Jordan Crawford
Jordan Lee Crawford, nado o 23 de outubro de 1988 en Detroit, Míchigan é un xogador americano de baloncesto profesional. Xogou na Universidade de Indiana e na de Xavier.
(2011) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | (en) Jordan Lee Crawford 23 de outubro de 1988 (36 anos) Detroit, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Hargrave Military Academy (en) Universidade de Indiana (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 193 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 88 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2010 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | NBA G League, National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Base e Escolta | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 4 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Brooklyn Nets, 27º (24 de xuño de 2010) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria deportiva
editarNBA
editarFoi seleccionado polos New Jersey Nets na 27ª posición do Draft da NBA de 2010. Os seus dereitos foron traspasados máis tarde aos Atlanta Hawks. Alí xogou a súa primeira tempada, onde xogou 16 partidos nos que fixo 4.2 puntos por encontro.
O 23 de febreiro de 2011, Crawford foi traspasado aos Washington Wizards, xunto con Maurice Evans e Mike Bibby. O 8 de marzo de 2011, Crawford 22 puntos contra os Milwaukee Bucks, o máximo da súa traxectoria nese intre. O 15 de marzo, superou esa marca, anotando 27 puntos na derrota contra os Chicago Bulls. Superouno outra vez nese mesmo mes, o día 30, anotando 39 puntos na derrota contra Miami Heat. O 1 de abril do 2011, Crawford conseguiu a súa primeira tripla-dobre da súa traxectoria profesional, conseguindo 21 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes contra os Cleveland Cavaliers.
O 21 de febreiro de 2013, Crawford foi traspasado ós Boston Celtics a cambio de Leandro Barbosa e Jason Collins.[1]
O 15 de xaneiro de 2014, completouse un traspaso entre tres equipos, os Celtics, os Golden State Warriors e os Miami Heat. Os Celtics mandaron a Crawford e a MarShon Brooks ós Warriors. A cambio, recibiron a Joel Anthony dos Heat, unha futura elección protexida do Draft de Philadelphia que fora enviada a Miami nun traspaso anterior, e unha elección da segunda rolda do Draft de 2016 dos Heat. Ademais, Toney Douglas foi enviado ós Heat no mesmo traspaso.[2]
Notas
editar- ↑ "Celtics Acquire Jordan Crawford". NBA.com. 2013-02-21. Consultado o 2013-02-22.
- ↑ "HEAT Trade Joel Anthony in Exchange for Toney Douglas". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 15 de xaneiro de 2014. Consultado o 15 de xaneiro de 2014.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 18 de outubro de 2018 en Wayback Machine. (en inglés)
- Perfil en NBADraft.net (en inglés)