Tristan Thompson
Tristan Trevor James Thompson, nado o 13 de marzo de 1991 en Brampton, Ontario, Canadá, é un xogador canadense de baloncesto profesional que xoga nos Los Angeles Lakers da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Los Angeles Lakers – No. 9 | |
Posición | Pivote / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 13 de marzo de 1991 (32 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
Peso oficial | 115 kg (254 lb) |
Información da carreira | |
Universidade | Texas (2010–2011) |
NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 4 Por Cleveland Cavaliers |
Carreira | dende 2011 |
Historial de equipos | |
Cleveland Cavaliers (2011−2020) Boston Celtics (2020−2021) Sacramento Kings (2021−2022) Indiana Pacers (2022) Chicago Bulls (2022) Los Angeles Lakers (2023−presente) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión NBA (2016) 2º Equipo de Rookies NBA (2012) |
Traxectoria Editar
O 23 de xuño de 2011, Thompson foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Cleveland Cavaliers. O 9 de decembro asinou o seu contrato cos Cavaliers. Thompson fixo o seu debut coma profesional contra o equipo da súa cidade natal, os Toronto Raptors, o 26 de decembro de 2011. Xogou 17 minutos comezando coma suplente, nos cales anotou 12 puntos e capturou 5 rebotes. Thompson e o seu compañeiro de equipo Kyrie Irving foron elixidos para xogar o Rising Stars Challenge de 2012. Porén, Thompson xogou para o Team Shaq, e Irving para o Team Chuck. Thompson liderou ó Team Shaq con 20 puntos anotados. Na súa tempada coma rookie, fixo unha media de 8,2 puntos e 6,5 rebotes en 23,7 minutos por partido. Foi incluído no segundo equipo de Rookies da NBA, converténdose no primeiro xogador canadense en estar nun dos mellores equipos de rookies ao remate da tempada.
O 30 de novembro de 2020, Thompson asinou cos Boston Celtics.[1]
O 7 de agosto de 2021, Thompson foi traspasado ós Sacramento Kings nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Atlanta Hawks.[2]
O 8 de febreiro de 2022, Thompson foi traspasado xunto a Tyrese Haliburton e Buddy Hield ós Indiana Pacers, a cambio de Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023.[3] O 17 de febreiro, os Pacers chegaron a un acordo con Thompson para rescindir o seu contrato.[4]
O 19 de febreiro de 2022, Thompson asinou cos Chicago Bulls.[5]
Véxase tamén Editar
Ligazóns externas Editar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 10 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)
- ↑ "Celtics Sign Jeff Teague, Tristan Thompson". nba.com/celtics. Consultado o 30 de novembro de 2020.
- ↑ "Kings Acquire Tristan Thompson". NBA.com. 7 de agosto de 2021.
- ↑ "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022.
- ↑ "Pacers Waive Tristan Thompson". NBA. Consultado o 17 de febreiro de 2022.
- ↑ "Bulls release McKinnie; sign Thompson". NBA. Consultado o 19 de febreiro de 2022.