Sexto Home do Ano da NBA
O Sexto Home do Ano da NBA (en inglés: NBA Sixth Man of the Year Award) o recibe o mellor xogador dun equipo da National Basketball Association (NBA) que sae dende o banco a xogar nos partidos. O gañador é seleccionado por un grupo de periodistas deportivos tanto dos Estados Unidos como no Canadá, votando cada un polo primeiro, segundo e terceiro posto. Cada elección na primeira praza conta 5 puntos, na segunda son 3 e na terceira 1. O xogador coa maior suma de puntos totais, a pesar do número de votos na primeira posición, gaña o galardón. Para ser elixible, o xogador ten que disputar máis partidos saíndo dende o banco que de titular.
Dende a súa creación catro xogadores gañaron o premio en máis dunha ocasión: Jamal Crawford, Kevin McHale, Ricky Pierce e Detlef Schrempf, todos dúas veces. Ben Gordon converteuse no 2005 no primeiro rookie en conseguir dito galardón, mentres que McHale e Bill Walton son os únicos vencedores que están incluídos no Basketball Hall of Fame. Manu Ginobili, Schrempf, Leandro Barbosa, Toni Kukoč e Gordon son os únicos xogadores non estadounidenses que gañaron o galardón. En canto equipos, o máis galardoado son os Phoenix Suns é o equipo con catro premios, seguido de Boston Celtics, Dallas Mavericks e New York Knicks con tres.
Lista de gañadores
editarXogador en activo | |
Elixido no Basketball Hall of Fame |
Maior número de galardóns
editarPor xogador
editarNúmero | Xogador | Anos |
---|---|---|
3 | Jamal Crawford | 2010, 2014, 2016 |
Louis Williams | 2015, 2018, 2019 | |
2 | Kevin McHale | 1984, 1985 |
Ricky Pierce | 1987, 1990 | |
Detlef Schrempf | 1991, 1992 |
Por equipo
editarVéxase tamén
editarLigazóns externas
editar- NBA Sixth Man of the Year Award Winners en NBA.com (en inglés)
- Galardoados co Sixth Man of the Year Award en Basketball Reference Arquivado 27 de maio de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)