Kentucky Wildcats
| ||||
---|---|---|---|---|
División | División I da NCAA | |||
Subdivisión en fútbol americano | Football Bowl Subdivision (FBS) | |||
Conferencia | Southeastern Conference | |||
Alcume | Wildcats | |||
Mascota | Blue, The Wildcat e Scratch | |||
Estadio de fútbol americano | Commonwealth Stadium (70.000 espectadores) | |||
Pavillón de baloncesto | Rupp Arena (23.000 espectadores) | |||
Estadio de béisbol | Cliff Hagan Stadium (3.000 espectadores) | |||
Kentucky Wildcats é o equipo deportivo da Universidade de Kentucky en Lexington, Kentucky. Os equipos dos Wildcats participan nas competicións universitarias organizadas pola NCAA, e forman parte da Southeastern Conference. Antigamente, aos equipos femininos coñecíaselles como "Lady Kats", pero nos anos 90 adoptaron o nome dos masculinos, "Wildcats".
A sección deportiva de máis éxito é a de baloncesto, que gañou o título nacional en sete ocasións: 1948, 1949, 1951, 1958, 1978, 1996 e 1998. O equipo vencedor de 1996 era coñecido como Os Intocables, e estaba liderado por Derek Anderson, Tony Delk, Jeff Sheppard e Antoine Walker entre outros. Dous anos despois, con varios integrantes do equipo campión de dous anos atrás, gañaron outra vez o título ante os Utah Utes.
Palmarés
editar- Baloncesto masculino : 1948, 1949, 1951, 1958, 1978, 1996, 1998, 2010
- Campo a través feminino : 1988
Ligazóns externas
editar- Web Oficial (Universidade) (en inglés)
- Web Oficial (Wildcats) (en inglés)
- Wildcat Wiki. Arquivado do orixinalArquivado 08 de outubro de 2007 en Archive.is o 8 de outubro de 2008.(en inglés)
- WildcatNation.net (en inglés)