Aaron Joshua Nesmith, nado o 16 de outubro de 1999 en Charleston, Carolina do Sur, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).

Aaron Nesmith
Indiana Pacers – No. 23
Posición Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 16 de outubro de 1999 (24 anos)
Charleston, Carolina do Sur
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 1,96 m (6 ft 5 in)
Peso oficial 98 kg (215 lb)
Información da carreira
Instituto Porter-Gaud
(Charleston, Carolina do Sur)
Universidade Vanderbilt (2018–2020)
NBA Draft 2020 / Rolda: 1 / Elección: 14
Por Boston Celtics
Carreira dende 2020
Historial de equipos
Boston Celtics (2020–2022)
Indiana Pacers (2022–presente)

Traxectoria editar

Nesmith foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2020 polos Boston Celtics.[1] O 24 de novembro de 2020, Nesmith asinou un contrato de catro anos cos Celtics.[2]

O 9 de xullo de 2022, Nesmith foi traspasado xunto a Daniel Theis, Nik Stauskas, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023 ós Indiana Pacers a cambio de Malcolm Brogdon.[3]

Notas editar

  1. Bilodeau, Kevin (18 de novembro de 2020). "Porter-Gaud alum Aaron Nesmith taken in 1st round of NBA Draft by Boston Celtics". Live 5 News. Arquivado dende o orixinal o 19 de novembro de 2020. Consultado o 18 de novembro de 2020. 
  2. "Celtics Sign Nesmith, Pritchard". nba.com. 24 de novembro de 2020. Arquivado dende o orixinal o 7 de decembro de 2020. Consultado o 24 de novembro de 2020. 
  3. Lyons, Dan (1 de xullo de 2022). "Celtics Trade for Pacers Star Malcolm Brogdon, per Report". Sports Illustrated. Consultado o 9 de xullo de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar