Kris Humphries
Kris Nathan Humphries, nado o 6 de febreiro de 1985 en Minneapolis, Minnesota, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que actualmente é axente libre.
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de febreiro de 1985 (39 anos) Minneapolis, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | Hopkins High School (en) Universidade de Minnesota (pt) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 207 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 107 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2004 - 2017 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | National Basketball Association e Baloncesto masculino da División I da NCAA | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala-pivote | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 43 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Utah Jazz, 1ª ronda (puesto 14), 2004º | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Familia | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Cónxuxe | Kim Kardashian (2011–2013), divorcio | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Parella | Neybronjames (2021–) Kim Kardashian (2010–2011) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Sitio web | krishumphries.com | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Traxectoria profesional
editarHumphries foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2004 polos Utah Jazz.[1] Xogou dúas tempadas en Utah, onde acadou 3.6 puntos e 2.7 rebotes por partido, en 11.6 minutos de xogo.[2]
O 8 de xuño de 2006, Humphries foi traspasado xunto con Robert Whaley aos Toronto Raptors a cambio de Rafael Araújo.[3] Na tempada 2006-07, tras un comezo frouxo no cal non recibiu moitos minutos do seu adestrador Sam Mitchell, Humphries demostrou ser un gran reboteador con moita enerxía, e contribuíu a que os Raptors conseguiran o primeiro título da División Atlántico da súa historia.[4] O 28 de marzo de 2007, capturou sete rebotes ofensivos en 27 minutos contra os Miami Heat, ambas marcas as maiores da tempada[5] e da súa carreira.[6] O 13 de abril de 2007, mellorou esas marcas na vitoria dos Raptors contra os Detroit Pistons, con nove rebotes ofensivos, e 18 rebotes totais.[7][8] Humphries rematou a súa primeira tempada cos Raptors con 3.1 rebotes por partido e cunha porcentaxe de tiros de campo dun 47%, con 3.8 puntos por partido.[2]
O 9 de xullo de 2009, Humphries, Shawn Marion e Nathan Jawai foron traspasados aos Dallas Mavericks como parte dun traspaso entre catro equipos: Raptors, Mavericks, Orlando Magic e Memphis Grizzlies.[9]
O 11 de xaneiro de 2010, os Mavericks traspasaron a Humphries xunto a Shawne Williams aos New Jersey Nets para adquirir de novo a Eduardo Nájera.[10] O 27 de xaneiro de 2010, Humphries anotou 25 puntos, o máximo da súa carreira, contra Los Angeles Clippers.
A tempada 2010-11 foi unha gran tempada para Humphries, ao rematala acadando un dobre-dobre en puntos e rebotes.
Notas
editar- ↑ Kris Humphries Statistics Arquivado 21 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine., basketball-reference.com, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ 2,0 2,1 Kris Humphries Info Page – Career Stats and Totals Arquivado 09 de marzo de 2011 en Wayback Machine., NBA.com, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Raptors Acquire Kris Humphries & Robert Whaley for Araujo, nba.com/raptors, 8 de xuño de 2006, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Campbell, Morgan, "Humphries, Jackson bring energy off Raptors' bench", thestar.com, 15 de abril de 2007, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Heat at Raptors Boxscore Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine., nba.com, 28 de marzo de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
- ↑ Arthur, Bruce, "Small Raptors come up big against Heat" Arquivado 08 de xullo de 2011 en Wayback Machine., canada.com, 29 de marzo de 2007, consultado o 29 de abril de 2007.
- ↑ Pistons at Raptors Boxscore Arquivado 04 de xuño de 2011 en Wayback Machine., nba.com, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
- ↑ Raptors Post Up, nba.com/raptors, 13 de abril de 2007, consultado o 14 de abril de 2007.
- ↑ "MAVERICKS ACQUIRE FOUR-TIME ALL-STAR SHAWN MARION". NBA.com. 9 de xullo de 2009. Consultado o 9 de xullo de 2009.
- ↑ "Nets Acquire Kris Humphries and Shawne Williams from Dallas". NBA.com. 11 de xaneiro de 2010. Consultado o 12 de xaneiro de 2010.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Perfil en NBA.com (en inglés)
- Estatísticas en Basketball-Reference.com Arquivado 21 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en inglés)