Corliss Williamson

baloncestista estadounidense

Corliss Mondari Williamson, nado o 4 de decembro de 1973 en Russellville, Arcansas, é un ex xogador de baloncesto estadounidense e actual adestrador da Universidade de Central Arcansas, que xogou para catro equipos diferentes nas súas 12 tempadas na National Basketball Association (NBA). Con 2,01 metros, xogaba nas posicións de ala-pivote e aleiro. Actualmente traballa como adestrador asistente dos Sacramento Kings.

Modelo:BiografíaCorliss Williamson

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento4 de decembro de 1973 Editar o valor en Wikidata (51 anos)
Russellville, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade do Arkansas (pt) Traducir
Russellville High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altura201 cm Editar o valor en Wikidata
Peso111 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista, adestrador de baloncesto Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1995 Editar o valor en Wikidata - 2007 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
LigaBaloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoAla-pivote e Ala Editar o valor en Wikidata
Convocado porSacramento Kings Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
Detroit Pistons
Philadelphia 76ers
Toronto Raptors
Central Arkansas Bears basketball
1992–1995 Arkansas Razorbacks men's basketball
Premios

Traxectoria deportiva

editar

Profesional

editar

Williamson foi elixido no posto 13 do Draft da NBA de 1995 polos Sacramento Kings. A súa mellor tempada foi a 1997-98, cando xogou 79 partidos e acadou 17.7 puntos por encontro para os Kings, rematando segundo no galardón ó xogador con maior progresión da NBA. Antes do comezo da tempada 2000-01 foi traspasado ós Toronto Raptors a cambio de Doug Christie. Tras xogar 42 partidos cos Raptors, Williamson foi traspasado ós Detroit Pistons, e foi nomeado Sexto Home do Ano da NBA na tempada 2001-02. Foi ademais membro dos Pistons que gañaron a NBA na tempada 2003-04. Tras ser traspasado ós Philadelphia 76ers a cambio de Derrick Coleman e Amal McCaskill o 8 de agosto de 2004, foi traspasado de novo ós Kings ó 22 de febreiro de 2005, a cambio de Brian Skinner e Kenny Thomas.

Equipos

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar