Domantas Sabonis

baloncestista lituano

Domantas Sabonis, nado o 3 de maio de 1996 en Portland, Oregón, é un xogador lituano de baloncesto profesional que xoga nos Sacramento Kings da National Basketball Association (NBA). É o fillo de Arvydas Sabonis, membro do Basketball Hall of Fame.

Domantas Sabonis
Sacramento Kings – No. 10
Posición Pivote / Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 3 de maio de 1996 (28 anos)
Portland, Oregón
Nacionalidade Lituania Lituania / Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,08 m (6 ft 10 in)
Peso oficial 114 kg (252 lb)
Información da carreira
Universidade Gonzaga (2014–2016)
NBA Draft 2016 / Rolda: 1 / Elección: 11
Por Orlando Magic
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Unicaja Málaga (2012–2014)
CB Axarquía (2012–2013)
Oklahoma City Thunder (2016–2017)
Indiana Pacers (2017–2022)
Sacramento Kings (2022–presente)

Traxectoria profesional

editar

Sabonis foi elixido na 11ª posición do Draft da NBA de 2016 polos Orlando Magic.[1] Na mesma noite do Draft foi traspasado ós Oklahoma City Thunder xunto a Ersan İlyasova e Victor Oladipo, a cambio de Serge Ibaka.[2]

O 6 de xullo de 2017, Sabonis foi traspasado xunto a Victor Oladipo ós Indiana Pacers, a cambio de Paul George.[3]

O 8 de febreiro de 2022, Sabonis foi traspasado xunto a Justin Holiday, Jeremy Lamb e unha elección da segunda rolda do Draft de 2023 ós Sacramento Kings, a cambio de Tyrese Haliburton, Buddy Hield e Tristan Thompson.[4] O día seguinte, Sabonis debutou cos Kings na vitoria por 132–119 sobre os Minnesota Timberwolves, facendo 22 puntos, 14 rebotes e 5 asistencias.[5]

  1. "NBA duris pravėrė antras Sabonis: Domantui – 11-as šaukimas!". Krepsinis.lt (en lituano). Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  2. "Domantas Sabonis traded to Oklahoma City Thunder in deal sending Serge Ibaka to Orlando: report". Oregon Live. 23 de xuño de 2016. Consultado o 24 de xuño de 2016. 
  3. "Pacers Acquire Oladipo and Sabonis". NBA.com. 6 de xullo de 2017. Consultado o 6 de xullo de 2017. 
  4. "Kings Acquire Domantas Sabonis, Justin Holiday, Jeremy Lamb and 2023 Second-Round Draft Selection". NBA.com. 8 de febreiro de 2022. 
  5. "Minnesota Timberwolves vs. Sacramento Kings Live Score and Stats - February 9, 2022 Gametracker". CBSSports.com. Consultado o 2022-02-10. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar