos 76ers na segunda rolda, e finalmente chegaron ás Finais da NBA tras gañar nas Finais do Leste aos Knicks en seis partidos.

A súa primeira aparición nas Finais foi contra os Los Angeles Lakers, quen demostraron ser moi superiores, e acabaron coas esperanzas dos Pacers en seis partidos. Porén, os Pacers conseguiron unha vitoria por 33 puntos no 5º partido, a peor derrota dos Lakers nun partido de playoffs nese momento.

Na metade da tempada 2001-02, os Pacers fixeron un traspaso cos Chicago Bulls que mandou a Jalen Rose e Travis Best a Chicago, a cambio de Brad Miller, Ron Artest, Kevin Ollie e Ron Mercer. Brad Miller e Ron Artest chegaron a ser grandes estrelas nos seguintes anos para os Pacers. O traspaso reforzou a un equipo que loitaba por manterse a flote, e os Pacers chegaron de novo a playoffs, levaron aos New Jersey Nets, mellor equipo da tempada regular, ata o 5º partido, pero acabaron perdendo as series tras dúas prórrogas. Jermaine O'Neal fixo a súa primeira aparición no All-Star ese ano, sen deixar ningunha dúbida de que o traspaso de Dale Davis a Portland a cambio del fora unha boa idea.

Pavillóns

editar
 

Os Indiana Pacers xogan os seus partidos coma locais no Bankers Life Fieldhouse dende 1999. O Bankers Life Fieldhouse está situado no centro da cidade de Indianapolis, e ten 18.165 asientos para os partidos de baloncesto, ademais de ter concertos. Comezouse a construír o 22 de xullo de 1997. Coñecido anteriormente coma Conseco Fieldhouse, inaugurouse oficialmente o 6 de novembro de 1999, e ten o nome actual dende o 22 de decembro de 2011. É considerada unha das mellores canchas da NBA. Antes de xogar no Bankers Life Fieldhouse, os Pacers xogaban os seus partidos no Market Square Arena de 1974 a 1999 e no Indiana State Fairgrounds Coliseum (agora coñecido coma Pepsi Coliseum) de 1967 a 1974.

Xogadores

editar

Equipo actual

editar
Indiana Pacers 2023–2024
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
B/E 10   Brown, Kendall 2.03 m (6 ft 8 in) 93 kg (205 lb) Baylor
B/E 0   Haliburton, Tyrese 1.96 m (6 ft 5 in) 84 kg (185 lb) Iowa State
AP/P 22   Jackson, Isaiah 2.08 m (6 ft 10 in) 93 kg (205 lb) Kentucky
A/AP 16   Johnson, James 2.01 m (6 ft 7 in) 109 kg (240 lb) Wake Forest
E/A 00   Mathurin, Bennedict 2.01 m (6 ft 7 in) 95 kg (210 lb) Arizona
B/E 9   McConnell, T. J. 1.85 m (6 ft 1 in) 86 kg (190 lb) Arizona
E/A 2   Nembhard, Andrew 1.96 m (6 ft 5 in) 87 kg (191 lb) Gonzaga
E/A 23   Nesmith, Aaron 1.96 m (6 ft 5 in) 98 kg (215 lb) Vanderbilt
B/E 26   Sheppard, Ben 1.98 m (6 ft 6 in) 86 kg (190 lb) Belmont
A/AP 43   Siakam, Pascal 2.06 m (6 ft 9 in) 111 kg (245 lb) New Mexico State
AP/P 25   Smith, Jalen 2.06 m (6 ft 9 in) 98 kg (215 lb) Maryland
A/AP 1   Toppin, Obi 2.06 m (6 ft 9 in) 100 kg (220 lb) Dayton
P 44   Tshiebwe, Oscar 2.06 m (6 ft 9 in) 118 kg (260 lb) Kentucky
AP/P 33   Turner, Myles 2.11 m (6 ft 11 in) 113 kg (250 lb) Texas
A/AP 5   Walker, Jarace 2.03 m (6 ft 8 in) 109 kg (240 lb) Houston
B/E 21   Wong, Isaiah 1.93 m (6 ft 4 in) 84 kg (185 lb) Miami (FL)
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  •   Mancado

Cadro
Actualizado: 25-02-2024


Hall of Fame e dorsais retirados

editar
Xogadores no Basketball Hall of Fame e dorsais retirados dos Indiana Pacers
Xogadores
Número Nome Posicións Tempadas Ano elixido Número Nome Posicións Tempadas Ano elixido
17 Chris Mullin E/A 1997–2000 2011 22 Alex English A/AP 1978–1980 1997
30 George McGinnis A/AP 1971–1975, 1980–1982 - 31 Reggie Miller B/E 1987–2005 -
34 Mel Daniels P 1968–1974 - 35 Roger Brown A/AP 1967–74 -
Empregados
Número Nome Posicións Tempadas Ano elixido Número Nome Posicións Tempadas Ano elixido
529 Bobby Leonard Adestrador 1968–1980 - - Jack Ramsay Adestrador 1986–1988 1992
Larry Brown Adestrador 1993–1997 2002 - Larry Bird Adestrador 1997–2000 1998
Isiah Thomas Adestrador 2000–2003 2000
Membros do Basketball Hall of Fame
Dorsal retirado oficialmente polo equipo

Estatísticas

editar

Líderes da franquía

editar

Por partido

editar

Por 48 minutos

editar

Galardóns individuais

editar
  1. "Indiana Pacers' history (articles)". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 29 de decembro de 2011. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar