Bankers Life Fieldhouse

Coordenadas: 39°45′50″N 86°09′20″O / 39.763888888889, -86.155555555556

O Bankers Life Fieldhouse é un pavillón cuberto situado no centro da cidade de Indianapolis, Indiana. É a casa dos Indiana Pacers da National Basketball Association, e dos Indiana Fever da Women's National Basketball Association. O Fieldhouse tamén acolle partidos de baloncesto universitario, concertos e hóckey sobre xeo.

Bankers Life Fieldhouse
Datos
Localización125 South Pennsylvania Street Indianapolis, Indiana 46204 Estados Unidos de América Estados Unidos
Construción
Inauguración6 de novembro de 1999
ArquitectoEllerbe Becket
Blackburn Architects
Custo$183 millóns USD
Estadio
CapacidadeHóckey sobre xeo: 12 300
Baloncesto: 18 165
Concertos: 19 000
PropietarioCapital Improvement Board, Cidade de Indianápolis
LocalíaIndiana Pacers (NBA) (dende 1999)
Indiana Fever (WNBA) (dende 2000)
Indiana Firebirds (AFL) (2001–2004)
Indiana Ice (USHL) (dende 2012)

Foi inaugurado en 1999 co nome de Conseco Fieldhouse, para substituír o Market Square Arena. Os dereitos do nome do pavillón foron adquiridos por Conseco, unha organización de servizos financeiros con sede en Carmel, Indiana. En maio de 2010, a compañía cambiou o seu nome polo de CNO Financial Group, pero o pavillón mantivo o nome de Conseco Fieldhouse. En decembro de 2011, o CNO Financial Group cambiou o nome do pavillón a Bankers Life Fieldhouse.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar