Eric Gordon
Eric Ambrose Gordon Jr., nado o 25 de decembro de 1988 en Indianápolis, Indiana, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).
![]() | |
Houston Rockets – No. 10 | |
Posición | Escolta |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 25 de decembro de 1988 (34 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
Peso oficial | 98 kg (215 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | North Central (Indianapolis, Indiana) |
Universidade | Indiana (2007–2008) |
NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 7 Por Los Angeles Clippers |
Carreira | dende 2008 |
Historial de equipos | |
Los Angeles Clippers (2008–2011) New Orleans Hornets / Pelicans (2011–2016) Houston Rockets (2016–presente) | |
Premios e galardóns | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesionalEditar
Gordon foi seleccionado na 7ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Los Angeles Clippers. Ó remate da súa tempada coma rookie, Gordon foi incluído no segundo mellor equipo de rookies da tempada, e rematou en quinta posición na votación para o Rookie do Ano da NBA.
O 14 de decembro de 2011, os Clippers traspasaron a Gordon, Chris Kaman, Al-Farouq Aminu e unha elección da primeira rolda do Draft de 2012 ós New Orleans Hornets, a cambio de Chris Paul e dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft.[1] O 11 de xullo de 2012, Gordon asinou unha oferta dos Phoenix Suns por catro anos e 58 millóns de dólares.[2] O 14 de xullo de 2012, os Hornets decidiron igualar a oferta e Gordon quedou en Nova Orleáns.[3]
O 9 de xullo de 2016, Gordon asinou cos Houston Rockets.[4]
NotasEditar
- ↑ "Hornets acquire Gordon, Aminu, Kaman and first round pick". NBA.com. 14 de decembro de 2011. Consultado o 15 de decembro de 2011.
- ↑ "Suns Sign Gordon to Offer Sheet, Trade Nash". NBA.com. 11 de xullo de 2012. Consultado o 12 de xullo de 2012.
- ↑ "Hornets match offer for Eric Gordon". NBA.com. 14 de xullo de 2012. Consultado o 14 de xullo de 2012.
- ↑ "Rockets Sign Free Agents Ryan Anderson and Eric Gordon". NBA.com. 9 de xullo de 2016. Consultado o 9 de xullo de 2016.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 24 de decembro de 2008 en Wayback Machine. (en inglés)