Tyrese Haliburton
baloncestista estadounidense
Tyrese Haliburton, nado o 29 de febreiro de 2000 en Oshkosh, Wisconsin, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Indiana Pacers – No. 0 | |
Posición | Base / Escolta |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 29 de febreiro de 2000 (23 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,96 m (6 ft 5 in) |
Peso oficial | 84 kg (185 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Oshkosh North (Oshkosh, Wisconsin) |
Universidade | Iowa State (2018–2020) |
NBA Draft | 2020 / Rolda: 1 / Elección: 12 Por Sacramento Kings |
Carreira | dende 2020 |
Historial de equipos | |
Sacramento Kings (2020–2022) Indiana Pacers (2022–presente) |
Traxectoria Editar
Haliburton foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2020 polos Sacramento Kings.[1] O 27 de novembro de 2020, Haliburton asinou cos Kings.[2] O 23 de decembro de 2020, Haliburton debutou na NBA na vitoria dos Kings por 124–122 contra os Denver Nuggets, facendo 12 puntos e 4 asistencias.[3]
O 8 de febreiro de 2022, Haliburton foi traspasado xunto a Buddy Hield e Tristan Thompson ós Indiana Pacers, a cambio de Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[4]
Notas Editar
- ↑ "Kings Select Tyrese Haliburton in the First Round of the 2020 NBA Draft". NBA.com. 18 de novembro de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020.
- ↑ "Kings Sign Tyrese Haliburton". NBA.com. 27 de novembro de 2020. Consultado o 27 de novembro de 2020.
- ↑ "Hield tip-in leads Kings to 124–122 overtime win in Denver". ESPN.com. 23 de decembro de 2020. Consultado o 23 de decembro de 2020.
- ↑ "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022.
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 27 de xaneiro de 2022 en Wayback Machine. (en inglés)