Antawn Jamison

baloncestista estadounidense

Antawn Cortez Jamison, nado o 12 de xuño de 1976 en Shreveport, Luisiana, é un ex xogador profesional de baloncesto estadounidense. Con 2,06 metros de altura e 107 quilogramos de peso, xogaba na posición de ala-pivote.

Infotaula de personaAntawn Jamison

(2019) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xuño de 1976 Editar o valor en Wikidata (48 anos)
Shreveport, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Norte en Chapel Hill
Providence High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura203 cm Editar o valor en Wikidata
Peso101 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1998 Editar o valor en Wikidata - 2014 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Ala Editar o valor en Wikidata
Convocado porToronto Raptors Editar o valor en Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Washington Wizards
- Los Angeles Lakers
- Cleveland Cavaliers
- Golden State Warriors
- Dallas Mavericks
1995-1998 North Carolina Tar Heels Editar o valor en Wikidata
Participou en
2006Campionato mundial de baloncesto de 2006 Editar o valor en Wikidata
Premios

Páxina webantawnjamison.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1631173 Twitter: RealAJamison33 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria deportiva

editar

Universidade

editar

Durante a súa etapa na universidade Jamison xogou para a Universidade de Carolina do Norte en Chapel Hill. Nas súas tres tempadas nos Tar Heels tivo unha media de 19,0 puntos e 9,9 rebotes por partido. No seu último ano universitario recibiu os premios Naismith e John R. Wooden como o mellor xogador universitario da tempada 1997-1998. Nos seus tres anos, Carolina do Norte logrou chegar ás semifinais nacionais (Final Four) dúas veces.

Profesional

editar

Jamison foi seleccionado por Toronto Raptors coa cuarta selección no draft de 1998. Foi traspasado de inmediato a Golden State Warriors a cambio do seu compañeiro universitario Vince Carter. Xogou cinco anos co equipo de Oakland (California), e foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde gañou o premio ao Mellor Sexto Home da NBA. O ano seguinte foi traspasado de novo, esta vez a Washington Wizards. En 2005 e 2008, foi elixido para xogar o All-Star Game.

O 17 de febreiro de 2010, Jamison foi traspasado a Cleveland Cavaliers como parte dun intercambio a tres bandas, no que Al Thornton de Los Angeles Clippers marchábase a Washington Wizards; Žydrūnas Ilgauskas (que logo retornaría a Cleveland), unha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič dende Cleveland a Washington; Drew Gooden de Washington aos Ánxeles e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland.[1]

O 25 de xullo de 2012, Jamison asinou un contrato cos Los Angeles Lakers.[2]

O 28 de agosto de 2013, Jamison asinou cos Los Angeles Clippers.[3]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar