Leandro Barbosa
Leandro Mateus Barbosa, nado en São Paulo o 28 de novembro de 1982, é un ex xogador profesional brasileiro de baloncesto. Xogaba nas posicións de escolta e base e representou á selección brasileira.
![]() | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 28 de novembro de 1982 (40 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,93 m (6 ft 4 in)[1] |
Peso oficial | 91 kg (200 lb) |
Posición | Escolta / Base |
Información da carreira | |
NBA Draft | 2003 / Rolda: 1 / Elección: 28 Por San Antonio Spurs |
Carreira | 1999–2020 |
Historial de equipos | |
Palmeiras (1999–2001) Tilibra/Bauru (2001–2003) Phoenix Suns (2003–2010) Toronto Raptors (2010–2012) Flamengo (2011) Indiana Pacers (2012) Boston Celtics (2012–2013) Esporte Clube Pinheiros (2013–2014) Phoenix Suns (2014) Golden State Warriors (2014–2016) Phoenix Suns (2016–2017) Franca (2017–2018) Minas (2018–2020) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión NBA (2015) Mellor Sexto Home da NBA (2007) |
TraxectoriaEditar
Barbosa foi seleccionado na 28ª posición do Draft da NBA de 2003 polos San Antonio Spurs, pero os seus dereitos foron adquiridos polos Phoenix Suns nun traspaso a cambio dunha futura elección protexida de primeira rolda. Barbosa posúe o marca máis alta dos Suns de puntos anotados por un rookie no seu primeiro partido coma titular, con 27 puntos o 5 de xaneiro de 2004 contra os Chicago Bulls.[2] Tamén posué o récord de triplas anotadas por un rookie en partidos consecutivos, cando anotou polo menos unha tripla durante dez partidos seguidos dende o 2 de xaneiro ó 19 de xaneiro.[2]
Durante a tempada 2006-07, Barbosa acadou 18.1 puntos, 2.7 rebotes, 4.0 asistencias e 32.7 minutos por partido, malia saír dende o banco.[3] Isto fíxolle ser elixido Sexto Home da Tempada da NBA.
O 20 de febreiro de 2009, anotou 41 puntos, a anotación máis alta da súa carreira, contra os Oklahoma City Thunder.
Despois sería traspasado ós Toronto Raptors xunto a Dwayne Jones a cambio de Hedo Türkoğlu. Durante a súa estancia en Toronto, Barbosa aumentou a súa anotación con respecto á súa derradeira tempada en Phoenix. Durante a tempada 2011-12, foi traspasado ós Indiana Pacers a cambio dunha futura elección de segunda rolda do Draft. Alí se reuniu co seu antigo compañeiro nos Suns Louis Amundson, e os dous axudaron a Indiana a chegar á segunda rolda dos playoffs onde perderon contra os Miami Heat.
O 18 de outubro de 2012, Barbosa asinou cos Boston Celtics.[4]
O 21 de febreiro de 2013, Barbosa foi traspasado ós Washington Wizards xunto a Jason Collins a cambio de Jordan Crawford.[5]
O 14 de setembro de 2020, Barbosa anunciou a súa retirada coma xogador profesional.[6]
Estatísticas NBAEditar
Tempada regularEditar
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2003-04 | Phoenix | 70 | 21.4 | .447 | .395 | .770 | 1.8 | 2.4 | 1.3 | 0.1 | 7.9 |
2004-05 | Phoenix | 63 | 17.3 | .475 | .367 | .797 | 2.1 | 2.0 | 0.5 | 0.1 | 7.0 |
2005-06 | Phoenix | 57 | 27.9 | .481 | .444 | .755 | 2.6 | 2.8 | 0.8 | 0.1 | 13.1 |
2006-07 | Phoenix | 80 | 32.7 | .476 | .434 | .845 | 2.7 | 4.0 | 1.2 | 0.2 | 18.1 |
2007-08 | Phoenix | 82 | 29.5 | .462 | .389 | .822 | 2.8 | 2.6 | 0.9 | 0.2 | 15.6 |
2008-09 | Phoenix | 70 | 24.4 | .482 | .375 | .881 | 2.6 | 2.3 | 1.2 | 0.1 | 14.2 |
2009-10 | Phoenix | 44 | 17.9 | .425 | .324 | .877 | 1.6 | 1.5 | 0.5 | 0.3 | 9.5 |
2010-11 | Toronto | 58 | 24.1 | .450 | .338 | .796 | 1.7 | 2.1 | 0.9 | 0.1 | 13.3 |
2011-12 | Toronto | 42 | 22.5 | .436 | .360 | .835 | 1.9 | 1.5 | 0.9 | 0.2 | 12.2 |
2011-12 | Indiana | 22 | 19.8 | .399 | .424 | .758 | 2.2 | 1.5 | 0.9 | 0.0 | 8.9 |
2012-13 | Boston | 41 | 12.5 | .430 | .383 | .756 | 1.1 | 1.4 | 0.4 | 0.1 | 5.2 |
Total | 629 | 23.8 | .460 | .391 | .821 | 2.2 | 2.4 | 0.9 | 0.1 | 12.0 |
PlayoffsEditar
Tempada | Equipo | PX | MIN | %TC | %3P | %TL | REB | ASIS | ROUB | TAP | PTS |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2004-05 | Phoenix | 12 | 9.7 | .343 | .400 | .500 | 1.4 | 1.0 | 0.2 | 0.0 | 2.5 |
2005-06 | Phoenix | 20 | 31.6 | .470 | .391 | .862 | 1.6 | 2.7 | 0.8 | 0.2 | 14.2 |
2006-07 | Phoenix | 11 | 31.7 | .405 | .305 | .718 | 3.5 | 2.2 | 1.1 | .2 | 15.8 |
2007-08 | Phoenix | 5 | 28.6 | .345 | .222 | .909 | 4.0 | 1.8 | 0.6 | 0.0 | 10.4 |
2009-10 | Phoenix | 16 | 15.6 | .417 | .343 | .708 | 1.3 | 1.3 | 0.3 | 0.1 | 7.2 |
2011-12 | Indiana | 11 | 20.3 | .370 | .150 | .500 | 2.2 | 1.3 | 0.4 | 0.1 | 5.7 |
Total | 75 | 22.9 | .417 | .322 | .764 | 2.0 | 1.8 | 0.6 | 0.1 | 9.6 |
NotasEditar
- ↑ [1]
- ↑ 2,0 2,1 "Leandro Barbosa: Bio". NBA.com. Arquivado dende o orixinal o 02 de decembro de 2010. Consultado o 6 de decembro de 2010.
- ↑ "Leandro Barbosa Info Page". NBA.com. Consultado o 6 de decembro de 2010.
- ↑ Celtics sign Barbosa
- ↑ "Celtics Acquire Jordan Crawford". NBA.com. 2013-02-21. Consultado o 2013-02-22.
- ↑ Leandro Barbosa retires, returns to Warriors as player mentor coach
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 27 de setembro de 2010 en Wayback Machine. (en inglés)