Jeremy Lamb
Jeremy Emmanuel Lamb, nado en Henrico, Virxinia, o 30 de maio de 1992, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA).
(2019) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de maio de 1992 (32 anos) Norcross, Estados Unidos de América (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Norcross High School (en) Universidade de Connecticut (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 196 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 84 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2012 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 3 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Houston Rockets | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
outubro de 2019 | Temporada da NBA de 2019–20 (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
16 de outubro de 2018 | Tempada 2018-19 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
17 de outubro de 2017 | Tempada 2017-18 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
25 de outubro de 2016 | Tempada 2016-17 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
27 de outubro de 2015 | Tempada 2015-16 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
28 de outubro de 2014 | Tempada 2014-15 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
29 de outubro de 2013 | Tempada 2013-14 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
30 de outubro de 2012 | Tempada 2012-13 da NBA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria
editarLamb foi ó Norcross High School da súa vila natal, onde foi capitán do equipo de baloncesto, e fixo 20 puntos e 6 rebotes por partido, liderando a Norcross ó campionato rexional, ó Elite 8 dos playoffs do Estado, e a unha marca final de 27-3. Tras chamar a atención do adestrador Jim Calhoun, uniuse ós UConn Huskies para a universidade.[1]
Durante o seu primeiro ano en Connecticut, Lamb xogou en todos os partidos. Acadou 11.1 puntos por partido, segundo máximo anotador do equipo tras Kemba Walker.[2] Conseguiu a máxima anotación da súa carreira contra Marquette o 25 de xaneiro de 2011, tras anotar 24 puntos.[3] No torneo da Big East de 2011, Lamb fixo 14.2 puntos e axudou ós Huskies a gañar o torneo, e conseguir a terceira praza para o Torneo da NCAA.
No Torneo da NCAA de 2011, Lamb aumentou a súa anotación ata 16.2 puntos por partido, e igualou a súa máxima anotación con 24 puntos contra San Diego State no Sweet 16, o 24 de marzo de 2011.[3] No partido polo título nacional, anotou 12 puntos e capturou 7 rebotes na vitoria dos Huskies contra Butler por 53-41.
A tempada de 2011-12 foi algo decepcionante para Lamb e para UConn. Malia o gran talento do equipo, non puideron conseguir unha marca positiva de vitorias durante a tempada regular, e foron eliminados na primeira rolda do Torneo da NCAA tras perder contra os Iowa State Cyclones. Tras a tempada de 2012, Lamb declarouse elixible para o Draft da NBA de 2012.[4]
NBA
editarO 28 de xuño de 2012, Lamb foi elixido na 12ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Houston Rockets. O 27 de outubro de 2012, Lamb foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a Kevin Martin e varias futuras eleccións do Draft a cambio de Cole Aldrich, Daequan Cook e James Harden.[5]
O 25 de xuño de 2015, Lamb foi traspasado ós Charlotte Hornets a cambio de Luke Ridnour e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016.[6] O 2 de novembro e 2015, acordou unha extensión de contrato cos Hornets por tres anos e 21 millóns de dólares.[7]
O 7 de xullo de 2019, Lamb asinou cos Indiana Pacers.[8]
O 8 de febreiro de 2022, Lamb foi traspasado xunto a Domantas Sabonis, Justin Holiday e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.[9]
Notas
editar- ↑ "Father of UConn's Jeremy Lamb once beat Jim Calhoun for VCU". USA Today. 2011-04-01. Consultado o 2011-04-05.
- ↑ "UConn Huskies Team Stats". ESPN. Consultado o 2011-04-05.
- ↑ 3,0 3,1 "Jeremy Lamb Stats". ESPN. Consultado o 2011-04-05.
- ↑ "Most Popular E-mail Newsletter". USA Today. 2012-04-10.
- ↑ "Thunder trade Harden to Rockets for Martin, Lamb and picks". Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de outubro de 2012.
- ↑ "Hornets Acquire Jeremy Lamb from OKC for Ridnour and 2nd Round Pick". NBA.com. 25 de xuño de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2015.
- ↑ Hornets Sign Guard Jeremy Lamb To Contract Extension
- ↑ "Pacers Sign Jeremy Lamb". NBA.com. 7 de xullo de 2019.
- ↑ "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 08 de outubro de 2015 en Wayback Machine. (en inglés)
- Biografía nos UConn Huskies (en inglés)