Žydrūnas Ilgauskas
Žydrūnas Ilgauskas, nado 5 de xuño de 1975, en Kaunas, é un ex xogador profesional lituano de baloncesto e actual adestrador asistente dos Cleveland Cavaliers. Cunha altura de 2,21 metros e un peso de 108 quilogramos, xogaba na posición de pivote. Levou sempre durante a súa carreira o número 11.
(2009) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 5 de xuño de 1975 (49 anos) Kaunas, Lituania | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 221 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 108 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1993 - 2011 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América Lituania (1975–2014) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Cleveland Cavaliers | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Traxectoria
editarFoi seleccionado por Cleveland Cavaliers na vixésima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 1996 procedente do BC Aisčiai de Kaunas, que xoga na Lituania. Dende entón non trocou de equipo, aínda que en 2010foi traspasado a Washington Wizards, sen chegar a debutar co equipo e regresando ao pouco de novo a Cleveland.
O 20 de marzo de 2009, durante o transcurso do partido contra Atlanta Hawks superou a marca dos 10.000 puntos a pesar de arrastrar unha serie de lesións nos pés durante toda súa carreira como profesional da NBA. Con ese fito converteuse no cuarto xogador da franquía en superar ese rexistro, xunto con LeBron James, Brad Daugherty e Austin Carr.[1]
O 17 de febreiro de 2010, Ilgauskas foi traspasado a Washington Wizards como parte dun intercambio a tres bandas, xunto cunha primeira rolda do draft de 2010 e os dereitos de Emir Preldžič; Antawn Jamison marchábase desde Washington a Cleveland Cavaliers; Drew Gooden de Washington a Los Angeles Clippers, Al Thornton dos Ánxeles a Washington e Sebastian Telfair dos Ánxeles a Cleveland.[2] Con todo, antes de debutar cos Wizards, estes romperon o contrato, converténdoo en axente libre. E finalmente o 23 de marzo de 2010 regresaría aos Cavs tras asinar un contrato polo que resta de tempada.[3]
Notas
editar- ↑ "Cleveland Cavaliers Career Leaders". Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2016. Consultado o 14 de abril de 2010.
- ↑ Wizards Acquire Ilgauskas, Thornton and First-Round Pick In Three-Team Deal
- ↑ Cavaliers Sign Zydrunas Ilgauskas
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en nba.com
- Estatísticas de Žydrūnas Ilgauskas Arquivado 06 de abril de 2010 en Wayback Machine.