James Johnson
James Patrick Johnson, nado o 20 de febreiro de 1987 en Cheyenne, Wyoming, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA). Foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls, e anteriormente xogou na universidade para os Demon Deacons de Wake Forest.
![]() | |
Indiana Pacers – No. 16 | |
Posición | Ala / Ala-pivote |
---|---|
Información persoal | |
Nacemento | 20 de febreiro de 1987 (36 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
Peso oficial | 109 kg (240 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Cheyenne East High School |
Universidade | Wake Forest (2007–2009) |
NBA Draft | 2009 / Rolda: 1 / Elección: 16 Por Chicago Bulls |
Carreira | dende 2009 |
Historial de equipos | |
Chicago Bulls (2009–2011) →Iowa Energy (NBA D-League) (2011) Toronto Raptors (2011–2012) Sacramento Kings (2012–2013) Rio Grande Valley Vipers (2013) Memphis Grizzlies (2013–2014) Toronto Raptors (2014–2016) Miami Heat (2016–2020) Minnesota Timberwolves (2020) Dallas Mavericks (2020–2021) New Orleans Pelicans (2021) Brooklyn Nets (2021–2022) Indiana Pacers (2022–presente) |
Traxectoria deportivaEditar
UniversidadeEditar
Johnson entrou en Wake Forest despois de rematar o instituto en Cheyenne, Wyoming, e tivo un impacto inmediato, rematando segundo na elección do rookie do ano. Liderou aos Demon Deacons en anotación e en rebotes.
Coma sophomore, Johnson liderou outra vez ao equipo en rebotes, levando ao equipo a unha marca de 24-5, e ao número 1 da clasificación na tempada 2008-09. Despois desa tempada, Johnson declarouse elixible para o Draft da NBA de 2009.
Estatísticas na universidadeEditar
Tempada | Equipo | G | PTS | REB | AST | ROU | TAP | TC% | 3P% | TL% | MIN | PER |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2007-08 | Wake Forest Demon Deacons | 30 | 14.6 | 8.1 | 1.2 | 1.4 | 1.3 | .487 | .280 | .689 | 29.2 | 2.6 |
2008-09 | Wake Forest Demon Deacons | 31 | 15.0 | 8.5 | 2.0 | 1.4 | 1.5 | .542 | .319 | .697 | 30.5 | 2.4 |
Totais: | 61 | 14.8 | 8.3 | 1.6 | 1.4 | 1.4 | .514 | .295 | .692 | 29.9 | 2.5 |
NBAEditar
Johnson foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2009 polos Chicago Bulls.
O 27 de xaneiro de 2011, Johnson foi asignado aos Iowa Energy da NBA Development League.[1] Foi chamado de volta o 15 de febreiro de 2011.[2]
O 22 de febreiro de 2011, Johnson foi traspasado aos Toronto Raptors a cambio dunha elección da primeira rolda do Draft de 2011 que adquiriron dos Miami Heat.[3]
O 16 de xullo de 2012, Johnson foi traspasado ós Sacramento Kings a cambio dunha elección de segunda rolda do Draft de 2014.[4]
O 16 de decembro de 2013, asinou cos Memphis Grizzlies.[5]
O 17 de xullo de 2014, Johnson regresou ós Raptors asinando un contrato por dous anos.[6]
NotasEditar
- ↑ "Bulls Assign James Johnson to Iowa Energy". OurSports Central (en inglés). 2011-01-27. Consultado o 2021-02-19.
- ↑ Johnson rejoins Bulls after NBDL stint
- ↑ "Raptors Acquire Johnson From Chicago". NBA.com. 2011-02-22. Consultado o 2011-02-23.
- ↑ "KINGS ACQUIRE JAMES JOHNSON". NBA.com. 2012-07-16. Consultado o 2012-07-16.
- ↑ Grizzlies sign James Johnson
- ↑ Raptors Sign James Johnson
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de xullo de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)