Mike Bibby

baloncestista estadounidense

Michael "Mike" Bibby, nado o 13 de maio de 1978 en Cherry Hill, Nova Jersey, é un xogador americano de baloncesto profesional que actualmente é axente libre. É un base que foi ao Shadow Mountain High School en Phoenix (Arizona) e despois xogou cos Wildcats da Universidade de Arizona. En 1998, foi elixido no Draft polos Vancouver Grizzlies. Xogou, ademais dos Grizzlies, cos Sacramento Kings, Atlanta Hawks, Washington Wizards e Miami Heat.

Mike Bibby
Axente libre
Posición Base
Liga NBA
Información persoal
Nacemento 13 de maio de 1978 (45 anos)
Cherry Hill, Nova Jersey
Nacionalidade Estados Unidos
Altura 1,88 m (6 ft 2 in)
Peso oficial 88 kg (195 lb)
Información da carreira
Instituto Shadow Mountain HS
Universidade Arizona Wildcats
NBA Draft 1998 / Rolda: 1 / Elección: 2
Por Vancouver Grizzlies
Carreira dende 1998
Historial de equipos
Vancouver Grizzlies (1998-2001)
Sacramento Kings (2001-2008)
Atlanta Hawks (2008-2011)
Washington Wizards (2011)
Miami Heat (2011)
New York Knicks (2011-2012)
Premios e galardóns
1x Campión da NCAA (1997)
1º Equipo Rookies NBA (1999)
Información en nba.com

Universidade editar

Coma freshman en Arizona, Bibby liderou aos Wildcats ao campionato da NCAA en 1997,[1] anotando 20 puntos no partido polo título contra Kentucky. Despois da súa tempada coma sophomore, Bibby entrou no Draft da NBA de 1998 e foi elixido polos Memphis Grizzlies na 2ª posición.[2]

NBA editar

Vancouver Grizzlies editar

Na súa primeira tempada cos Grizzlies, Bibby acadou 13.2 puntos, 6.5 asistencias e 2.7 rebotes por partido, sendo así incluído no primeiro equipo de rookies da NBA, na tempada do lockout. Mellorou eses números nas seguintes dúas tempadas co equipo, facendo 14.5 e 15.9 puntos por partido respectivamente,[3] pero os Grizzlies seguían con dificultades. O 27 de xuño de 2001, xusto antes de que os Grizzlies se marcharan a Memphis, Bibby e Brent Price foron traspasados aos Sacramento Kings a cambio de Jason Williams e Nick Anderson.[4]

Sacramento Kings editar

Na tempada 2001-02, Bibby guiou aos Kings ás Finais da Conferencia Oeste, onde perderon contra Los Angeles Lakers.[5] A actuación de Bibby nas series, quizais o máis memorable foi o seu lanzamento gañador no 5º partido, deulle a reputación de xogador forte e loitador, e coma premio, asinou un contrato por 7 anos con valor de 80.5 millóns de dólares.[6]

Na tempada 2002-03, Bibby foi castigado polas lesións, xogando só en 55 partidos, pero aínda así acadou 15.9 puntos por partido, e os Kings obtiveron unha marca de 59-23, e conseguiron a segunda praza no Oeste.[7] Na tempada 2003-04, Bibby acadou uns dos mellores números da súa carreira, anotando 1.506 puntos (18.4 por partido) e axudando aos Kings a chegar aos Playoffs.[8] Bibby axudou aos Kings a gañar aos Dallas Mavericks na primeira rolda, anotando 36 puntos, a súa mellor marca de anotación nos playoffs, no 5º partido.[9]

Atlanta Hawks editar

O 16 de febreiro de 2008, os Atlanta Hawks obtiveron a Bibby a cambio de Shelden Williams, Anthony Johnson, Tyronn Lue, Lorenzen Wright e unha elección da segunda rolda do Draft da NBA de 2008.[10][11]

A pesar das lesións que tivo, Bibby fixo 14.1 puntos e 6.6 asistencias por partido, traballando cun ataque pouco familiar, para liderar aos Hawks a xogar os seus primeiros Playoffs en case dez anos.

O 7 de xullo de 2009, Bibby e os Hawks acordaron un contrato por 3 anos cun valor de 18 millóns de dólares.

Washington Wizards editar

O 23 de febreiro de 2011, Atlanta traspasou a Bibby aos Washington Wizards, xunto con Jordan Crawford, Maurice Evans e unha elección da primeira rolda do Draft de 2011, a cambio de Kirk Hinrich e Hilton Armstrong.[12] O 28 de febreiro de 2011, Bibby acordou o fin de seu contrato, onde el mesmo pagaría o salario de 6.2 millóns do seu último ano, e foise dos Wizards.[13][14] Xogou tan só dous partidos co equipo.

Miami Heat editar

O 2 de marzo de 2011, os Miami Heat ficharon a Bibby, tras cortar a Carlos Arroyo para facerlle oco no equipo.[15]

New York Knicks editar

O 11 de decembro de 2011, asinou un contrato cos New York Knicks.[16]

Notas editar

  1. Dienhart, Tom (1999-03-09). "The Sweetest 16". Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2010. Consultado o 2007-06-27. 
  2. Kendrick, Graham. "Draft History - 2nd Picks". Consultado o 2007-06-27. 
  3. "Mike Bibby basketball-reference.com Profile". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2016. Consultado o 2007-06-27. 
  4. "Mike Bibby usabasketball.com Profile". Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2006. Consultado o 2007-06-27. 
  5. "Horry's buzzer-beater stuns Kings". CNN. 2002-05-26. Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2014. Consultado o 2007-06-27. 
  6. "Kings sign Bibby to $80 million contract". 2002-08-16. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2008. Consultado o 2007-06-27. 
  7. "NBA 2002–2003". Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2007. Consultado o 2007-07-27. 
  8. "#10 Mike Bibby PG". Consultado o 2007-07-27. 
  9. "Bibby hits for 36, Nowitzki misses at the buzzer". 2004-04-29. Consultado o 2007-07-27. 
  10. ESPN - King-size surprise: Hawks, not LeBron's Cavs, get Bibby - NBA
  11. "Atlanta Hawks Acquire Mike Bibby From Kings". NBA.com. February 16, 2008. Consultado o March 2, 2011. 
  12. "Hawks acquire Hinrich from Wizards for playoff run". NBA.com. Associated Press. 23 de febreiro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 27 de febreiro de 2011. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  13. Wallace, Michael (1 de marzo de 2011). "Heat expect to sign Mike Bibby". ESPN.com. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  14. Broussard, Chris (1 de marzo de 2011). "Source: Mike Bibby headed to Heat". ESPN.com. Consultado o 2 de marzo de 2011. 
  15. "Heat Signs Mike Bibby". NBA.com. 2 de marzo de 2011. 
  16. "Knicks add Bibby, Jeffries, sign pair of draft picks". Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar