Jason Terry
Jason Eugene Terry, nado o 15 de setembro de 1977 en Seattle, Washington, é un xogador profesional de baloncesto. Mide 1'91 metros e pode xogar nas posicións de escolta e base.
![]() | |
Axente libre | |
Posición | Escolta / Base |
---|---|
Liga | NBA |
Información persoal | |
Nacemento | 15 de setembro de 1977 (45 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 82 kg (181 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Franklin, Seattle |
Universidade | Arizona (1995–1999) |
NBA Draft | 1999 / Rolda: 1 / Elección: 10 Por Atlanta Hawks |
Carreira | dende 1999 |
Historial de equipos | |
Atlanta Hawks (1994–2004) Dallas Mavericks (2004–2012) Boston Celtics (2012–2013) Brooklyn Nets (2013–2014) Houston Rockets (2014–2016) Milwaukee Bucks (2016–2018) | |
Premios e galardóns | |
1× Campión da NBA (2011) 1× Mellor Sexto Home (2009) 2º Equipo de Rookies NBA (2000) | |
Información en nba.com |
Traxectoria profesionalEditar
Foi á universidade de Arizona. O en Draft da NBA de 1999 foi elixido na décima posición da primeira rolda polos Atlanta Hawks, onde xogou até a tempada 2003-04. Foi elixido no segundo mellor quinteto de rookies na súa tempada de debut entre os profesionais, tras facer 8,1 puntos e 4,3 rebotes. Foi traspasado aos Dallas Mavericks, onde xogou ata o ano 2012.
Nos Mavericks levou o número 31, xogaba de escolta aínda que, até a chegada de Jason Kidd ao equipo, el era o base titular e lle substituía cando Kidd descansaba. Na tempada 2008-09 fixo unhas medias de 19,6 puntos (a segunda máis alta da súa carreira), 3,4 asistencias e 1,3 roubos por partido.
O 18 de xullo de 2012, Terry asinou un contrato de tres anos cos Boston Celtics, cun valor de 15 millóns de dólares.[1]
O 12 de xullo de 2013, os Celtics trasparon a Terry, D. J. White, Paul Pierce e Kevin Garnett ós Brooklyn Nets a cambio de eleccións da primeira rolda dos Drafts de 2014, 2016 e 2018, Kris Humphries, Gerald Wallace, Kris Joseph, MarShon Brooks e Keith Bogans.[2]
O 19 de febreiro de 2014, Terry foi traspasado ós Sacramento Kings xunto a Reggie Evans, a cambio de Marcus Thornton.[3] Debido a unha lesión nun xeonllo, non disputou ningún partido cos Kings.
O 17 de setembro de 2014, Terry foi traspasado ós Houston Rockets xunto a dúas futuras eleccións da segunda rolda do Draft, a cambio de Alonzo Gee e Scotty Hopson.[4]
NotasEditar
- ↑ "Celtics Sign Jason Terry". NBA.com. 18 de xullo de 2012. Consultado o 18 de xullo de 2012.
- ↑ "Nets Acquire NBA Champions Kevin Garnett, Paul Pierce and Jason Terry". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 12 de xullo de 2013. Consultado o 14 de xullo de 2013.
- ↑ "KINGS ACQUIRE JASON TERRY AND REGGIE EVANS". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 19 de febreiro de 2014. Consultado o 19 de febreiro de 2014.
- ↑ "Rockets Acquire Jason Terry and 2nd Round Picks". NBA.com. Turner Sports Interactive, Inc. 17 de setembro de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2014.
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas de Jason Terry Arquivado 04 de abril de 2013 en Wayback Machine. (en inglés)